Pagamentos

As actividades extraescolares da tarde deben ingresarse na conta da que é titular esta A.N.P.A na oficina de ABANCA en Sta. Cristina IBAN ES91 -2080-5081-95-3040003162, desde o día 1 ata o día 10 de cada mes, sempre por anticipado en non a mes vencido, indicando o nome do neno/a e a actividade á que asisiste.
Facilitaría moito o labor da A.N.P.A se, cando se ingresan as cantidades correspondentes ás actividades ou ao comedor escolar, se fagan POR SEPARADO cada unha delas. Así será máis fácil saber a quen corresponde cada pagamento e a que concepto.

Tamén vos comunicamos que na Asemblea Xeral de socios, celebrada o domingo 2 de outubro de 2011, foi aprobada a nova COTA para os/as socios/as que pasa a ser de 15 €.