23 may 2014

FESTIVAL DE TÍTERES REDONDELA. XV EDICIÓN

 
O Festival Internacional de Títeres de Redondela presenta a súa XV edición enchendo as rúas da vila de títeres, músicos e artistas de todo o mundo. O evento, organizado pola Asociación Xente Titiriteira coa  participación da Concellería de Cultura do Concello de Redondela, mantén a vocación internacional do festival presentando nesta ocasión  traballos e espectáculos de compañías profesionais de Rusia, Portugal, Ecuador,  Francia, Chile, Italia, Cataluña, Madrid e Galicia, entre outros lugares. Ademáis, nesta ocasión rendirán homenaxe a Juanjo Amoedo, promotor orixinal do festival e falecido fai uns anos.
 

22 may 2014

REPRESENTACIÓN TEATRAL A CARGO DE NENOS E NENAS DA ACTIVIDADE DE TEATRO

Este Domingo 25 de Maio, as nenas e nenos  da actividade de teatro tanto do CRA, como do CEP Riomaior, representarán as súas respectivas obras dirixidas por Tamara Campos.