Estatutos


CAPÍTULO I

DA ASOCIACIÓN EN XERAL


Artigo 1º.
1-Procédese a adaptar os Estatutos da Asociación denominada ASOCIACIÓN de NAIS/PAIS de ALUMNOS “RIOMAIOR”, con Nº de Rexistro Provincial de Asociacións sen ánimo de lucro 1.190 e C.I.F. G 36120541.

2-A Asociación rexerase polos presentes Estatutos, pola Lei Orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do Dereito de Asociacións e pola demais lexislación existente en materia de Asociacións que lle sexa aplicable.

Artigo2º.
 Son fins principais da Asociación de Nais/Pais de Alumnos“RIOMAIOR”:
  1. Asistir aos pais ou titores en todo aquilo que atinxe á educación dos seus fillos ou pupilos.
  2. Colaborar nas actividades educativas do Centro.
  3. Promover a participación dos pais e nais de alumnos no exercicio do seu dereito a interviren no control e xestión do C.E.P. de Riomaior.
  4. Promover a igualdade de oportunidades entre alumnos/as, evitando calquera tipo de discriminación.
  5. Facilitar a representación e a participación dos pais e nais de alumnos no Consello Escolar do Centro e noutros órganos colexiados, se é o caso.
  6. Calquera outras que, dentro da normativa vixente, lle asignen os presentes Estatutos.

Artigo 3º.
 Para levar a cabo os seus fins, poderá a Asociación organizar as seguintes actividades:
  1. Propor un representante seu para formar parte do Consello Escolar do C.E.P. de Riomaior.
  2. Elevarlle propostas ao Consello Escolar para a elaboración do Proxecto Educativo e ao Equipo Directivo para a elaboración da Programación Xeral Anual.
  3. Informar ao Consello Escolar daqueles aspectos da marcha do Centro que consideren oportuno.
  4. Informar ós/ás asociados/as da súa actividade.
  5. Recibir información, a través dos seus representantes no Consello Escolar, sobre os temas tratados nel.
  6. Elaborar informes para o Consello Escolar a iniciativa propia ou a petición deste.
  7. Elaborar propostas de modificación do Regulamento de Réxime Interior.
  8. Formular propostas para a realización de actividades complementarias e extraescolares que, tras a súa aceptación, deberán figurar na Programación Xeral Anual do Centro.
  9. Coñecer os resultados académicos referidos ao Centro e a valoración que deles realice o Consello Escolar.
  10. Recibir un exemplar da Programación Xeral Anual, do Proxecto Educativo, dos Proxectos Curriculares de Etapa e das súas modificacións.
  11. Recibir información sobre os libros de texto e demais materiais didácticos adoptados polo C.E.P. de Riomaior.
  12. Fomentar a colaboración entre tódolos membros da comunidade educativa.
  13. Facer uso das instalacións do C.E.P. de Riomaior nos termos que estableza o Regulamento de Réxime Interior.
  14. Dispor dun local para o desenvolvemento das actividades internas.

 Como Asociación sen ánimo de lucro destinaranse aos devanditos fins, polo menos, o setenta por cento das rendas netas e outros ingresos que se obteñan por calquera concepto exceptuándose as achegas efectuadas en concepto de dotación patrimonial. Os/as asociados/as e familiares non serán os principais destinatarios das actividades realizadas pola Asociación.

Artigo 4º.
 O domicilio social da Asociación de Nais/Pais de Alumnos “RIOMAIOR” será o C.E.P. de Riomaior, sito no lugar de Riomaior, nº 17, na parroquia de Sta. Cristina de Cobres do concello de Vilaboa (Pontevedra).

 Poderanse utilizar outros locais asociativos adicionais, mediante acordo da Xunta Directiva, que terá atribucións para cambiar, tanto o domicilio como os locais da Asociación, dando conta do seu acordo á Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais. Para os efectos de comunicacións e notificacións sinálase o seguinte enderezo:

Domicilio: C.E.P. de RIOMAIOR
Enderezo: Riomaior, 17
Lugar: Sta. Cristina de Cobres
Localidade: Vilaboa
C.P.: 36.041
Provincia: Pontevedra
Teléfono: 986.672.434
Fax: 986.672.434
E-mail: cep.riomaior@edu.xunta.es
Artigo 5º.
 A Asociación de Nais/Pais de Alumnos “RIOMAIOR”, independentemente dos seus fins e da ubicación do seu domicilio social, exercerá fundamentalmente as súas actividades no ámbito territorial das parroquias de Sta. Cristina e S. Adrián de Cobres, no concello de Vilaboa (Pontevedra).

Artigo 6º.
  1. O período de vixencia da Asociación de Nais/Pais de Alumnos “RIOMAIOR” é por tempo indefinido e só se disolverá, conforme a estes Estatutos, pola vontade dos/as asociados/as expresada en Asemblea Xeral Extraordinaria ou polas causas previstas na lexislación aplicable.
  2. A Asociación rexerase segundo os principios democráticos contidos no marco da Constitución Española, no do Estatuto de Autonomía de Galicia e no resto do ordenamento xurídico.

CAPÍTULO II


DOS SOCIOS

Artigo 7º.
 Poderán ser integrantes da Asociación de Nais/Pais de Alumnos “RIOMAIOR”, tódalas Nais e Pais ou Titores/as, con plena capacidade de obrar, que teñan fillos/as ou tutelados en idade escolar e matriculados no C.E.P. de Riomaior.

Artigo 8º.
 Os asociados e asociadas teñen os seguintes dereitos:
  1. Asistir ás Asembleas Xerais con voz e voto.
  2. Poder elixir e ser elixidos para ostentar cargos directivos.
  3. Participar en cantas actividades organice a Asociación no cumprimento dos seus fins.
  4. Disfrutar de tódalas vantaxes e beneficios que a Asociación poida obter.
  5. Ter unha copia dos Estatutos.
  6. Ser informados/as sobre a composición da Xunta Directiva da Asociación.
  7. Recibir información sobre os acordos adoptados polos órganos da Asociación.
  8. Facer propostas aos membros da Xunta Directiva en orde a mellorar o cumprimento dos fins da Asociación.
  9. Estar informados/as sobre o estado de contas así como o de ingresos e gastos da Asociación, con periodicidade anual, e do desenvolvemento da súa actividade.

Artigo 9º.
 Son obrigas dos asociados e asociadas:
  1. Prestar cantos servizos determinen estes Estatutos, o Regulamento de Réxime Interno e os acordos das Asembleas Xerais.
  2. Desempeñar os cargos para os que foron elixidos/as.
  3. Asistir ás Asembleas Xerais.
  4. Satisfacer as cotas que se establezan.
  5. Observar unha conduta cívica e adecuada á condición de educadores.
  6. Acatar e cumprir os acordos validamente adoptados polos órganos de goberno e representación da Asociación.

Artigo 10º.
 A integración na Asociación de Nais/Pais de Alumnos “RIOMAIOR” é libre e voluntaria. Os acordos de admisión de asociados e asociadas tomaraos a Xunta Directiva, despois de recibida a petición escrita da persoa que desexa ser admitida á que debe acompañar unha acreditación da identidade do/a solicitante.

Artigo 11º.
 A condición de asociado/a pérdese:
  1. Por vontade propia.
  2. Por incumprimento das obrigas económicas.
  3. Pola realización de accións que prexudiquen gravemente aos intereses da Asociación de Nais/Pais “RIOMAIOR” ou á consecución dos seus fins.
  4. Por expediente disciplinario.

Artigo 12º.
 A expulsión de asociados e asociadas será acordada pola Xunta Directiva, previa audiencia do/a interesado/a. O acordo de expulsión deberá ser ratificado pola Asemblea Xeral Extraordinaria e contra a súa resolución poderase recorrer perante a xurisdición ordinaria.

 Cando a baixa se produza por vontade propia dun/unha asociado/a, este/a deberao solicitar mediante unha petición escrita e procederá ao aboamento previo de tódalas cotas que teña pendentes.

Artigo 13º.
 A Xunta Directiva poderá acordar a separación temporal dun/unha asociado/a cando se estea tramitando un expediente sancionador, ou concorran causas xustificadas que o aconsellen, tales como o retraso no pago dalgunha cota, ou comportamentos que afecten á consecución dalgún dos fins da Asociación. O expediente sancionador recollerase no Regulamento de Réxime Interno, e contra a Resolución que del se derive poderase recorrer perante a xurisdición ordinaria.




CAPÍTULO III


DOS ÓRGANOS DE REPRESENTACIÓN

Artigo 14º.
 A xestión e administración da Asociación de Nais/Pais de Alumnos ”RIOMAIOR” serán exercidas polo seu Presidente, a Xunta Directiva e a Asemblea Xeral.

Artigo 15º.
 O/A Presidente/a da Asociación asume a representación legal da mesma e executará os acordos adoptados pola Xunta Directiva e a Asemblea Xeral, presidindo as sesións que celebren unha e outra.

 O/A Presidente/a será designado/a pola Asemblea Xeral entre os/as asociados/as que teñan, polo menos, un ano de antigüidade na Asociación e o seu mandato serao por catro anos.



Artigo 16º.
 A Xunta Directiva estará formada por un/unha Presidente/a, un/unha Vicepresidente/a, un/unha Secretario/a, un/unha Tesoureiro/a e os Vocais que determine a Asemblea Xeral, cargos que deberán recaer en asociados/as que leven, polo menos, un ano de antigüidade na Asociación.

Artigo17º.
 Serán elixidos/as pola Asemblea Xeral de entre os seus membros, por un período de catro anos e poden ser obxecto de reelección indefinidamente.

 Os/as compoñentes da Xunta Directiva non poderán percibir compensación económica pola ostentación dos seus cargos, sen prexuízo do dereito a seren reembolsados/as dos gastos debidamente xustificados.

 Os cargos da Xunta Directiva renovaranse por metades. Na primeira quenda serán renovados o/a Vicepresidente/a, o/a Tesoureiro/a e un/unha Vocal e na segunda, ao ano seguinte, o/a Presidente/a, o/a Secretario/a e os outros Vocais. O primeiro mandato dos cargos da segunda quenda de renovación durará un ano máis. O persoal de Secretaría, se o houbese, será nomeado pola Xunta Directiva, que acordará, ademais, a súa retribución.

 Os cargos cesarán na súa función por pasamento, renuncia voluntaria ou por cumprirse o prazo para o que foron elixidos. A renuncia e o cumprimento do prazo non xeran o cese automático, senón que debe facerse un efectivo traspaso de poderes con entrega da documentación e posta ao día do/a sucesor/a ou ben esperar até que a Xunta Directiva nomee temporalmente a un /unha substituto se se trata de renuncia voluntaria.

Artigo 18º.
 É función da Xunta Directiva programar e dirixir as actividades asociativas, levar a xestión administrativa e económica da Asociación, someter á aprobación da Asemblea Xeral o orzamento anual de ingresos e gastos así como o estado de contas do ano anterior.

 Así mesmo, procederá a convocar e fixar a data da Asemblea Xeral, fixar as cotas ordinarias e extraordinarias que se aproben, designar as Comisións de traballo ou Seccións que se estimen oportunas para un mellor funcionamento da Asociación así como ditar normas interiores de organización e exercer cantas funcións non estean expresamente asignadas á Asemblea Xeral. Corresponderanlle tamén todas aqueloutras actividades que lle sexan transferidas pola Asemblea.

Artigo 19º.
 A Xunta Directiva celebrará as súas sesións cantas veces o determine o seu/súa Presidente/a, a iniciativa propia ou a petición de calquera dos seus compoñentes. Será presidida polo/a Presidente/ e, na súa ausencia, polo/a Vicepresidente/a ou Secretario/a, por esta orde e, se tamén faltasen ámbolos dous, polo membro da Xunta de máis idade.

 Quedará constituída cando asista a metade máis un dos seus membros e para que os seus acordos sexan válidos deberán ser adoptados pola maioría de votos dos asistentes, sendo necesaria a concorrencia, polo menos, de seis dos seus membros. No caso de empate decidirá o voto do/a Presidente/a.

 O/A Secretario/a ou, no seu defecto, o/a Vicepresidente, levantará acta das sesións, que se transcribirá ao Libro de Actas da Asociación.

Artigo 20º.
 Os membros da Xunta Directiva presidirán as Comisións que a propia Xunta acorde constituír, co fin de delegar nelas a preparación de determinados actos ou actividades, ou de recabar das mesmas as informacións necesarias. Formarán parte, ademais, das ditas comisións o número de vocais que acorde a Xunta Directiva, a proposta dos seus respectivos presidentes.

 Cando as necesidades así o aconsellen, a Xunta Directiva poderá acordar que as comisións se desdobren en subcomisións.

Artigo 21º.
 A Asemblea Xeral de asociados e asociadas é o órgano supremo de goberno da Asociación e estará formada por tódolos integrantes da mesma. O/A Presidente/a e o/a Secretario/a da Asemblea serán os mesmos que os da Xunta Directiva.

Artigo 22º.
 A Asemblea Xeral reunirase, con carácter ordinario, polo menos, unha vez ao ano e, con carácter extraordinario, cantas veces o acorde a Xunta Directiva ou o soliciten, polo menos, o 10 % dos asociados/as. Neste último caso realizarase por medio dun escrito dirixido ó/á Presidente/a, autorizado coas sinaturas dos solicitantes, no que se expoña claramente o motivo da convocatoria e a orde do día da mesma.

Artigo 23º.
 A Asemblea Xeral Ordinaria reunirase necesariamente nos seis primeiros meses de cada ano. Tanto a Asemblea Ordinaria como a Extraordinaria serán convocadas con, polo menos, 15 días de antelación á súa celebración polo/a Presidente/a da Xunta Directiva.

 A convocatoria farase, en ámbolos dous casos, por escrito no domicilio dos/as asociados/as expresando o lugar, data e hora da reunión así como a Orde do Día con expresión concreta dos asuntos a tratar.

Artigo 24º.
 Serán competencias da Asemblea Xeral Ordinaria:
a)    Aprobar a Acta da reunión anterior.
b)    Aprobar o Plan de Actividades da Asociación.
c)    Examinar e aprobar a Memoria de Actividades.
d)    Examinar e aprobar as contas e balance do exercicio anterior.
e)    Aprobar os orzamentos de ingresos e gastos para cada exercicio.
f)     Examinar e aprobar as cotas.



Artigo 25º.
 Serán competencias da Asemblea Xeral Extraordinaria:
a)    Modificar os Estatutos da Asociación de Nais/Pais de Alumnos “RIOMAIOR”.
b)    Elixir os integrantes da Xunta Directiva.
c)    Aprobar a federación con outras Asociacións.
d)    Autorizar o alleamento, gravame ou hipoteca de bens sociais.
e)    Acordar a disolución da Asociación.
f)     Designar os/as liquidadores/as.
g)    Ratificar a expulsión de asociados e asociadas a proposta da Xunta Directiva.
h)    Solicitar a declaración de utilidade pública da Asociación.
i)     Aprobar o Regulamento de Réxime Interno da Asociación.
j)      As que, sendo competencia da Asemblea Ordinaria, por razóns de urxencia ou necesidade, non poidan esperar a súa convocatoria sen grave prexuízo para a Asociación.
k)    Tódalas non conferidas expresamente á Asemblea Xeral Ordinaria ou á Xunta Directiva.

Artigo 26º.
 As Asembleas Xerais, tanto ordinarias como extraordinarias, quedarán validamente constituídas en primeira convocatoria cando concorran un terzo dos/as asociados/as con dereito a voto e, en segunda convocatoria, calquera que sexa un número de asociados/as con dereito a voto.

Artigo 27º.
 Os acordos adoptados deberán selo polo voto afirmativo da maioría simple dos asistentes con dereito a voto, agás os relativos aos apartados a ao g do Artigo 25º, que requirirán maioría de dous terzos. De seguido levaranse os acordos ao Libro de Actas e asinarán o/a Presidente/a e o/a Secretario/a da Asemblea. A Acta deberá ser lida na seguinte sesión celebrada pola Asemblea Xeral e aprobada por maioría.

Artigo 28º.
 Os acordos adoptados conforme aos preceptos anteriores obrigarán a tódolos/as asociados/as, incluíndo ós/ás non asistentes.

 As sesións comezarán cando así o determine o/a Presidente. De seguido, o/a Secretario/a procederá a plantexar a Orde do Día continuando coa lectura da Acta da Asemblea anterior que deberá ser aprobada.

 Cada punto será informado polo membro da Xunta Directiva que lle corresponda, procedéndose á aprobación del nos termos contidos nestes Estatutos, segundo a materia de que se trate.

 Logo de rematados tódolos asuntos da Orde do Día, na quenda de rogos e preguntas e se o/a Presidente/a o considera oportuno ou o solicitan, polo menos, un 10 % dos /as asociados/as inscritos no Libro de membros da Asemblea, procederase á adopción de acordos antes de que o/a Presidente dea por levantada a sesión.



Artigo 29º.
 Os acordos que vaian contra estes Estatutos ou infrinxan os fins desta Asociación poderán ser recorridos en reposición perante a Asemblea Xeral. A partir do recurso de reposición, quedará expedita a vía para recorrer perante a xurisdición ordinaria.

Artigo30º.
 O/A Presidente da Xunta Directiva da Asociación de Nais/Pais de Alumnos “RIOMAIOR” terá, ademais das facultades consignadas no Artigo 15º, as seguintes atribucións:
1.    Presidir e levantar as sesións que celebre a Xunta Directiva e a Asemblea Xeral, dirixir as deliberacións dunha e doutra, decidindo con voto de calidade, no caso de empate.
2.    Propor o Plan de Actividades da Asociación á Xunta Directiva, impulsando e dirixindo as súas tarefas.
3.    Ordear os pagamentos acordados validamente.
4.    Representar a Asociación perante calquera organismo público ou privado.
5.    Asinar as Actas, certificados, pagos e outros documentos da Asociación xunto co/a Secretario/a ou membro de Xunta Directiva a quen lle corresponda a elaboración do documento de que se trate.

 O/A Presidente/a será asistido/a nas súas funcións por un/unha Vicepresidente/a que, ademais, o/a substituirá nos casos de vacante, ausencia ou enfermidade.

Artigo 31º.
 O/A Secretario/a recibirá e tramitará as solicitudes de ingreso na Asociación, levará o ficheiro e o Libro Rexistro de asociados/as e terá ao seu cargo a dirección dos traballos administrativos da mesma. Correspóndelle, así mesmo, notificar as convocatorias, custodiar a documentación e expedir as certificacións das mesmas co visto e prace do/a Presidente/a.

 Ó/Á Secretario/a correspóndelle, ademais, levar o inventario dos bens da Asociación nun Libro establecido ao efecto.

Artigo 32º.
 O/A Tesoureiro/a recadará e custodiará os fondos pertencentes á Asociación, dará cumprimento ás ordes de pagamento que expida o/a Presidente/a, dirixirá a contabilidade da Asociación, tomará razón e levará conta dos ingresos e dos gastos asociativos, participando en tódalas operacións de orde económico.

 O/A Tesoureiro/a ten a obriga de proceder ao peche do exercicio orzamentario antes do 15 de decembro de cada ano, co fin de que as contas estean a disposición dos membros da Asociación nos quince días anteriores á celebración da Asemblea Ordinaria.


Artigo 33º.
 Os/as Vocais, no número que determine a Asemblea Xeral, terán as seguintes atribucións:
1.    Realizar programas e propostas na súa área de actuación.
2.    Desempeñar os traballos que lle sexan encomendados pola Xunta Directiva.




CAPÍTULO IV


RÉXIME ECONÓMICO


Artigo 34º.
 A Asociación de Nais/Pais de Alumnos “RIOMAIOR” dispón dun patrimonio de euros. O peche do exercicio económico coincidirá co do ano natural.

Artigo 35º.
 A Asociación funcionará en réxime de presuposto anual. O borrador de presuposto será elaborado polo/a Tesoureiro/a da Asociación, que deberá telo preparado antes do un de xaneiro de cada ano, co fin de que poida ser aprobado na Asemblea Xeral Ordinaria.

Artigo 36º.
 A Asociación, para acadar os seus fins, contará cos seguintes recursos:
a)    As cotas periódicas dos/as asociados/as.
b)    As cotas extraordinarias que propoña a Xunta Directiva e sexan aprobadas pola Asemblea Xeral.
c)    As doazóns ou subvencións que poidan conceder organismos públicos, entidades privadas ou particulares.
d)    Os ingresos que se poidan recibir polo desenvolvemento das actividades da Asociación.
e)    Calquera outro ingreso admitido pola normativa legal vixente para actividades non lucrativas.

Artigo 37º.
 As cotas ordinarias acórdanse pola Asemblea Xeral Ordinaria, por proposta da Xunta Directiva, non sendo reintegrables en ningún caso e adicándose a atender as necesidades da Asociación.

Artigo 38º.
 Anualmente e con referencia ao último día do exercicio económico de cada ano, elaboraranse as contas, que se formalizarán nunha Memoria, que será posta á disposición dos/as asociados/as, durante un prazo non inferior a 15 días ao sinalado para a celebración da Asemblea Xeral Ordinaria, que deberá aprobalo ou censuralo.




Artigo 39º.
 Anualmente, no tempo que establece o Artigo 23º, será aprobado pola Asemblea Xeral Ordinaria o orzamento para o seguinte exercicio económico.

Artigo 40º.
 Para a disposición de fondos nas entidades bancarias onde a Asociación de Nais/Pais de Alumnos “RIOMAIOR” teña depositados os mesmos, terán recoñecidas as sinaturas o/a Presidente/a e o/a Tesoureiro/a, para a utilización conxunta deles.

Artigo 41º.
 Como entidade sen ánimo de lucro, en ningún caso poderán ser distribuídos entre os/as asociados/as os beneficios obtidos pola Asociación de Nais/Pais de Alumnos “RIOMAIOR” derivados de actividades económicas, incluídas as prestacións de servizos.



CAPÍTULO V

DO REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO

Artigo 42º.
 O Regulamento de Réxime Interno, no seu caso, desenvolverá aqueles aspectos non contemplados especificamente nestes Estatutos, non podendo, en ningún caso, ir contra do estipulado nos mesmos. En calquera caso, o funcionamento interno da Asociación estará sometido ao ordenamento xurisdiccionario civil.




CAPÍTULO VI


DA MODIFICACIÓN DOS ESTATUTOS E DISOLUCIÓN DA ASOCIACIÓN

Artigo 43º.
 Os presentes Estatutos poderán ser modificados a proposta da Xunta Directiva ou do 25 % dos/as asociados/as. Á convocatoria de Asemblea Xeral Extraordinaria xuntarase o texto coas modificacións propostas, abríndose un prazo de 7 días para que calquera asociado/a poida dirixir á Secretaría as propostas e emendas que estime oportunas. Estas complementarán a documentación da citada Asemblea e serán entregadas cunha antelación mínima de 3 días á celebración da mesma.

Artigo 44º.
 Para ser aprobada a reforma destes Estatutos será necesario o voto favorable dos 2/3 dos membros da Asemblea Xeral.




Artigo 45º.
 A Asociación de Nais/Pais de Alumnos/as “RIOMAIOR” disolverase por calquera das causas seguintes:
a)    Pola vontade dos/as asociados/as acordada polas 2/3 partes dos mesmos.
b)    Por outras causas determinadas legalmente.
c)    Por sentencia xudicial.

Artigo 46º.
 Acordada a disolución da Asociación, a Asemblea Xeral Extraordinaria designará tres asociados/as liquidadores, quen, co/a Presidente/a e o/a Secretario/a, procederán a efectuar a liquidación dos bens, pagando aos acredores, cobrando créditos e fixando o haber líquido resultante.

Artigo 47º.
 O haber resultante, logo de efectuarse a liquidación, doarase a outra Asociación non lucrativa inscrita na Comunidade Autónoma de Galicia que teña os mesmos ou similares fins aos desta Asociación.
 O xustificante da doazón será presentado no Rexistro de Asociacións correspondente para proceder á inscrición da disolución da Asociación de Nais/Pais de Alumnos “RIOMAIOR”.


DISPOSICIÓN ADICIONAL


 En todo canto no estea previsto nos presentes Estatutos, será de aplicación a vixente Lei Orgánica 1/2002, de 22 de marzo, reguladora do Dereito de Asociación, e as disposicións complementarias.



 Dª ANA MARÍA ROSENDO PALMEIRO, Secretaria da Asociación de Nais/Pais de Alumnos “RIOMAIOR”,

 C E R T I F I C A:

 Que os presentes Estatutos foron modificados para adaptalos ás previsións da Lei Orgánica 1/2002, de 22 de marzo, por acordo da Asemblea Xeral Extraordinaria de asociados/as de data

En Riomaior (Vilaboa) a 20 de xaneiro de 2004


 Vº e prace
 A Presidenta A Secretaria



Asdo.: María Barreiro Priego Asdo.: Ana Mª Rosendo Palmeiro