21 jun 2012
FESTA NA PISCINA O MÉRCORES 27
O C.D. Rías do Sur, organiza un año máis a festa de hinchables acuáticos o día 27 de xuño a partir das 16:00 horas. Para poder acudir será imprescindible inscribirse na recepción do centro.
Os cursos de natación quedarán clausurados coa celebración da citada festa, polo que, o día 27 será o último día de curso para todos os alumnos.
Cambio 2º prato no comedor venres 22
MOCHI informa que:
o segundo prato do día 22 que constaba como lasaña, será sustituido por milanesa de polo con patatas.
o segundo prato do día 22 que constaba como lasaña, será sustituido por milanesa de polo con patatas.
8 jun 2012
30 may 2012
14 may 2012
10 may 2012
Concerto do Día das Letras Galegas - Consello da Cultura Galega e Concello de Pontevedra
Data: mércores 16 de maio ás 21:00 horas
Lugar: Auditorio do Pazo da Cultura
Prezo: Entrada Libre ata completar aforo
Lugar: Auditorio do Pazo da Cultura
Prezo: Entrada Libre ata completar aforo
Miguel A. Fernández Lores, Alcalde de Pontevedra e Ramón Villares,
Presidente do Consello da Cultura Galega, teñen o pracer de convidarte ao
Concerto do Día das Letras Galegas no que a Real Filharmonía de
Galicia, a Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra e o Coro
Académico do Conservatorio Manuel Quiroga, baixo a dirección de Maximino
Zumalave, interpretarán obras de Antón García Abril, Juan Durán e Rogelio Groba,
partituras compostas sobre textos de Celso Emilio Ferreiro, Valentín Paz-Andrade
e Ramón Cabanillas.
Máis información en www.pazodacultura.org e
facebook: http://on.fb.me/J90GfZ
5 may 2012
3 may 2012
Participación do CEP de Riomaior no Cross do CEP de Coiro en Cangas.
O pasado domingo día 29 de abril os alumnos e alumnas do CEP RIomaior asistiron
ó cross escolar organizado pola anpa do CEP de Coiro en Cangas. A pesar do duro
que lles resultou o circuito e do nivel dos participantes, os alumnos do CEP de
RIOMAIOR obtiveron postos destacados e disfrutaron dunha mañá deportiva en
compañía de compañeiros e amigos.
11 abr 2012
Invitación para o I Encontro Lectura e Familias en Sanxenxo
Charla xoves 12 de abril: Alcol e adolescencia
Segundo o Plan Nacional sobre Drogas a idade media de inicio de consumo de alcol en
Galicia sitúase entre os 13 e os 14 anos. O alcol pode causar danos irreversibles no cerebro
dos adolescentes afectando ao desenvolvemento da aprendizaxe, a concentración e a
memoria, entre outros.
En Galicia, as intoxicacións etílicas atendidas polos servizos de emergencias aumentaron
un 70% desde o ano 2000. Máis dun 25% dos atendidos tiñan menos de 14 anos.
Galicia sitúase entre os 13 e os 14 anos. O alcol pode causar danos irreversibles no cerebro
dos adolescentes afectando ao desenvolvemento da aprendizaxe, a concentración e a
memoria, entre outros.
En Galicia, as intoxicacións etílicas atendidas polos servizos de emergencias aumentaron
un 70% desde o ano 2000. Máis dun 25% dos atendidos tiñan menos de 14 anos.
Data: xoves, 12 de abril ás 20:00
Lugar: Museo do Moble e da Madeira; Avda. Benito Vigo. Concello: A Estrada
CHARLA IMPARTIDA POR:
MANUEL ISORNA FOLGARDOUTOR EN PSICOLOXÍA POLA USC
MASTER EN DROGODEPENDENCIAS.
PSICÓLOGO DA FUNDACIÓN GALLEGA CONTRA EL NARCOTRÁFICO.
PROFESOR DA UNIVERSIDADE DE VIGO
PSICÓLOGO DEPORTIVO
2 abr 2012
Contacontos solidario os venres de abril en Pontevedra
Os vindeiros 13, 20 e 27 de Abril haberá un Contacontos Solidario co fin de recadar fondos para os programas da Asociación Down Pontevedra XUNTOS. As contadas virán da man de Pavís Pavos, Andrea Bayer (Baobab teatro) e Golfiños.
A venda de entradas farase na billeteira do Café Moderno (Praza de San Xosé), o mesmo día das contadas, tendo un prezo de 8 euros cada día ou adquirindo un bono de 15 euros para os tres días. Ademais haberá fila cero no local da Asociación (R/ Rouco nº1 2º)
A venda de entradas farase na billeteira do Café Moderno (Praza de San Xosé), o mesmo día das contadas, tendo un prezo de 8 euros cada día ou adquirindo un bono de 15 euros para os tres días. Ademais haberá fila cero no local da Asociación (R/ Rouco nº1 2º)
28 mar 2012
ACTIVIDADES DO NÁUTICO COBRES EN SEMANA SANTA
A petición do Club Náutico Cobres, damos noticia das actividades que van levar a cabo durante as vacacións de Semana Santa e fins de semana do mes de abril:
20 mar 2012
Circular sobre o nº da conta bancaria e cambios na directiva.
Estimadas Familias:
Estamos a detectar problemas nos ingresos das actividades extraescolares e do comedor. Por erro, estes ingresos fanse na conta do Colexio. Pregamos, que no futuro, amosen o nº da conta bancaria da A.N.P.A. 2080-5081-95-3040003162 no momento de efectuar os ingresos.
Informamos tamén que a Consellería de Educación convocou axudas para alumnos que queiran realizar actividades de aprendizaxe de linguas estranxeiras no 2012. A convocatoria vai dirixida ao alumnado de 6º de Primaria e os catro cursos da ESO, que poderán gozar de estadías formativas en ‘vilas inglesas’ en Galicia e de actividades para a aprendizaxe do francés; e aos estudantes de bacharelato e Formación Profesional, que desenvolverán as actividades formativas en Canadá, Reino Unido, Francia e Alemaña. Prazo aberto ata o 7 de abril. Máis información en : https://www.edu.xunta.es/axudasle/
Dado que se produciron algúns cambios no organigrama da directiva da ANPA, aproveitamos tamén para informarvos dos mesmos. E recordarvos, que ante calquera alta ou baixa nas actividades extraescolares, debe ser comunicada ós delegados.
-Presidenta: Matilde Gómez Franco.
-Vicepresidenta: Mª Luísa Poceiro Camiña.
-Secretaria: Palmira Calvar Rosendo.
-Tesoureiro: Miguel Ángel Ríos.
DELEGADOS:
-Santradán: Ángeles Lago Fernández.-Curra / Ubeiras: Ramón Ogando Espantoso.
-Pousada: Ana Portela Casal.
-Nores: Mª Luisa Poceiro Camiña.
-Pazos: Rafael González Fernández.
-Cardiña: Palmira Calvar Rosendo.
-Muíño / Magarella: Clara María Fernández Casal.
-Barciela / Acuña: Matilde Gómez Franco.
-Areeiros / Vilar: José Carlos Martínez López.
…..………….......…………….......……………………………………
Nº da conta bancaria da A.N.P.A. 2080-5081-95-3040003162 |
14 mar 2012
AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2012
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca 2.495 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2012.
Poderá solicitar estas axudas o alumnado de centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma Galega, a partir de 6º de primaria
Prazo aberto dende o 6 de marzo ata o 7 de abril (incluído)
Toda a información en: https://www.edu.xunta.es/axudasle/
13 mar 2012
Teatro en Cangas: A Cincenta-A Gata Borrallenta
AXENDA CULTURAL
AUDITORIO MUNICIPAL DE CANGAS
Sábado, 17 de marzo ás 18:00horas.
EL PRODUCIÓNS ARTÍSTICAS
Presenta:CINCENTA- A GATA
Presenta:CINCENTA- A GATA
BORRALLENTA (público familiar)
Dirección e adaptación: Eisenhower Moreno
É unha adaptación libre do conto de fadas, que gaña nova vida, traendo 50 minutos de aposta en escena áxil, inspirado que usa e abusa do bo humor, da creatividade nas tiradas do texto, nos efectos sonoros e visuais , nas músicas, nas coreografías, nos 14 cambios de vestiario e na banda sonora. Os 4 actores que tamén facen a técnica se desdobran en 9 personaxes, 54 tracks de son, 150 cambios de luz, para contar esta historia que ten aínda tanta forza e de contemporaneidade.
VENDA DE LOCALIDADES
O mesmo día: Despacho de billetes do Auditorio: de 17:00 a 18:00horas.
Prezo da entrada: 5€.
O mesmo día: Despacho de billetes do Auditorio: de 17:00 a 18:00horas.
Prezo da entrada: 5€.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)











