16 nov 2014

Obradoiro no Museo Massó. Mensaxe nunha botella

O Museo Massó de Bueu, ven a ofertar uns obradoiros dirixidos a nen@s  co fin de concienciar sobre a importancia do mar e a súa conservación.  A través da Anpa, temos a posibilidade de que os nen@s fagan estes obradoiros de balde o domingo, 23 de novembro ás 12:00 h, polo que si estades interesados, podedes devolver cuberta a nota entregada no colexio ou contactar con algún membro da Anpa. A duración será de entre una hora e hora e media. Dado que os talleres teñen un número limitado de asistentes ( 50 nen@s ),  teremos en conta a orde de inscripción.


Queremos informar que a Anpa  soamente fará a xestión, pero que non xestionará o transporte ata o Museo nin se responsabilizará do acompañamento dos nenos durante o obradoiro.

O Obradoiro recomendado polo Museo para nenos de entre 6 e 12 anos é MENSAXE NUNHA BOTELLA.


Neste obradoiro as mensaxes dentro das botellas agochadas polas salas do Museo revelarán aos participantes a importancia que teñen os océanos para o noso planeta. Médiente un xogo deberán completar unhas tarxetas que aportaran as pistas para atopar as mensaxes dentro das botellas que estarán agochadas nas salas do museo. Finalmente cada participante escribirá unha mensaxe con un bo desexo para os océanos e todas as mensaxes se meteran nunha botella común

10 nov 2014

Taller infantil na Biblioteca de Pontevedra: Arte nos libros: Van Gogh!

Arte nos libros: Van Gogh!" a cargo de Crearte Servizos Culturais

 Venres 21 de novembro de 18:00h a 19:15h

Sinopse: Imaxes artísticas, lecturas e pequenas actividades plásticas conforman este divertido  obradoiro no que os rapaces reflexionan e dialogan a partir de imaxes artísticas e textos literarios, estimula a creatividade e establece conexión entre artes visuais, literatura, historia e ciencia.

Público destinatario: Nen@s de 6 a 11 anos.

Lugar: Sala de obradoiros

Hora: De 18:00 a 19:15

Con inscrición previa a partir do luns 10 de novembro, no enderezo electrónico: biblio.publica.pontevedra@xunta.es, no telf.: 986 850 838 ou na 4ª planta de 9 a 14h.

2 nov 2014

MENÚS NOVEMBRO 2014

MENÚ BASAL
                                                                                                                       

DÍA

1º PRATO

2º PRATO

SOBREMESA

SUXERENCIAS CEA
3
Sopa de brócoli, cenoria e patacas
Polo con améndoas e patacas

Lacteo
Crema de cabaza/ Carne ó caldeiro/ Froita
4
Tortilla de pataca e cabaciño
Tallaríns con champiñóns

Froita de Temporada
Pasta c/ xamón e verduras/ Froita
5
Acelgas con allada e chourizo
Atún ao forno con pataca cocida

Lacteo
Ensalada de arroz c/ atun/ Iogur
6
Minestra de verduras
Albóndegas guisadas con pataca

Froita de Temporada
Verduras á prancha/ Pescado ó forno/ Froita
7
Pizza
Filete de bacallau ao forno con arroz branco

Lacteo
Berenxena ó forno/ Pasta c/ tomate/ Iogur
10
Sopa de pasta
Churrasco con patacas

Lacteo
Coliflor rebozada/Ternera asada/ Iogurt
11
Mexillóns en salsa vinagreta
Arroz con carne

Froita de Temporada
Ensalada/ Rapante con patacas/ Froita
12
Empanada galega de bonito
Filete de pescada con patacas e ensalada

Lacteo
Ensalada de tomate, atún e queixo/ Iogurt
13

Lentellas guisadas
Espaguetes boloñesa

Froita de Temporada
Sandwich vexetal con xamón e queixo/ Froita
14
Tortilla de pataca
Croquetas con ensalada

Lacteo
Arroz con carne e verduras/ Iogur
17
Crema de garbanzos e acelgas
Lasaña

Lacteo
Hamburguesa c/ ensalada/ Iogur
18
Crema de cenoria, porro e pataca
Polo con patacas

Froita de Temporada
Tomate ó forno/ Peixe romana c/ patacas/ Froita
19
Sopa xuliana con pasta
Filete de abadexo con salsa de champiñóns

Lacteo
Pisto de verduras/ Polo á prancha/ Iogur
20
Minestra de verduras
Albóndegas guisadas con arroz

Froita de Temporada
Ensalada de tomate e atún
Tortilla de espárragos/ Froita
21
Macarróns con tomate
Luras á romana con ensalada

Lacteo
Crema de cabaza/ Carne ó caldeiro/ Iogur
24
Crema de verduras
Lomo de porco a laranxa con patacas

Lacteo
Salteado de espinacas c/ gambas/ Tortilla francesa/ Froita
25
Sopa xuliana
Peituga de pavo c/ champiñons

Froita de Temporada
Ensalada mixta/ Lomo á prancha/ Iogur
26
Ensalada de verduras
Filete de pescada á mariñeira

Lacteo
Brécol c/ pataca e ovo cocido/ Iogur
27
Grelos con allada e chourizo
Arroz con Carne

Froita de Temporada
Ensalada de tomate/ Varitas de peixe/ Iogur
28
Crema de verduras
Fideos c/ sepia

Lacteo
Xudías c/ xamón/ Croquetas/ Froita