26 oct 2013
25 oct 2013
23 oct 2013
COMUNICADO DA ANPA DE RIOMAIOR APOIANDO A XORNADA DE FOLGA DO DÍA 24
A ANPA DO CEP de Riomaior apoia a folga de profesores, alumn@s, pais e nais convocada
para o xoves 24 de outubro porque
estamos en CONTRA
Ø dos recortes en educación
o que supón aumento das ratio nas aula, a non
substitución do profesorado na aula ata despois de 14 días ou aumento da carga
lectiva do profesorado entre outras
iniciativas. Accións que levan ó desmantelamento
da educación pública para beneficio da iniciativa privada (destinan grandes
partidas para subvencionar a educación primaria, secundaria e agora tamén o bacharelato
dos centros concertados e adican solo público para construción de centros
privados).
Ø
da
redución de axudas ao alumnado e ás familias.
Ø Da lei Wert
·
Porque non foi consensuada coas comunidades
educativas.
·
Porque supón unha contrarreforma, ó noso parecer,
ideolóxica,
-xa
que vai financiar a centros que discriminan en función do sexo (algo que estáa suceder en centros de ideoloxía
relixiosa ultraconservadora).
-
Vai aumentar a carga lectiva da materia de relixión e a súa importancia.
-Eliminan
na súa totalidade materias como
Educación para a Cidadanía ou Ciencias do mundo contemporáneo ou
parcialmente a música, tecnoloxía na ESO.
·
Resta
valor e funcións ó Consello Escolar.
·
Porque
infravalora o traballo do profesorado, sometendo ós alumn@s a probas externas que serán realizadas por empresas
privadas, sen ter en conta a avaliación
do alum@ por parte dos profesores que lle impartiron as materias ó longo do
curso.
POLO ARRIBA EXPOSTO, ANIMÁMOSVOS A QUE PARTICIPEDES
NESTA XORNADA REIVINDICATIVA E ASISTADES AS CONCENTRACIÓNS PREVISTAS.
22 oct 2013
21 oct 2013
Audicións de música clásica comentada no Museo de Pontevedra
I Concurso de relatos breves "Cooperación en 100 palabras"
Medicus Mundi CV Castellón lanza o I Concurso de Relatos
Breves "Cooperación en 100 palabras", aberto a toda a sociedade co fin de que
as persoas participantes mostren os seus dotes creativos á vez que acheguen o
mundo da cooperación a outras persoas da nosa contorna.
Poderán participar tódalas persoas con afinidade cara á
temática da cooperación internacional.
Os relatos deben
ser inéditos e non superar as 100 palabras.
• Categorías:
– Infantil: ata os 16 anos inclusive.
– Xeral: A partir dos 16 anos.
• Prazo de presentación: antes
do 1 de novembro de 2013.
Máis información: https://www.medicusmundi.es/ index.php/castellon
9 oct 2013
Exposición en Pontevedra: "Neolítico. De nómadas a sedentarios"
Pontevedra retrocede 13.000 anos para coñecer como o home pasou a ser urbanita
Dende o martes pasado os visitantes que se acheguen ata a carpa situada na Praza de España poden internarse no período neolítico a través dunha exposición que reproduce a evolución do home dende que era nómade (hai 13.000 anos) ata a época na que se converteu en sedentario (hai 5.000).
Desta forma, a exposición que promove a Obra Social 'la Caixa' en colaboración co Concello de Pontevedra, comisariada por Lluís Batista, a través de paneis e pezas recrean as distintas épocas que recollen a desaparición dos últimos cazadores, as primeiras prácticas agrícolas, a domesticación animal para a gandaría, o uso da cerámica e o desenvolvemento da escritura.
A exposición pode visitarse na carpa situada na Praza de España en horario de 12:30 a 14 h. e de 17 a 21 h. de luns a venres e de 11 a 14 h. e de 17 a 21 h. as fins de semana e festivos. Esta mostra permanecerá aberta ata o 1 de novembro e a entrada é gratuíta.
Máis información, folletos e audioguía:

http://obrasocial.lacaixa.es/ambitos/exposiciones/neolitico2_es.html
3 oct 2013
PROGRAMACIÓN CULTURAL DE OUTONO de Redondela
Xa se pode consultar a PROGRAMACIÓN CULTURAL DE OUTONO de Redondela
http:// www.redondela-server.net/ web/images/stories/banners/ 2013/ programacion_cultural_redon dela_outono2013.pdf
http://
FAIPONTING: Xornada de actividades e picnic
Horario
11:00
11:00
Categorías
Arte , Danza , Música , Nenos , Outros , Plástica
Arte , Danza , Música , Nenos , Outros , Plástica
Descargas
Folleto
Inscrición Obradoiro Detectives
Inscrición Obradoiro "Voando Libres"
Inscrición Roteiro
Folleto
Inscrición Obradoiro Detectives
Inscrición Obradoiro "Voando Libres"
Inscrición Roteiro
A segunda edición do proxecto Faiponting terá lugar o domingo 6 de
outubro ao longo de toda a xornada. Con diferentes actividades para
público en xeral, familiar e infantil, pretendemos dar a coñecer en
profundidade os espazos Pazo da Cultura e Illa do Covo, convidado a
cruzar as pontes cara a outra beira do río.
Unha nova oportunidade de asistira aos roteiros guiados, participar en familia de obraodiros de toda clase, concertos e moitas máis actividades, algunha delas tan sorprendente coma un concerto para cans.
Podedes atopar toda a información no programa descargable. Alguna das actividades requiren inscrición previa, podedes descargalas tamén e entregalas nas oficinas do Pazo a partir do luns 30 en horario de 8:30 a 14:40.

2 oct 2013
Obradoiro creativo de “Manga” na Biblioteca Pública de Pontevedra
a
cargo de David Prieto Seijo “GoChi”
Outras actividades de outubro na Biblioteca Pública de Pontevedra:
http://bibliotecapontevedra.blogspot.com.es/2013/09/programacion-actividades-octubro-2013.html
Sinopse:
Obradoiro de
iniciación ao Manga (Banda Deseñada Xaponesa) para mozos@mozas a partir de 12 anos, organizado pola
Asociación Galega especializada en Banda Deseñada “Cerditos de Guinea Cómics”
Hora: De 18:00 a 20:00
Lugar: Sala de obradoiros
Público destinatario: Mozos@Mozas a partir de 12 anos
Con inscripción previa, a partir do 23 de setembro no correo electrónico: biblio.publica.pontevedra@xunta.es, no teléfono 986 85 08 38 ou na biblioteca, 3ª planta, de 9 a 14 h. (20 prazas)

Anímate: aínda quedan prazas!
Outras actividades de outubro na Biblioteca Pública de Pontevedra:
http://bibliotecapontevedra.blogspot.com.es/2013/09/programacion-actividades-octubro-2013.html
Suscribirse a:
Entradas (Atom)