XVII CROSS
ESCOLAR CEP PLURILINGÜE de
RIOMAIOR
A Asociación de Nais/Pais
de Alumnos/as do CEP Plurilingüe de Riomaior, en Vilaboa, coa colaboración
do Claustro de Profesores e do Concello de Vilaboa, está a organizar o XVII CROSS ESCOLAR CEP
de RIOMAIOR, que se celebrará o domingo, 21 de Maio de 2017,
como unha actividade da Semana Cultural que se vai desenvolver no
Centro, e con tal motivo, comprácese en convidar aos alumnos/as dese Centro a
participar nas diferentes probas, para as que se establecen as seguintes
categorías:
A) CATEGORÍAS:
CATEGORÍA
ANO NACEMENTO
DISTANCIA
3 anos feminino
|
2013
|
150
mts.
|
3 anos masculino
|
2013
|
150
mts.
|
4 anos feminino
|
2012
|
200
mts.
|
4
anos masculino
|
2012
|
200
mts.
|
5
anos feminino
|
2011
|
250
mts.
|
5 anos
masculino
|
2011
|
250
mts.
|
Minibenxamín Feminino
|
2009/10
|
400 mts.
|
Minibenxamín
Masculino
|
2009/10
|
400
mts.
|
Benxamín
Feminino
|
2007/08
|
700
mts
|
Benxamín
Masculino
|
2007/08
|
900
mts.
|
Alevín
Feminino
|
2005/06
|
900
mts.
|
Alevín
Masculino
|
2005/06
|
1.500 mts.
|
Infantil
Feminino
|
2003/04
|
1.500
mts.
|
Infantil
Masculino
|
2003/04
|
2.000
mts.
|
§
En todas as categorías estableceranse dúas probas:
unha para a categoría masculina e outra para a feminina. No caso de que nas categorías de 3, 4 e 5
anos non houbera suficiente número de corredores estableceríase unha carreira
mixta en cada idade.
B) INSCRICIÓNS:
Todos os Centros participantes deberán enviar a relación de atletas
participantes, ordenados por categorías e indicando as alerxias alimentarias ao
correo electrónico ao CEP Plurilingüe de RIOMAIOR, cep.riomaior@edu.xunta.es ou vía FAX 886 151773, antes do día 15 de Maio,.
Para ter opción a puntuar por equipos, o número mínimo de atletas participantes
será o seguinte:
- Centros de Ed. Primaria: 15 participantes.
- Centros de ESO: 10 participantes.
C) DOCUMENTACIÓN:
Nos dorsais, que deberán vir preparados polos respectivos Delegados de
cada Centro, debe constar:
- Nome e Apelidos do atleta.
- Categoría na que participa.
- Colexio ao que pertence e dorsal que lle corresponde.
D) HORARIO DAS
PROBAS E ORDE DAS SAÍDAS:
As probas darán comezo ás 10:30 h. da mañá do domingo 21 de
maio. Os Delegados oficiais dos Centros poderán confirmar a composición dos
seus equipos na Secretaría ata 30 minutos antes do comezo da
competición.
BENXAMÍN FEMININO (700 mts. aprox.)..............................10:00h.
BENXAMÍN MASCULINO (900 mts. aprox.)............................10:10h.
ALEVÍN FEMININO (900 mts. aprox.)..................................10:20h.
ALEVÍN MASCULINO (1.500 mts.
aprox.).............................10:30h.
MINIBENXAMÍN FEMININO (400 mts. aprox.)........................10:45h.
MINIBENXAMÍN MASCULINO (400 mts. aprox.)......................10:55h.
3 ANOS FEMININO (150 mts. aprox.)………………………………………….11:05h.
3 ANOS MASCULINO (150 mts.
aprox)……………………………………….11:15h.
4 ANOS FEMININO (200 mts. aprox.)…………………………………………11.25h.
4 ANOS MASCULINO (200 mts. aprox)……………………………………….11:35h.
5 ANOS FEMININO (250 mts. aprox.)………………………………………..11:45h.
5 ANOS MASCULINO (250 mts.
aprox)……………………………………….11:55h.
INFANTIL FEMININO (1.500 mts.
aprox.).............................12:05h.
INFANTIL MASCULINO (2.000 mts. aprox.)...........................12:20h.
E) CLASIFICACIÓNS:
Estableceranse dúas clasificacións:
a) Individual, facendo
figurar a todos os atletas segundo a súa orde de chegada.
b) Por
equipos, sumando os puntos obtidos polos 4 atletas mellor clasificados,
resultando vencedor o equipo que menos puntos acade.
F) OUTRAS NORMAS XERAIS:
·
Á Secretaría só se poderán dirixir os/as
Delegados/as de cada Centro.
·
Os Delegados dos Centros serán responsables da
seguridade dos seus atletas, estean ou non afiliados ao Seguro Deportivo.
·
Os Delegados terán ao seu dispor, na Secretaría, “vales”
para trocar por refrescos e/ou bocadillos.
·
Á liña de
saída só poderán acceder os atletas 5
minutos antes do comezo da proba ao seren chamados pola megafonía.
·
Os/as atletas
poderán cambiarse nos vestiarios do Pavillón de Riomaior. En todo caso,
a Organización non se responsabiliza dos obxectos ou vestimentas depositados
nos mesmos.
·
Os/as Delegados/as deberán velar porque os seus
atletas non invadan as zonas correspondentes ao circuíto das probas, manteñan
en condicións hixiénicas os espazos que ocupen e amosen en todo momento
actitudes acordes coa nosa condición de educadores.
·
Se algún Centro presentase menos atletas dos
establecidos como número mínimo, eses alumnos/as poderán participar individualmente
na categoría que lles corresponda, pero o seu Centro non puntuará como tal para
a adxudicación dos Trofeos.
·
As infraccións das normas xerais de conduta
deportiva durante o desenvolvemento das probas, así como outros aspectos non
recollidos nas presentes normas regularanse pola normativa da Federación Galega
de Atletismo.
·
Ao final das probas terá lugar unha carreira solidaria a favor da “Asociación contra o
Cancro” de Cangas. O percorrido simbólico será de 150 m. Estará
aberta para todo o público interesado que poderá depositar un donativo de xeito
voluntario na liña de meta.
Esperando contar cunha
numerosa participación do seu Centro, aproveitamos a ocasión para enviarlles
unha aperta cordial.
Riomaior,
4 de maio de 2017
No hay comentarios:
Publicar un comentario