16 nov 2014

Obradoiro no Museo Massó. Mensaxe nunha botella

O Museo Massó de Bueu, ven a ofertar uns obradoiros dirixidos a nen@s  co fin de concienciar sobre a importancia do mar e a súa conservación.  A través da Anpa, temos a posibilidade de que os nen@s fagan estes obradoiros de balde o domingo, 23 de novembro ás 12:00 h, polo que si estades interesados, podedes devolver cuberta a nota entregada no colexio ou contactar con algún membro da Anpa. A duración será de entre una hora e hora e media. Dado que os talleres teñen un número limitado de asistentes ( 50 nen@s ),  teremos en conta a orde de inscripción.


Queremos informar que a Anpa  soamente fará a xestión, pero que non xestionará o transporte ata o Museo nin se responsabilizará do acompañamento dos nenos durante o obradoiro.

O Obradoiro recomendado polo Museo para nenos de entre 6 e 12 anos é MENSAXE NUNHA BOTELLA.


Neste obradoiro as mensaxes dentro das botellas agochadas polas salas do Museo revelarán aos participantes a importancia que teñen os océanos para o noso planeta. Médiente un xogo deberán completar unhas tarxetas que aportaran as pistas para atopar as mensaxes dentro das botellas que estarán agochadas nas salas do museo. Finalmente cada participante escribirá unha mensaxe con un bo desexo para os océanos e todas as mensaxes se meteran nunha botella común

No hay comentarios:

Publicar un comentario