10 may 2012

Concerto do Día das Letras Galegas - Consello da Cultura Galega e Concello de Pontevedra

Data: mércores 16 de maio ás 21:00 horas
Lugar: Auditorio do Pazo da Cultura
Prezo: Entrada Libre ata completar aforo


Miguel A. Fernández Lores, Alcalde de Pontevedra e Ramón Villares, Presidente do Consello da Cultura Galega, teñen o pracer de convidarte ao Concerto do Día das Letras Galegas no que a Real Filharmonía de Galicia, a Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra e o Coro Académico do Conservatorio Manuel Quiroga, baixo a dirección de Maximino Zumalave, interpretarán obras de Antón García Abril, Juan Durán e Rogelio Groba, partituras compostas sobre textos de Celso Emilio Ferreiro, Valentín Paz-Andrade e Ramón Cabanillas.  
Máis información en www.pazodacultura.org e facebook: http://on.fb.me/J90GfZ

No hay comentarios:

Publicar un comentario