A petición do Club Náutico Cobres, damos noticia das actividades que van levar a cabo durante as vacacións de Semana Santa e fins de semana do mes de abril:
28 mar 2012
20 mar 2012
Circular sobre o nº da conta bancaria e cambios na directiva.
Estimadas Familias:
Estamos a detectar problemas nos ingresos das actividades extraescolares e do comedor. Por erro, estes ingresos fanse na conta do Colexio. Pregamos, que no futuro, amosen o nº da conta bancaria da A.N.P.A. 2080-5081-95-3040003162 no momento de efectuar os ingresos.
Informamos tamén que a Consellería de Educación convocou axudas para alumnos que queiran realizar actividades de aprendizaxe de linguas estranxeiras no 2012. A convocatoria vai dirixida ao alumnado de 6º de Primaria e os catro cursos da ESO, que poderán gozar de estadías formativas en ‘vilas inglesas’ en Galicia e de actividades para a aprendizaxe do francés; e aos estudantes de bacharelato e Formación Profesional, que desenvolverán as actividades formativas en Canadá, Reino Unido, Francia e Alemaña. Prazo aberto ata o 7 de abril. Máis información en : https://www.edu.xunta.es/axudasle/
Dado que se produciron algúns cambios no organigrama da directiva da ANPA, aproveitamos tamén para informarvos dos mesmos. E recordarvos, que ante calquera alta ou baixa nas actividades extraescolares, debe ser comunicada ós delegados.
-Presidenta: Matilde Gómez Franco.
-Vicepresidenta: Mª Luísa Poceiro Camiña.
-Secretaria: Palmira Calvar Rosendo.
-Tesoureiro: Miguel Ángel Ríos.
DELEGADOS:
-Santradán: Ángeles Lago Fernández.-Curra / Ubeiras: Ramón Ogando Espantoso.
-Pousada: Ana Portela Casal.
-Nores: Mª Luisa Poceiro Camiña.
-Pazos: Rafael González Fernández.
-Cardiña: Palmira Calvar Rosendo.
-Muíño / Magarella: Clara María Fernández Casal.
-Barciela / Acuña: Matilde Gómez Franco.
-Areeiros / Vilar: José Carlos Martínez López.
…..………….......…………….......……………………………………
Nº da conta bancaria da A.N.P.A. 2080-5081-95-3040003162 |
14 mar 2012
AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2012
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca 2.495 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2012.
Poderá solicitar estas axudas o alumnado de centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma Galega, a partir de 6º de primaria
Prazo aberto dende o 6 de marzo ata o 7 de abril (incluído)
Toda a información en: https://www.edu.xunta.es/axudasle/
13 mar 2012
Teatro en Cangas: A Cincenta-A Gata Borrallenta
AXENDA CULTURAL
AUDITORIO MUNICIPAL DE CANGAS
Sábado, 17 de marzo ás 18:00horas.
EL PRODUCIÓNS ARTÍSTICAS
Presenta:CINCENTA- A GATA
Presenta:CINCENTA- A GATA
BORRALLENTA (público familiar)
Dirección e adaptación: Eisenhower Moreno
É unha adaptación libre do conto de fadas, que gaña nova vida, traendo 50 minutos de aposta en escena áxil, inspirado que usa e abusa do bo humor, da creatividade nas tiradas do texto, nos efectos sonoros e visuais , nas músicas, nas coreografías, nos 14 cambios de vestiario e na banda sonora. Os 4 actores que tamén facen a técnica se desdobran en 9 personaxes, 54 tracks de son, 150 cambios de luz, para contar esta historia que ten aínda tanta forza e de contemporaneidade.
VENDA DE LOCALIDADES
O mesmo día: Despacho de billetes do Auditorio: de 17:00 a 18:00horas.
Prezo da entrada: 5€.
O mesmo día: Despacho de billetes do Auditorio: de 17:00 a 18:00horas.
Prezo da entrada: 5€.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)