26 oct 2014

TEATRO EN CANGAS: SOÑO DUNHA NOITE DE VERÁN

 

 

Martes, 28 de outubro ás 21:00

 

ESCOLA MUNICIPAL DAS ARTES ESCÉNICAS DE CANGAS

 

Presenta:

SOÑO DUNHA NOITE DE VERÁN

de William Shakespeare

Dirección: Casilda Alfaro

 

 

 

Actúan: Fran Otero, Jesica Silva, Lolo Portela, Merche Vidal, María Ferro, Bárbara Barcia, Rebeca Fernández, Ángeles Menduiña, Ana Pérez, Ana I. Budiño, Rosa Estévez, Dani Comesaña, Lucía Ramilo, Mar García, Noelia Barreiro, Alicia Bermúdez. Músico: Xosé Ramón Rocha. Adaptación: Xosé Manuel Pazos. Espazo Sonoro: Xosé Ramón Rocha, Mar García e Dani Comesaña. Espazo Lumínico: Salvador del Río. Escenografía: Teatro de Ningures. Vestiario: Sonia Rúa e Casilda Alfaro. Deseño e realización vestiario fadas: Olalla Casas.


 


Sinopse:


Nunha noite de verán, catro infortunados namorados vagan por un bosque nos arredores de Atenas. Ningún deles imaxina que se atopan no reino máxico de Oberón e Titania, rei e raíña dos trasgos e das fadas. Un destes, o desvergoñado Puck, encanta aos personaxes cos seus feitizos. Polo lugar rebulen tamén as meigas e unha compañía de teatro que ensaia a súa obra... Así comeza un turbulento embrollo ateigado de soños e encantamentos...


 


Venda de localidades:


Despacho de Billetes do Auditorio.


Unha hora antes deo comezo da función, de 20 a 21 horas.

Prezo da entrada: 3€.

 

+info:

 


 

auditoriomunicipaldecangas.blogspot.com.es

 

7 oct 2014

OUTLET DO LIBRO GALEGO










*O Outlet do Libro Galego, *organizado pola Asociación Galega de Editores  en colaboración con librarías e concellos, é unha nova oportunidade comercial para moitos títulos de gran valor do catálogo das editoriais que, neste momento, están fora dos circuitos comerciais convencionais. O noso  obxectivo é abrir unha nova canle de comercialización que poña en contacto estas obras de contido variado cun público que ten grande interese en coñecer esta oferta. No Outlet poderedes atopar libros a 5, 10 e 15€  ademáis dos lotes de libros a 3, 5 e 10€.
Datas e lugares de celebración

Do 4 ao 12 de outubro en *Pontevedra*

Afundación Centro Cultural praza de San Xosé


Do 1 ao 9 de novembro en *Vigo*

Afundación Centro Cultural r/ Velázquez Moreno



 máis informaciónhttps://www.facebook.com/pages/Outlet-do-Libro-Galego/105170629679241?fref=ts

2 oct 2014

Faiponting: Actividades para todos os públicos no Pazo e Illa do Covo





Durante o domingo 5 de outubro, terán lugar diferentes actividades para todos os públicos no Pazo da Cultura - Illa do Covo.

Rutas en bicicleta, talleres de danza, xogos populares, concertos, exhibicións de papaventos e outras moitas propostas conforman a terceira edición do festival "Faiponting", un programa lúdico e de ocio que organiza o Concello no Pazo dá Cultura e, sobre todo, na Illa dás Esculturas.

"Faiponting", desenvolverase o próximo domingo ao longo de oito horas, de 11.30 a 20.00 e incluirá, se a climatoloxía o permite, unha trintena de actividades, na súa maior parte ao aire libre.


Consulta  a programación en: Programa Faiponting

1 oct 2014

Menú Outubro 2014


 
DÍA
 
1º PRATO
 
2º PRATO
 
SOBREMESA
 
SUXERENCIAS CENA
1
Puré de Garbanzos
Croquetas de polo c/ ensalada
Lácteo
Ensalada de tomate e queixo/ Pavo c/ patacas/ Froita
2
Chícharos con patacas e xamón cocido
Churrasco con pataca e ensalada
Froita
Puré de verduras/ Filete á prancha/ Iogur
3
Crema de verduras
Fideos c/ sepia
Lácteo
Ensalada verde/ Tortilla de patacas/ Froita
6
Sopa de brocoli, Cenoria e pasta
Arroz con polo e luras
Lácteo
Crema de cabaza/ Carne ó caldeiro/ Froita
7
Tortilla de pataca e cabaciña
Tallarines con champiñons
Froita
Pasta c/ xamón e verduras/ Froita
8
Minestra de verduras
Albóndegas guisadas
Lácteo
Ensalada de arroz c/ atun/ Iogur
9
Acelgas con allada e chourizo
Polo con améndoas e patacas
Froita
Verduras á prancha/ Pescado ó forno/ Froita
10
Pizza
Filete de bacallau ao forno con arroz branco
Lácteo
Berenxena ó forno/ Pasta c/ tomate/ Iogur
13
 
Sopa de pasta
 
Arroz con carne
Lácteo
Coliflor rebozada/Ternera asada/ Iogurt
14
Mexillóns en salsa vinagreta
Atún ao forno
Froita
Ensalada/ Rapante con patacas/ Froita
15
Empanada galega de bonito
Croquetas con ensalada
Lácteo
Ensalada de tomate, atún e queixo/ Iogurt
16
 
 
Tortilla de pataca
Espaguetes boloñesa
Froita
Sandwich vexetal con xamón e queixo/ Froita
17
Lentellas guisadas
Filete de pescada con pataca e ensalada
Lácteo
Arroz con carne e verduras/ Iogur
20
Crema de cenoria, porro e pataca
Polo con guarnición
Lácteo
Hamburguesa c/ ensalada/ Iogur
21
Pizza
Filete de abadexo con salsa de champiñons
Froita
Tomate ó forno/ Peixe romana c/ patacas/ Froita
22
Sopa xuliana con pasta
Albondegas guisadas
Lácteo
Pisto de verduras/ Polo á prancha/ Iogur
23
Minestra de verduras
Luras a romana con ensalada
Froita
Ensalada de tomate e atún
Tortilla de espárragos/ Froita
24
Macarróns con tomate
Churrasco con ensalada
Lácteo
Crema de cabaza/ Carne ó caldeiro/ Iogur
27
Crema de verduras
Fideos con sepia
Lácteo
Salteado de espinacas c/ gambas/ Tortilla francesa/ Froita
28
Sopa xuliana
Peituga de pavo con champiñons
Froita
Ensalada mixta/ Lomo á prancha/ Iogur
29
Ensalada de verduras
Filete de pescada á mariñeira
Lácteo
Brécol c/ pataca e ovo cocido/ Iogur
30
Grelos a galega con xamón
Arroz con carne
Froita
Ensalada de tomate/ Varitas de peixe/ Iogur
31
Crema de cenorias
Lasaña
Lácteo
Xudías c/ xamón/ Croquetas/ Froita