17 may. 2017

XVII CROSS ESCOLAR

XVII  CROSS  ESCOLAR  CEP PLURILINGÜE de RIOMAIOR

      A Asociación de Nais/Pais de Alumnos/as do CEP Plurilingüe de Riomaior, en Vilaboa, coa colaboración do Claustro de Profesores e do Concello de Vilaboa,  está a organizar o XVII CROSS ESCOLAR CEP de RIOMAIOR, que se celebrará o domingo, 21 de Maio de 2017, como unha actividade da Semana Cultural que se vai desenvolver no Centro, e con tal motivo, comprácese en convidar aos alumnos/as dese Centro a participar nas diferentes probas, para as que se establecen as seguintes categorías:          

A)  CATEGORÍAS:

                  CATEGORÍA                           ANO NACEMENTO                DISTANCIA

        3 anos feminino
2013
150 mts.
3 anos masculino
2013
150 mts.
        4 anos feminino
2012
200 mts.
4 anos masculino
2012
200 mts.
5 anos  feminino
2011
250 mts.
  5 anos  masculino
2011
250 mts.
Minibenxamín Feminino
2009/10
 400 mts.
Minibenxamín Masculino
2009/10
400 mts.
Benxamín Feminino
2007/08
700 mts
Benxamín Masculino
2007/08
900 mts.
Alevín Feminino
2005/06
900 mts.
Alevín Masculino
2005/06
         1.500 mts.
Infantil Feminino
2003/04
1.500 mts.
Infantil Masculino
2003/04
2.000 mts.

§         En todas as categorías estableceranse dúas probas: unha para a categoría masculina e outra para a feminina. No caso de que nas categorías de 3, 4 e 5 anos non houbera suficiente número de corredores estableceríase unha carreira mixta en cada idade.



B) INSCRICIÓNS:
    Todos os Centros participantes deberán enviar a relación de atletas participantes, ordenados por categorías e indicando as alerxias alimentarias ao  correo electrónico ao CEP Plurilingüe  de RIOMAIOR, cep.riomaior@edu.xunta.es ou  vía FAX 886 151773, antes do día 15 de Maio,. Para ter opción a puntuar por equipos, o número mínimo de atletas participantes será o seguinte:
  • Centros de Ed. Primaria: 15 participantes.
  • Centros de ESO: 10 participantes.
  
C) DOCUMENTACIÓN:
     Nos dorsais, que deberán vir preparados polos respectivos Delegados de cada Centro, debe constar:
  • Nome e Apelidos do atleta.
  • Categoría na que participa.
  • Colexio ao que pertence e dorsal que lle corresponde.

D) HORARIO DAS PROBAS E ORDE DAS SAÍDAS:
     As probas darán comezo ás 10:30 h. da mañá do domingo 21 de maio. Os Delegados oficiais dos Centros poderán confirmar a composición dos seus equipos na Secretaría ata 30 minutos antes do comezo da competición.

BENXAMÍN FEMININO (700 mts. aprox.)..............................10:00h.
BENXAMÍN MASCULINO (900 mts. aprox.)............................10:10h.
ALEVÍN FEMININO (900 mts. aprox.)..................................10:20h.
ALEVÍN MASCULINO (1.500 mts. aprox.).............................10:30h.
MINIBENXAMÍN FEMININO  (400 mts. aprox.)........................10:45h.
MINIBENXAMÍN MASCULINO  (400 mts. aprox.)......................10:55h.
3 ANOS FEMININO (150 mts. aprox.)………………………………………….11:05h.
3 ANOS MASCULINO (150 mts. aprox)……………………………………….11:15h.
4 ANOS FEMININO (200 mts. aprox.)…………………………………………11.25h.
4 ANOS MASCULINO (200 mts. aprox)……………………………………….11:35h.
5 ANOS FEMININO (250 mts. aprox.)………………………………………..11:45h.
5 ANOS MASCULINO (250 mts. aprox)……………………………………….11:55h.
INFANTIL FEMININO (1.500 mts. aprox.).............................12:05h.
INFANTIL MASCULINO (2.000 mts. aprox.)...........................12:20h.

E) CLASIFICACIÓNS:
       Estableceranse dúas clasificacións:
a)     Individual, facendo figurar a todos os atletas segundo a súa orde de chegada.
b)     Por equipos, sumando os puntos obtidos polos 4 atletas mellor clasificados, resultando vencedor o equipo que menos puntos acade.

F)  OUTRAS NORMAS XERAIS:
·         Á Secretaría só se poderán dirixir os/as Delegados/as de cada Centro.
·         Os Delegados dos Centros serán responsables da seguridade dos seus atletas, estean ou non afiliados ao Seguro Deportivo.
·         Os Delegados terán ao seu dispor, na Secretaría, “vales” para trocar por refrescos e/ou bocadillos.
·         Á liña  de saída  só poderán acceder os atletas 5 minutos antes do comezo da proba ao seren chamados pola megafonía.
·         Os/as atletas  poderán cambiarse nos vestiarios do Pavillón de Riomaior. En todo caso, a Organización non se responsabiliza dos obxectos ou vestimentas depositados nos mesmos.
·         Os/as Delegados/as deberán velar porque os seus atletas non invadan as zonas correspondentes ao circuíto das probas, manteñan en condicións hixiénicas os espazos que ocupen e amosen en todo momento actitudes acordes coa nosa condición de educadores.
·         Se algún Centro presentase menos atletas dos establecidos como número mínimo, eses alumnos/as poderán participar individualmente na categoría que lles corresponda, pero o seu Centro non puntuará como tal para a adxudicación dos Trofeos.
·         As infraccións das normas xerais de conduta deportiva durante o desenvolvemento das probas, así como outros aspectos non recollidos nas presentes normas regularanse pola normativa da Federación Galega de Atletismo.
·         Ao final das probas terá lugar unha carreira solidaria a favor da “Asociación contra o Cancro” de Cangas. O percorrido simbólico será de 150 m. Estará aberta para todo o público interesado que poderá depositar un donativo de xeito voluntario na liña de meta.

                 Esperando contar cunha numerosa participación do seu Centro, aproveitamos a ocasión para enviarlles unha aperta cordial.
Riomaior, 4 de maio de 2017



27 dic. 2016

EL ULTIMO DIA DE CLASE EL 21 DE DICIEMBRE TUVIMOS LA GRAN SUERTE DE TENER LA VISITA DE UNA AYUDANTE Y UNA AYUDANTA DE PAPA NOEL......





si quieres ver las fotos pica el enlace

https://www.facebook.com/anpa.riomaior

Aprovechamos desde esta directiva, para desearles a todo el mundo una muy Feliz Navidad y que el nuevo año que empieza en breve venga lleno de salud y felicidad.... muchas gracias a todos y todas..... y como no...os animamos a formar parte de esta asociación en vias de poder ofrecerle a nuestros hijos las mejores oportunidades.