OUTRAS ACTIVIDADES
Trala parĆ©ntese navideƱa, maƱƔ mĆ©rcores, 18 de xaneiro, a partir das 17:30 horas, LIBROS PARA SOĆAR retomarĆ” as sesións de contos para bebĆ©s de cero a tres anos.
ParticiparĆ” a adaptadora de contos e narradora Olalla GonzĆ”lez, autora de “GaravanciƱo” e “Chibos chibóns”, editados por KALANDRAKA. Nesta primeira actividade do ano, a sesión introducirĆ” relatos breves que xiran en torno Ć”s rutinas diarias dos bebĆ©s.
TamĆ©n se recuperan esta semana as sesións de contacontos habituais dos venres, para pĆŗblico infantil a partir de catro anos. A profesora e narradora Iria Mantilla serĆ” unha das protagonistas da sesión do dĆa 20 de xaneiro, a partir das 18:30 horas, cunha representación especial do libro “A que sabe a lĆŗa?”, de Michael Grejniec, editado por KALANDRAKA.
Tanto esta semana como a vindeira, o repertorio vai incluir relatos sobre a amizade, a tolerancia e a convivencia, como antesala do DĆa Escolar pola Paz, que se celebra o 30 de xaneiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario