17 mar 2011

AXUDA PARA TRAMITAR BOLSAS INGLÉS


Estimadas familias:
Dende FANPA-PONTEVEDRA queremos axudarvos coas tramitacións das bolsas publicadas no BOE  o 28/022011, na Orde EDU/404/2011, de 17 de febreiro, pola que se convocan axudas para cursos de lingua inglesa, durante o verán de 2011, destinadas a mozos/as de entre 16 e 30 anos.
De novo, o Ministerio de Educación español concede as BOLSAS MEC idiomas, axudas para a estadía e realización de cursos para perfeccionar o coñecemento de idiomas, a condición de que o estudante cumpra cunha serie de requisitos. O curso realizarase no estranxeiro e terá, polo menos, tres semanas de duración entre o 1 de xullo e o 30 de novembro de 2011. O curso deberá comprender como mínimo 15 horas semanais..
É un servizo de balde para todas as nosas familias, unha das empresas coas que traballamos ofrécese para tramitarvos a beca e todo o relacionado cos cursos, esta tramitación non tería custo ningún para vós e non vos compromete a nada.
Podedes facer todas as consultas que precisedes no seguinte enderezo de mail:
cursosmec2011@gmail.com
DESTINATARIOS DA BOLSA
Mozos/as de España de entre 16 e 30 anos que cumpran os seguintes REQUISITOS:
ñ  Nacidos entre o 1 de xaneiro de 1981 e o 31 de decembro de 1993, bolseiros polo Ministerio de Educación (España) no curso 2009-2010 para estudantes de bacharelato e Formación Profesional.
ñ  Nacidos entre o 1 de xaneiro e 31 de decembro de 1994, que obtivesen a condición de bolseiro para cursar estudos de Bacharelato ou de ensinos profesionais de música e danza, de Grao Medio de Formación Profesional, de Artes Plásticas e Deseño, de Ensinos Deportivos e de Idiomas no curso 2010/2011
ñ  Ter un número de orde (renda per-cápita familiar que lle sitúe dentro do total de axudas a conceder).
   DOTACIÓN
A dotación varía en función do Pais.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: O prazo de presentación de solicitudes será do 14 ao 21 de marzo, ambos incluídos, xa que o prazo remata o 30 de marzo. Os/as interesados/as deberán remitir un correo electrónico con Nome, Apelidos, DNI do alumno/a e un teléfono de contacto á dirección de correo electrónico cursosmec2011@gmail.com.Estaremos a disposición de todas aquelas persoas que desexen ampliar información ou resolver dúbidas o próximo 21 de marzo en horario de 10:00 a 13:30 na sede de FANPA-PONTEVEDRA.

16 mar 2011

AXUDAS ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2011

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2011
NOTA INFORMATIVA DO 11 DE MARZO
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convoca 3.730 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2011.
Poderá solicitar estas axudas o alumnado de centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma Galega dos cursos que aparecen na seguinte táboa.
 Prazo aberto dende o 12 de marzo ata o 12 de abril (non incluído)
 
CONSULTAS
Web da convocatoria: http://www.edu.xunta.es/axudasle
Enderezo electrónico: axudasle@edu.xunta.es
Atención telefónica: 981957296 - 981546544 – 881997497 - 981597538 – 981546503

CAMPAMENTOS VERÁN 2011

 

Campamentos verán 2011

SOLICITUDES

IDADES
Os participantes deben ter a idade requirida para o campamento que se solicita. En canto as idades mínima e máxima para poder participar na Campaña de Verán 2011, cómpre destacar:
  • Os nacidos no ano 1993 non poderán cumprir 18 anos antes da finalización do campamento.
  • Os nacidos no ano 2002 deberán ter cumpridos 9 anos ao inicio do campamento.
  • O incumprimento destas normas dará lugar a inadmisión da solicitude.
TIPOS DE SOLICITUDES
  • Individual
  • Múltiple (para o suposto de 2, 3 e ata 4 irmáns que pidan a mesma instalación e quenda e cumpran os requisitos de idade esixidos).
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
  • Vía escrita (utilizando o modelo oficial Anexo II A no caso de solicitude individual Anexo II B se a solicitude e múltiple). Poñer un enlace para poder despregar estes anexos.
  • Vía telemática. Os solicitantes deberán posuír un certificado dixital baixo a norma X.509.V3 expedido pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre, Real Casa da Moneda.
Poderá accederse a esta vía de presentación a través da aplicación informática establecida no enderezo da internet: http://www.xunta.es/servizos
Máis información

ESTADÍAS DE TEMPO LIBRE PARA MULLERES SOAS CON RESPONSABILIDADES FAMILIARES NON COMPARTIDAS

ESTADÍAS DE TEMPO LIBRE PARA MULLERES SOAS CON
RESPONSABILIDADES FAMILIARES NON COMPARTIDAS
(Resolución do 25 de febreiro. DOG 50 do 12 de marzo de 2011)

http://www.xunta.es/dog/Dog2011.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/e8aefb61
1a991b7dc1257850005e69c8/$FILE/05000D002P004.PDF

OBXECTO
Concesión de prazas en réxime de concorrencia competitiva, para a
participación no programa de estadías de tempo libre para mulleres soas con
responsabilidades familiares non compartidas.
A finalidade é facilitarlles ás mulleres que teñan fillos/as menores
exclusivamente ao seu cargo un espazo e un tempo desligado da súa situación
habitual e no cal poidan intercambiar experiencias a través da convivencia nun
espazo de lecer.
Convócanse ata un máximo de 95 prazas. As estadías teñen unha duración de
entre sete e dez días, en réxime de pensión completa, preferentemente entre
finais de xuño e principios de xullo. Os gastos de aloxamento, manutención,
monitoras e transporte serán gratuítos para as beneficiarias.

REQUISITOS
- Ter fillas/os exclusivamente ao seu cargo con idades comprendidas entre os
2 e os 12 anos.
- Estar domiciliadas en Galicia e, no caso de estranxeiras, ter permiso de
residencia ou tarxeta de réxime comunitario, segundo o caso.
- Dispoñer dunha renda que, tendo en conta todos os ingresos do conxunto
da unidade familiar, dividida polo número de membros que a compoñen,
non supere o SMI (641,40 €/mes).
-Non padecer nin ela nin as/os fillas/os unha enfermidade que requira
illamento e/ou que impida a normal convivencia.

DOCUMENTACIÓN
- Modelo normalizado (anexo I).
- Copia cotexada do libro de familia, informe social, sentenza xudicial de
custodia ou calquera outro documento acreditativo das fillas/os a cargo.
-No caso de estranxeiras, copia cotexada da tarxeta de residencia ou da de
réxime comunitario.
- No caso de discapacidade da solicitante ou dos/as fillos/as, copia cotexada
do certificado correspondente.
- Copia cotexada da declaración do imposto da renda, no caso de non a ter
realizado por non ter obriga de presentala así como no suposto de que as
circunstancias sexan distintas no momento da solicitude, declaración
responsable da situación económica xunto coa documentación que a
xustifique (anexo II).
- De ser o caso, informe do centro de acollemento que acredite que a
solicitante está a residir nel.
- A situación de violencia de xénero, de ser o caso, acreditarase.
- Para xustificar a situación de desemprego, copia cotexada da tarxeta de
demandante de emprego.
- Declaración responsable do aproveitamento do programa (anexo III).
- Informe médico orixinal do SERGAS en que conste que non se padece
enfermidade que requira illamento e/ou impida a normal convivencia.

LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
As solicitudes presentaranse no rexistro da Secretaría Xeral da Igualdade, de
presentalas noutro rexistro da Xunta de Galicia deberá enviarse unha copia da
solicitude por fax ao número 981 54 19 19 antes da data de remate do prazo de
presentación de solicitudes.
O prazo rematará o 13 de abril de 2011.

1 mar 2011

Exposición “VIGO S. XIX. O NACEMENTO DUNHA CIDADE”

Queremos convidarvos a participar na exposición "VIGO, SÉCULO XIX. O NACEMENTO DUNHA CIDADE", aberta ao público dende o venres 25 de febreiro no primeiro andar do Pazo de Castrelos.

Esta mostra, que achega por vez primeira á cidadanía o século no que se puxeron as bases do desenvolvemento da actual cidade de Vigo, conta cun programa didáctico de historia local, dirixido tanto a público en xeral coma a escolares.

Unha explicación máis ampla do programa, e os seus horarios, figuran no arquivo adxunto.

Pode obter máis información contactando co SAVES do Museo da Cidade no correo electrónico saves.museocastrelos@vigo.org
; ou no seu teléfono 986 295070 / 986 205075 de martes a venres entre 11 e 14 horas.