18 ene 2012

Convocada a III edición do Certame Deseña unha xoia para a túa nai

 



Por terceiro ano consecutivo, e co aval do éxito da edición do 2011, na que xa se recibiron máis de 5.000 debuxos, convocamos desde o Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia a III edición do Certame de deseño para nenos e nenas de ata 12 anos “Deseña unha Xoia para a túa nai”.

Con esta actividade pretendemos estimular a creación artística, en relación cunha profesión estreitamente vinculada ao mundo do arte, pois unha xoia, ademais de constituir un complemento capaz de reflectir un determinado contexto histórico, social, cultural ou xeográfico, é o resultado final dunha forma de expresión plástica.

Con este certame tamén queremos fomentar a creatividade e imaxinación dos máis pequenos.

Entre todos os debuxos recibidos no Colexio Oficial de Xoiaría, seleccionaranse 80 finalistas e premiaranse a 12 destes (3 por cada categoría) cun premio especial que consiste na realización do seu deseño nunha xoia feita por fabricantes galegos do Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia.


As bases completas e o díptico para debuxar están como documentos anexos a esta noticia, á vosa disposición.

Descargar bases en galego                                        Descargar díptico

16 ene 2012

TEATRO EN FAMILIA: DOMINGOS DO PRINCIPAL 2012

Lugar: Teatro Principal e Pazo da Cultura de Pontevedra
Máis información en Pazo da Cultura
   
Os abonos para a programación completa xa están esgotados, pero a partir do 19 de xaneiro iniciarase a venda das entradas soltas a un prezo de 4 euros por función. Venda de entradas anticipadas ata esgotar localidades.
  
PROGRAMACIÓN:

Xaneiro 2012

Domingos do Principal: "FÍOS" DE BAOBAB TEATRO

Domingo 22, 12:00h

Teatro PrincipalTíteres

Domingos do Principal: "TAN GRAM" de TOC DE RETRUC

Domingo 29, 12:00h

Teatro PrincipalDanza

Febreiro 2012

Domingos do Principal: "MENSAXE SEN BOTELLA" de CARAMUXO TEATRO

Domingo 5, 12:00h

Teatro PrincipalTeatro

Domingos do Principal: "VALADOS" de ARTESTUDIO

Domingo 12, 12:00h

Teatro PrincipalTeatro

Domingos do Principal: "ZOO" de YLLANA

Domingo 26, 12:00h

Pazo da CulturaHumor xestual

Marzo 2012

Domingos do Principal: "EL DESTINO DE SIMÓN" de Pata Teatro

Domingo 4, 12:00h

Teatro PrincipalEspectáculo musical

Domingos do Principal: "EBOOK" de SPASMO TEATRO

Domingo 11, 12:00h

Teatro PrincipalHumor xestual

Domingos do Principal: "CARTA URXENTE PARA MÁXIMO TOXO" de Talia Teatro

Domingo 18, 12:00h

Teatro PrincipalAcrobacias

Domingos do Principal: "NANA PARA UN SOLDADO" de Ghazafelhos

Domingo 25, 12:00h

Teatro PrincipalTeatro

 

2 dic 2011

CULTURGAL 2011 en Pontevedra esta fin de semana

CULTURGAL 2011: FEIRA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS
 
2-3-4 de decembro de 11 a 14h30 e de 16h30 a 21h30

Lugar: Pazo da Cultura de Pontevedra
Prezo: Acceso gratuíto
Máis información en http://culturgal.com/
Esta fin de semana celébrase no Pazo da Cultura a cuarta edición
de Culturgal, a Feira das Industrias Culturais. Do venres ao domingo, 
en horario de 11h a 14h30 e de 16h30 a 21h30, poderedes escoller 
entre máis de 24 actuacións musicais en directo, máis de 20 obras de 
teatro, máis de 30 actividades relacionadas co mundo do libro, múltiples 
presentacións de proxectos tecnolóxicos e as primeiras imaxes das 
propostas audiovisuais que pronto chegarán aos cines galegos. 
Serán tres días intensos,cheos de propostas para todos os gustos, 
sen un momento libre para o aburrimento... especialmente, 
para os máis pequenos da casa. Contacontos,
representacións teatrais, lecturas dramatizadas, monicreques, música,
un rol en vivo, obradoiros e unha actuación de Mamá Cabra o domingo 
pola mañá no Auditorio do Pazo convertirán Culturgal na cita anual 
favorita de todos nenose nenas da cidade. Non volo podedes perder.
Consultade o programa (en pdf ou na web)

3 oct 2011

Concentración por un ensino público de calidade

 LUNS 3 DE OUTUBRO ÁS 20:OO HORAS NA PRAZA DA PEREGRINA.

A XUNTA DIRECTIVA DE FANPA-PONTEVEDRA ENTENDE QUE ESE LEMA É O PRINCIPAL DOS NOSOS OBXECTIVOS, RAZÓN POLA CAL DEBEMOS SUMARNOS A ESA CONCENTRACIÓN, PARA FACER CHEGAR A NOSA PREOCUPACIÓN E SENTIR.

GUSTARÍANOS FACER CHEGAR DÚAS FRASES QUE DEFINAN O QUE BUSCAMOS PARA A EDUCACIÓN DOS NOS@S FILL@S

QUEREMOS QUE O ENSINO PÚBLICO GARANTA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES NA SOCIEDADE PARA AS NOSAS FILLAS E FILLOS.


O MAIOR AFORRO CONSÉGUESE CUNHA MAIOR INVERSIÓN EN EDUCACIÓN


DENDE A FANPA APOIAMOS A ASISTENCIA A ESTA CONCENTRACIÓN.

http://www.nontedurmas.org/familias/article/concentracion-por-un-ensino

23 sept 2011

I Xornada de Sensibilización sobre especies exóticas invasoras no Concello de Vilaboa.


Será o sábado 24 de setembro a partir das 5 da tarde no centro cultural da Lagoa de As Lapas en Paredes. A xornada consistirá nunha charla impartida por Laura Capdevila (GEIB), actividades na lagoa e a proxección do documental "Los Invasores" de Luis Miguel Domínguez.

Trátase dunha actividade de educación ambiental que seguro resultará interesante para toda a familia, xa que haberá tamén un obradoiro de fabricación de trampas recicladas para pescar caranguexos americanos.

Aquí van unhas indicacións para chegar á lagoa:Indo pola N-550 dirección Vigo, uns 50 m. antes da gasolineira de BP de Paredes, hai un cruzamento á esquerda. Hai que subir por esa estrada e virar á esquerda de novo no seguinte. Despois chégase a unha chaira onde hai outro cruzamento e tómase o da dereita. 100 metros máis arriba está a lagoa.

9 jun 2011

Falando sobre sexualidade en familia

Federación de ANPA de Pontevedra: 
Charla sobre sexualidade, o vindeiro 10 de xuño no Centro Cultural Caixanova, ás 20:30 hras.
 
Impartido por Julio Carmona (formado para esta charla por CEAPA)
 
Sesión de 1 hora y media dirixida dende pais e nais a pais e nais. Propón achegarnos a unha idea grande de sexualidade e que como pais e nais sexamos capaces de xogar o noso papel: como falar de sexualidade, qué contarlles, como actuar ante algunhas situacións que parecen incómodas, todo ilo coa opinión e as preocupacións dos pais e nais asistentes.
A través da sesión, poderá verse como pais e nais, ou como persoas adultas con nenos ou nenas ao cargo, podemos sentirnos absolutamente capaces de facer educación sexual de calidade desde o principio, desde que nace o bebé, compartindo a responsabilidade con outros axentes sociais. Contemplaremos como abordar a sexualidade nas diferentes etapas evolutivas, na súa dimensión sexual, afectiva e social e cos significados que leva, como enfrontarse ás preguntas mantendo a coherencia, como analizar os modelos de beleza, como previr o VIH SIDA e outras moitas cousas máis.


Inscrición: por correo electrónico en info@nontedurmas.org ou por teléfono no 986 843 412
Prazas:20 persoas, se houbese máis demanda podemos contemplar dar outra charla.

6 jun 2011

ENCONTRO FAMILIA - ESCOLA

Os departamentos de orientación do CEP de Riomaior –CRA de Vilaboa e CPI do Toural, invitan ás familias do noso alumnado de educación infantil e primaria, ó II Encontro de educadoras/es.
Como acordamos na xuntanza anterior, o tema será  “Como mellorar o comportamento dos nosos fillos e fillas e fomentar a autorregulación. Límites, normas e consecuencias ”. Nesta ocasión contaremos tamén coa colaboración da educadora familiar do Concello Beni Crespo.
Esta xuntanza, na que esperamos contar coa vosa asistencia, terá lugar o vindeiro xoves día  9 de xuño ás 10:00 horas da mañá no local de Protección Civil do Toural .
Mª Luz Lorenzo, Orientadora do CEP de Riomaior
Cristina González, Orientadora do CPI  Toural e CRA de Vilaboa