23 oct 2013

COMUNICADO DA ANPA DE RIOMAIOR APOIANDO A XORNADA DE FOLGA DO DÍA 24

 A ANPA DO CEP de Riomaior apoia a folga de profesores, alumn@s, pais e nais convocada para o xoves 24 de outubro  porque estamos en CONTRA
      Ø  dos recortes en educación
o que supón aumento das ratio nas aula,  a non substitución do profesorado na aula ata despois de 14 días ou aumento da carga lectiva do profesorado entre outras iniciativas. Accións que levan ó desmantelamento da educación pública para beneficio da iniciativa privada (destinan grandes partidas para subvencionar a educación primaria, secundaria e agora tamén o bacharelato dos centros concertados e adican solo público para construción de centros privados). 
Ø  da redución de axudas ao alumnado e ás familias 
Ø  Da lei Wert
·         Porque non foi consensuada coas comunidades educativas.
·         Porque supón unha contrarreforma, ó noso parecer, ideolóxica,
            -xa que  vai financiar a centros  que discriminan en función do sexo (algo que estáa suceder en centros de ideoloxía relixiosa ultraconservadora).
            - Vai aumentar a carga lectiva da materia de relixión e a súa importancia.
            -Eliminan na súa totalidade materias como  Educación para a  Cidadanía ou    Ciencias do mundo contemporáneo ou parcialmente a música, tecnoloxía na ESO.
·         Resta valor e funcións ó Consello Escolar.
·         Porque infravalora o traballo do profesorado, sometendo ós alumn@s a  probas externas  que serán realizadas por empresas privadas,  sen ter en conta a avaliación do alum@ por parte dos profesores que lle impartiron as materias ó longo do curso.
POLO ARRIBA EXPOSTO, ANIMÁMOSVOS A QUE PARTICIPEDES NESTA XORNADA REIVINDICATIVA E ASISTADES AS CONCENTRACIÓNS PREVISTAS.

 

21 oct 2013

Audicións de música clásica comentada no Museo de Pontevedra

 Ver programa completo:
http://www1.museo.depo.es/imagenesarticulos/diptico_gal1.pdf

I Concurso de relatos breves "Cooperación en 100 palabras"

Medicus Mundi CV Castellón lanza o I Concurso de Relatos Breves "Cooperación en 100 palabras", aberto a toda a sociedade co fin de que as persoas participantes mostren os seus dotes creativos á vez que acheguen o mundo da cooperación a outras persoas da nosa contorna.
Poderán participar tódalas persoas con afinidade cara á temática da cooperación internacional.
 Os relatos deben ser inéditos e non superar as 100 palabras.
• Categorías:
– Infantil: ata os 16 anos inclusive.
– Xeral: A partir dos 16 anos.
• Prazo de presentación: antes do 1 de novembro de 2013.

9 oct 2013

Exposición en Pontevedra: "Neolítico. De nómadas a sedentarios"


 


Pontevedra retrocede 13.000 anos para coñecer como o home pasou a ser urbanita

Dende o martes pasado os visitantes que se acheguen ata a carpa situada na Praza de España poden internarse no período neolítico a través dunha exposición que reproduce a evolución do home dende que era nómade (hai 13.000 anos) ata a época na que se converteu en sedentario (hai 5.000).

Desta forma, a exposición que promove a Obra Social 'la Caixa' en colaboración co Concello de Pontevedra, comisariada por Lluís Batista, a través de paneis e pezas recrean as distintas épocas que recollen a desaparición dos últimos cazadores, as primeiras prácticas agrícolas, a domesticación animal para a gandaría, o uso da cerámica e o desenvolvemento da escritura.

A exposición pode visitarse na carpa situada na Praza de España en horario de 12:30 a 14 h. e de 17 a 21 h. de luns a venres e de 11 a 14 h. e de 17 a 21 h. as fins de semana e festivos. Esta mostra permanecerá aberta ata o 1 de novembro e a entrada é gratuíta.

Máis información, folletos e audioguía: 

http://obrasocial.lacaixa.es/ambitos/exposiciones/neolitico2_es.html

3 oct 2013

PROGRAMACIÓN CULTURAL DE OUTONO de Redondela

 Xa se pode consultar a PROGRAMACIÓN CULTURAL DE OUTONO de Redondela  
http://www.redondela-server.net/web/images/stories/banners/2013/programacion_cultural_redondela_outono2013.pdf

FAIPONTING: Xornada de actividades e picnic

Data
06 de outubro
Horario
11:00
Categorías
Arte , Danza , Música , Nenos , Outros , Plástica
A segunda edición do proxecto Faiponting terá lugar o domingo 6 de outubro ao longo de toda a xornada. Con diferentes actividades para público en xeral, familiar e infantil, pretendemos dar a coñecer en profundidade os espazos Pazo da Cultura e Illa do Covo, convidado a cruzar as pontes cara a outra beira do río.
Unha nova oportunidade de asistira aos roteiros guiados, participar en familia de obraodiros de toda clase, concertos e moitas máis actividades, algunha delas tan sorprendente coma un concerto para cans.
Podedes atopar toda a información no programa descargable. Alguna das actividades requiren inscrición previa, podedes descargalas tamén e entregalas nas oficinas do Pazo a partir do luns 30 en horario de 8:30 a 14:40.

2 oct 2013

Obradoiro creativo de “Manga” na Biblioteca Pública de Pontevedra

a cargo de David Prieto Seijo “GoChi”
Sinopse: Obradoiro de iniciación ao Manga (Banda Deseñada Xaponesa) para mozos@mozas  a partir de 12 anos, organizado pola Asociación Galega especializada en Banda Deseñada “Cerditos de Guinea Cómics”

Hora: De 18:00 a 20:00
Lugar: Sala de obradoiros
Público destinatario: Mozos@Mozas a partir de 12 anos
Con inscripción previa, a partir do 23 de setembro no correo electrónico: biblio.publica.pontevedra@xunta.es, no teléfono 986 85 08 38 ou na biblioteca, 3ª planta, de 9 a 14 h. (20 prazas)

Anímate: aínda quedan prazas!

  Outras actividades de outubro na Biblioteca Pública de Pontevedra:
 http://bibliotecapontevedra.blogspot.com.es/2013/09/programacion-actividades-octubro-2013.html

30 sept 2013

Menú comedor outubro


DÍA
1º PRATO
2º PRATO
SOBREMESA
SUXESTIÓNS CEA
1
Puré de cenorias
Fideos c/ polbo
Froita
Espinacas con bechamel/ Xamóns de pavo ó forno/ Iogur
2

Lentellas
Tortilla c/ tomate frito
Iogur
Empanada / Froita
3
Ensaladilla
Pescada á romana c/ ensalada
Froita
Caldo / Pavo á grella/ Iogur
4

Chícharos c/ xamón
Lasaña
Flan
Variñas de pescada con patacas e ensalada/ Froita
7
Crema de cabaciño
Lombo asado c/ patacas
Iogur
Ensalada/ Rapante con arroz branco/ Froita
8
Arroz xardineira
Pescada á grella c/ patacas
Froita
Coello ó forno c/ arroz e guarnición/ Iogur
9
Pure de brócoli
Carne guisada con arroz
Iogur
Ensalada mixta/ Peixe á grella c/ patacas / Froita
10
Pizza
  Pescada a biscaíña
Froita
Verduras á grella/ Polo c/ arroz/ Iogur
11
Empanada
Albóndigas c/ arroz
Iogur
Coliflor rebozada/ Xamón asado c/ patacas/ Froita
14
Sopa de pasta
San xacobos c/ patacas
Natiñas
Tenreira cocida c/ patacas e chícharos/ Froita
15
Macarróns con tomate
Polbo guisado c/ arroz
Froita
Coello ó forno c/ arroz e guarnición/ Iogur
16
Fabada
Polo asado c/ patacas
Iogur
Ensalada de pasta/ Lombo de porco á grella/ Froita
17
Crema de cenorias
Pescada á romana c/ ensalada
Froita
Crema de cenoria/Tortilla francesa c/ xamón cocido/ Iogur
18
Arroz tres delicias
Lombo á grella c/ puré
Iogur
Pizza vexetal/ Froita
21
Puré de verduras
Fideos c/ polo
Flan
Crema de cenoria/Tortilla francesa c/ xamón cocido/ Iogur
22
Lentellas
Tortilla c/ tomate frito
Froita
Ensalada de pataca, pementos e atún/ Iogur
23
Macarróns c/ tomate
Pescada á grella c/ patacas
Iogur
Luras á romana c/ ensalada/ Froita
24
Xudías c/ xamón
San xacobos c/ patacas
Froita
Verduras á grella/ Milanesa c/ patacas/ Iogur
25
Crema de cabaciño
Guiso de polbo c/ arroz
Iogur
Espinacas con bechamel/ Jamóns de pavo ó forno/ Froita
28
Pizza
Pescada á biscaíña
Natiñas
Ensalada/ Rapante con arroz branco/ Froita
29
Puré de brócoli
Lasaña
Froita
Crema de verduras/Milanesa de pólo c/ leituga/ Iogur
30
Arroz xardineira
  Pescada á romana c/ ensalada
Iogur
Ensala tépedada  de arroz, acelgas e xamón/ Froita
31
Crema de cenorias
Guiso de carne c/ fideos
Froita
Berenxenas rebozadas/ Croquetas c/ ensalada tomate/ Iogur

26 sept 2013

Actividades Extraescolares de tarde para o curso 2013-2014



Achegamos información definitiva da OFERTA das Actividades Extraescolares de tarde para o curso 2013-2014, que abranguerán de OUTUBRO a MAIO, incluídos. 

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

TAEKWONDO
de 16:00 a 17:00



TAEKWONDO
de 17:00 a 18:00

DEBUXO E
PINTURA
de 16:00 a 18:00

CINE
de 16:00 a 17:00

XARDINERÍA/ 
GARDENING
de 16:00 a 17:00

COCIñA/COOKING
de 17:00 a 18:00


TENIS
de 16:00 a 17:00
BAILE


BAILE MODERNO
de 16:00 a 17:00

TAEKWONDO
de 17:00 a 18:00

BALONCEST0
de 16:00 a 17:00



PISCINA *
16:30


ATLETISMO
de 16:00 a 17:00

PATINAXE
de 17:00 a 18:00 .

TEATRO
de 16:00 a 17:30






IMPORTANTE:
  • TAEKWONDO. Debido á alta demanda nesta actividade existe a posibilidade de facer 3 grupos (dous o luns e un o mércores de 5 a 6 da tarde) e tamén a opción de asistir dous días cun prezo de 20 €. Todos os alumnos deberán asistir por primeira vez o luns 30 de 4 a 6 da tarde.
  • PINTURA E DEBUXO. Só haberá un grupo, a actividade será os martes, xa que unha vez consultados todos os pais este era o día que máis conviña á maioria. Ademais da cota do outubro os alumnos deberán pagar 7 € para o material de todo o curso.
  • OBRADOIRO DE XARDINERÍA EN INGLÉS. Esta actvidade será impartida polo profesor axudante americano. A actividade comezará o martes 8 de outubro.
  • COCIÑA/COOKING. Actividade proposta polo departamento de inglés do centro e que será impartida polo lector americano. O prezo será de 10 € e tamén se lles pedirán ós asistentes ingredientes para as receitas. A actividade comezará o martes 8 de outubro.
  • BALONCESTO. Será impartido en castelán por un monitor novo ( a persoa que ten sustituído a Jorge nalgunhas ocasións)
  • PISCINA: Desenvolverase na piscina Centro Fitness Supera (Lourizán). A actividade comezará ás 16:30 h. O importe da Piscina deberá pagarse nas oficinas da piscina. Tendo en conta que todos os nenos terán prezo de socios, pregamos paguedes a cota de socios de ANPA.
  • Algunhas das activides orixinalmente ofertadas (Inglés, Kodu, Piano, Informática) non se impartirán dado que non acadaron o número mínimo de solicitudes. Voltaranse a ofertar se houbese interesados nas mesmas.
  • Seguro. Os alumnos que fagan actividades extraescolares ou asistan ó comedor deberán subscribir un seguro que xestionará a anpa cun custe de 7€ por curso e que deberá ser pagado en outubro. En breve se enviará unha ficha para que se cubran os datos do alumno@.
  • As actividades extraescolares da tarde deben ingresarse na conta da A.N.P.A na (2080-5081-95-3040003162), dende o día 1 ata o día 10 de cada mes, sempre por anticipado e non a mes vencido, indicando o nome do neno/a e a actividade á que asiste.
  • As actividades comezarán o luns día 30 setembro, coa excepción cooking e gardening , que comezarán, o martes día 8, Durante a primeira semana os monitores adicaran os primeiros minutos a explicarlle aos pais e nais como desenvolverán as distintas actividades. Tamén haberá algún representante da anpa para resolver calquera cuestión.
  • É moi importante que os/as nenos/as que se inscriban nunha actividade non se dean de baixa, agás por unha causa xustificada. Se é así, deberán COMUNICALO no Centro ou á ANPA.
  • A COTA DA ANPA SERÁ DE 15 € que deberá ser pagada no mes de outubro.
  • O COMEDOR MANTERASE EN 3.50€ por día. Por favor, deben avisar ó MOCHI 986 708418 e ó CEP RIOMAIOR 986 672434 para calquera incidencia no horario de asistencia dos seus fill@s
Os PREZOS para cada actividade son os seguintes:

                                                                                     SOCIOS    NON SOCIOS
  • PINTURA E DEBUXO....................................17 €..................20 €
  • TENIS................................................................12 €..................15 €
  • COOKING/COCIÑA........................................10 € .................12 €
  • TEATRO...........................................................12 €..................15 €
  • PATINAXE.......................................................12 € .................15 €
  • ATLETISMO....................................................12 € .................15 €
  • CINE ……........................................................10 € .................12 €
  • XARDINERÍA/GARDENING.......................10 € ..................12 €
  • BAILE MODERNO........................................12 € ..................15 €
  • BALONCESTO.............................................12€ ...................15 €
  • TAEKWONDO...............................................12 €...................15 €
  •  PISCINA........................................................28 € aprox.(a pagar na piscina)