Bases
SOLICITUDES
- Participantes
Rapaces que teñan o seu domicilio habitual no concello no que solicita a praza (certificado de empadroamento) nacidos entre os anos 1999 e 2004, ambos incluídos.
Quedarán excluídos os menores sen capacidade para desenvolver as necesidades básicas diarias así como os nenos con doenzas ou minusvalías que teñan contraindicada a súa asistencia ó campamento e o desenvolvemento normal das actividades.
- Impresos
Solicitude e folla de inscrición - Normas para cubrir os impresos
Cada neno cubrirá unha solicitude elixindo, por orde de prioridade, as quendas (da 1ª a 11ª).
Os datos do solicitante serán os do neno que opta a participar no campamento.
As solicitudes asinaranas os pais/nais ou titores dos nenos.
- Lugar de presentación das solicitudes e da documentación
As solicitudes presentaranse nos concellos colaboradores, na oficina de Información ó Cidadán da Deputación de Pontevedra ou no Centro Príncipe Felipe (oficinas).
Os que presenten a súa solicitude a través do procedemento do portelo único dos concellos ou por calquera dos medios establecidos no artigo 38 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, deberán remitir, unha vez rexistrada, unha copia por fax ó número 986 804 138.
Non se admitirán as solicitudes presentadas unicamente por fax.
- Prazos
Presentación de solicitudes: do 1 ó 30 de marzo.
Sorteo e publicación das listaxes de admitidos: do 23 ó 27 de abril.
Comunicarase o resultado dos participantes seleccionados por teléfono (desde o Concello ou a Deputación) ou por correo electrónico.
Prazo de presentación do pagamento: do 14 ó 21 de maio.
Chamada ós participantes en lista de espera: do 4 ó 8 de xuño.
ADXUDICACIÓNS
Cobertura das prazas
As prazas cubriranse mediante sorteo nas distintas quendas, asígnanse 100 prazas para nenos e outras 100 para nenas. De non existir cota suficiente para cubrilas farase a través de múltiplos de cinco, por exemplo: 90/110, 95/105…
Daráselles prioridade no sorteo ós participantes que NON obtiveron praza na campaña de verán do ano pasado e teranse en conta os solicitantes que sexan irmáns.
Reservaranse 30 prazas para os nenos do Centro Príncipe Felipe, prazas repartidas nas once quendas de campamentos. Destas prazas as que se non se cobren entrarán no sorteo.
Lista de espera
As vacantes que se produzan por renuncia da praza ofreceránselles ós solicitantes que figuren nas listas de espera correspondentes de cada concello e quenda. Teranse en conta os irmáns para a mesma quenda sempre e cando haxa vacantes suficientes; do contrario, chamaríanse para a seguinte quenda solicitada.
As vacantes que se produzan por renuncia da praza ofreceránselles ós solicitantes que figuren nas listas de espera correspondentes de cada concello e quenda. Teranse en conta os irmáns para a mesma quenda sempre e cando haxa vacantes suficientes; do contrario, chamaríanse para a seguinte quenda solicitada.
As renuncias non se incluirán na lista de espera. Contactarase cos suplentes por teléfono ou correo electrónico desde a Deputación. Unha vez aceptada a praza presentarán o pagamento nun prazo de 48 horas. En caso contrario a praza será ofertada ó seguinte da lista de espera.
DOCUMENTACIÓN PARA PRESENTAR
- Fotocopia do DNI do pai/nai ou titor
- Fotocopia do DNI do solicitante, de non o ter, libro de familia
- Fotocopia da tarxeta sanitaria do menor ou do seguro médico privado
- Certificado de empadroamento
DEVOLUCIÓN DE COTAS
Para ter dereito á devolución é necesario comunicar a renuncia á praza por escrito mediante un modelo normalizado polo menos 20 días naturais antes do inicio da quenda (excepto por motivos médicos). Aquelas solicitudes de devolución de cotas que non se presenten tal e como se reflicte anteriormente serán denegadas, independentemente da causa xustificativa que se alegue. Motivos de devolución:
Para ter dereito á devolución é necesario comunicar a renuncia á praza por escrito mediante un modelo normalizado polo menos 20 días naturais antes do inicio da quenda (excepto por motivos médicos). Aquelas solicitudes de devolución de cotas que non se presenten tal e como se reflicte anteriormente serán denegadas, independentemente da causa xustificativa que se alegue. Motivos de devolución:
- Enfermidade, accidente, …., co correspondente xustificante médico
- Admisión noutra actividade nas mesmas datas, xuntando o pagamento
INCORPORACIÓN ÓS CAMPAMENTOS
A incorporación ó campamento será por conta do interesado o día de inicio da quenda correspondente, entre as 10:00 e as 11:00 horas.
A incorporación ó campamento será por conta do interesado o día de inicio da quenda correspondente, entre as 10:00 e as 11:00 horas.
No suposto de que o participante abandone a actividade ou sexa expulsado será responsabilidade dos pais ou titores legais trasladalo de regreso ó seu domicilio, así como os gastos ocasionados.
OBRIGAS DOS ADXUDICATARIOS
- Incorporarse ó campamento e regresar polos medios e nos prazos establecidos.
- Non abandonar a actividade sen o permiso do seu responsable. En todo caso, o abandono da actividade antes da súa finalización requirirá a presenza dos pais ou titores e será responsabilidade destes o traslado ó seu domicilio, así como os gastos ocasionados.
- Respectar as normas establecidas polos equipos de animación.
- A praza é intransferible.
SORTEO
- Cota por concellos.
Prazas asignadas a cada concello en proporción da súa poboación (Datos obtidos do INE, censo do ano 2010). - Trinta prazas reservadas para os nenos do Centro Príncipe Felipe na primeira quenda.
- Prioridade no sorteo para aqueles participantes que NON obtiveron unha praza na campaña de verán do ano pasado.
Os que obtiveron unha praza e renunciaron non terán prioridade. - Teranse en conta os solicitantes que sexan irmáns (non se terá en conta outro tipo de familiares nin amigos).
- Sorteo por quendas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario