9 jun 2011

Falando sobre sexualidade en familia

Federación de ANPA de Pontevedra: 
Charla sobre sexualidade, o vindeiro 10 de xuño no Centro Cultural Caixanova, ás 20:30 hras.
 
Impartido por Julio Carmona (formado para esta charla por CEAPA)
 
Sesión de 1 hora y media dirixida dende pais e nais a pais e nais. Propón achegarnos a unha idea grande de sexualidade e que como pais e nais sexamos capaces de xogar o noso papel: como falar de sexualidade, qué contarlles, como actuar ante algunhas situacións que parecen incómodas, todo ilo coa opinión e as preocupacións dos pais e nais asistentes.
A través da sesión, poderá verse como pais e nais, ou como persoas adultas con nenos ou nenas ao cargo, podemos sentirnos absolutamente capaces de facer educación sexual de calidade desde o principio, desde que nace o bebé, compartindo a responsabilidade con outros axentes sociais. Contemplaremos como abordar a sexualidade nas diferentes etapas evolutivas, na súa dimensión sexual, afectiva e social e cos significados que leva, como enfrontarse ás preguntas mantendo a coherencia, como analizar os modelos de beleza, como previr o VIH SIDA e outras moitas cousas máis.


Inscrición: por correo electrónico en info@nontedurmas.org ou por teléfono no 986 843 412
Prazas:20 persoas, se houbese máis demanda podemos contemplar dar outra charla.

6 jun 2011

ENCONTRO FAMILIA - ESCOLA

Os departamentos de orientación do CEP de Riomaior –CRA de Vilaboa e CPI do Toural, invitan ás familias do noso alumnado de educación infantil e primaria, ó II Encontro de educadoras/es.
Como acordamos na xuntanza anterior, o tema será  “Como mellorar o comportamento dos nosos fillos e fillas e fomentar a autorregulación. Límites, normas e consecuencias ”. Nesta ocasión contaremos tamén coa colaboración da educadora familiar do Concello Beni Crespo.
Esta xuntanza, na que esperamos contar coa vosa asistencia, terá lugar o vindeiro xoves día  9 de xuño ás 10:00 horas da mañá no local de Protección Civil do Toural .
Mª Luz Lorenzo, Orientadora do CEP de Riomaior
Cristina González, Orientadora do CPI  Toural e CRA de Vilaboa