29 sept 2016

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2016/17


LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES
INFORMÁTICA
De16:00 a 18:00
DEBUXO E PINTURA
De 16:00 a 18:00
ZUMBA
De 16:00 a 17:00
PATINAXE
De 16:00 A 17:00
TEATRO
De 16:00 a 17:30
TAEKWONDO
DE 16:00 A 17:00
 
TAEKWONDO
De 17:00 a 18:00
PATINAXE
De 17:00 a 18:00
 
 
 
 
PISCINA*
DE 16:30 A 17:15
 
  • PATINAXE ARTÍSTICO: Os alumnos deberán levar patíns de 4 rodas ( Non en linea). As familias terán que responsabilizarse de achegar e recoller aos nenos/as no Pavillón de Riomaior (excepto os nenos que queden o comedor). O prezo da actividade será de 12€ os socios e 15€ non socios.
  • DEBUXO E PINTURA: Esta actividade dura 2 horas polo que o seu prezo será de 17€ socios e 20€ non socios, excepto o primeiro mes que abonaranse 6€ a maiores para material (Total 1º mes: 23€ socios e 26€ non socios). As clases impartiranse no colexio.
  • PISCINA: Desenvolverase na piscina Centro Fitnes Supera (Lourizán). A actividade levarase a cabo os xoves de 16:30 a 17:15 h e terá un custe de 29,73€ o trimestre. O importe do 1º trimestre deberá pagarse antes do día 30 de setembro na propia piscina, xa que cobran os trimestres por adiantado e a ANPA nos se vai a encargar destes cobros.
  • TEATRO: Desenvolverase na casa de cultura de Riomaior. As prazas son limitadas e a hora de inscribirse terán prioridade os nenos que xa estiveron matriculados o curso pasado. O prezo desta actividade e de 12€ socios e 15€ non socios.
  • ZUMBA (baile moderno): Aprendizaxe de distintas técnicas de baile, coreografías elaboradas con música de actualidade, deseño e elaboración de vestiario, escenografía, accesorios, etc. Poderán consultar o programa no blog da ANPA. Desenvolverase no colexio e o prezo e de 12€ socios e 15€ non socios.
  • TAEKWONDO: As clases serán no Pavillón de Riomaior. O prezo desta actividade será de 12€por unha hora a semana e 20€ por dúas horas para socios e de 15€ unha hora e 25€ duas horas para non socios.

No hay comentarios:

Publicar un comentario