16 mar 2011

ESTADÍAS DE TEMPO LIBRE PARA MULLERES SOAS CON RESPONSABILIDADES FAMILIARES NON COMPARTIDAS

ESTADÍAS DE TEMPO LIBRE PARA MULLERES SOAS CON
RESPONSABILIDADES FAMILIARES NON COMPARTIDAS
(Resolución do 25 de febreiro. DOG 50 do 12 de marzo de 2011)

http://www.xunta.es/dog/Dog2011.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/e8aefb61
1a991b7dc1257850005e69c8/$FILE/05000D002P004.PDF

OBXECTO
Concesión de prazas en réxime de concorrencia competitiva, para a
participación no programa de estadías de tempo libre para mulleres soas con
responsabilidades familiares non compartidas.
A finalidade é facilitarlles ás mulleres que teñan fillos/as menores
exclusivamente ao seu cargo un espazo e un tempo desligado da súa situación
habitual e no cal poidan intercambiar experiencias a través da convivencia nun
espazo de lecer.
Convócanse ata un máximo de 95 prazas. As estadías teñen unha duración de
entre sete e dez días, en réxime de pensión completa, preferentemente entre
finais de xuño e principios de xullo. Os gastos de aloxamento, manutención,
monitoras e transporte serán gratuítos para as beneficiarias.

REQUISITOS
- Ter fillas/os exclusivamente ao seu cargo con idades comprendidas entre os
2 e os 12 anos.
- Estar domiciliadas en Galicia e, no caso de estranxeiras, ter permiso de
residencia ou tarxeta de réxime comunitario, segundo o caso.
- Dispoñer dunha renda que, tendo en conta todos os ingresos do conxunto
da unidade familiar, dividida polo número de membros que a compoñen,
non supere o SMI (641,40 €/mes).
-Non padecer nin ela nin as/os fillas/os unha enfermidade que requira
illamento e/ou que impida a normal convivencia.

DOCUMENTACIÓN
- Modelo normalizado (anexo I).
- Copia cotexada do libro de familia, informe social, sentenza xudicial de
custodia ou calquera outro documento acreditativo das fillas/os a cargo.
-No caso de estranxeiras, copia cotexada da tarxeta de residencia ou da de
réxime comunitario.
- No caso de discapacidade da solicitante ou dos/as fillos/as, copia cotexada
do certificado correspondente.
- Copia cotexada da declaración do imposto da renda, no caso de non a ter
realizado por non ter obriga de presentala así como no suposto de que as
circunstancias sexan distintas no momento da solicitude, declaración
responsable da situación económica xunto coa documentación que a
xustifique (anexo II).
- De ser o caso, informe do centro de acollemento que acredite que a
solicitante está a residir nel.
- A situación de violencia de xénero, de ser o caso, acreditarase.
- Para xustificar a situación de desemprego, copia cotexada da tarxeta de
demandante de emprego.
- Declaración responsable do aproveitamento do programa (anexo III).
- Informe médico orixinal do SERGAS en que conste que non se padece
enfermidade que requira illamento e/ou impida a normal convivencia.

LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
As solicitudes presentaranse no rexistro da Secretaría Xeral da Igualdade, de
presentalas noutro rexistro da Xunta de Galicia deberá enviarse unha copia da
solicitude por fax ao número 981 54 19 19 antes da data de remate do prazo de
presentación de solicitudes.
O prazo rematará o 13 de abril de 2011.

No hay comentarios:

Publicar un comentario