14 dic 2012

O ILUSTRADOR PABLO OTERO IMPARTIRÁ HOXE, 14 DE DECEMBRO, UN OBRADOIRO INFANTIL BASEADO NO LIBRO “A COCIÑA DE TOTO MURUBE”

Libros para Soñar acollerá este Nadal un taller creativo denominado “Supercidades” que consistirá na elaboración dunha proposta urbanística imaxinativa baseada no punto de vista da infancia O ilustrador Pablo Otero (Ourense, 1970) será o protagonista da actividade infantil programada para hoxe venres, 14 de decembro, en LIBROS PARA SOÑAR, a partir das 18:30 horas. A partir do libro “A cociña de Toto Murube”, con textos de José Antonio Ramírez Lozano e ilustracións do propio Pablo Otero, os nenos e nenas participarán nun obradoiro de plástica creativa no que poderán elaborar unha gorentosa merenda “alfabético-plástica”.
Utilizando materiais de reciclaxe -cartóns, envoltorios de cores, anacos de envases, retais de tela...-os asistentes “cociñarán” as súas propias receitas, inspirándose nas propostas imaxinativas do personaxe do libro: empanada de adiviñas con recheo de cursivas, sandwiches de maiúsculas da ría, croquetas de aturuxos... As ilustracións de “A cociña de Toto Murube” estarán expostas este mes en LIBROS PARA SOÑAR.
 

“SUPERCIDADES” NO NADAL
Por outra banda, Vigo vai recibir na semana do Nadal a uns arquitectos, urbanistas e obreiros moi especiais. Do 26 ao 29 de decembro, de 10:30 a 13:00 horas, Pablo Otero impartirá un obradoiro de creación plástica para nenos e nenas a partir de 6 anos. “Supercidades” consistirá no deseño e produción dunha cidade en miniatura, tal e como lles gustaría que fose o lugar no que viven. Os traballos que resulten desta actividade lúdica van quedar expostos na libraría.
Parques, granxas, edificios, coches, xardíns, rúas e estacións nas que non faltará un toque de
imaxinación, serán os elementos sobre os que se construirá a “Supercidade” de LIBROS PARA SOÑAR. Despois de familiarizarse co concepto de escala humana e cos planos, os participantes comezarán a modelar e pintar as instalacións que elaboren artesanalmente.
A proposta de Pablo Otero trata de desenvolver a imaxinación e a creatividade dos rapaces durante o tempo de lecer, polo que -do resultado do traballo do grupo- xurdirá unha cidade máis aló do real.
Ademais de desenvolver unha actividade manual e de destreza plástica, a participación nesta
proposta leva acompañada unha reflexión sobre o espazo vital no que reside a poboación infantil, para que poidan achegar a súa visión crítica como cidadáns e definir a relación emocional que teñen con respecto ás rúas, ós parques ou ós barrios aos que está asociada a súa vivencia cotiá.
Pablo Otero é un artista plástico Cunha ampla traxectoria multidisciplinar. Ilustrou libros infantís
como “Contos por teléfono” (Premio Isaac Díaz Pardo-AGE 2011), “A cociña de Toto Murube”, “O príncipe das sombras” ou “ABC diario”, da colección ‘Alfabetos’ de KALANDRAKA. Tamén imparte obradoiros de creación para escolares.


LIBROS PARA SOÑAR: Triunfo, 1. Vigo | 986 43 37 68 | lps@kalandraka.com

6 dic 2012

A PALABRA CANTADA: UXÍA SENLLE NA CASA DOS MONTES. VENRES 7 DE DECEMBRO ÁS 20:30



A PALABRA CANTADA, POR UXÍA
(Charla ilustrada con música 'ao vivo')
Aproximación moi persoal á historia da música galega partindo da miña propia experiencia musical en conexión permanente con outras culturas. Todo ilustrado e aderezado con música cantada en directo, gravacións en audio ou vídeo con momentos importantes na miña traxectoria.
Acompáñame, como nos meus concertos, o brasileiro Sérgio Tannus, multi-instrumentista virtuoso, compositor e produtor que tamén nos contará a súa experiencia como músico e arranxista. Esta charla é un percorrido pola miña biografía explicando como comecei e ligando cada episodio vivido coa historia recente da música popular galega. De Voces Ceibes á actualidade.

28 nov 2012

Comeza o Culturgal


Lembramos que esta fin de semana comeza a Feira das Industrias Culturais (Culturgal). As diferentes actividades terán lugar os días 30 de novembro, e 1 e 2 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Podedes consultar o programa completo na web:
 http://culturgal.com/programa_feira_2012.php

11 nov 2012

A Biblioteca Pública de Pontevedra Organiza un obradoiro para realizar contos infantís ilustrados
Lugar: Sala de obradoiros
Público destinatario: nenos/as  a partir de 8 anos.
Incrición a partir do 12 de novembro
No teléfono :986 85 08
Ou na Biblioteca,  3ª planta, en horario de 09:00 a 14:00 h.
 
* Ás actividades da Biblioteca veñen,  as veces,  os  medios de comunicación. Se non quere que saia o  seu fillo,  por favor fágao saber aos responsables da actividade.

PÓLIZA DE ACCIDENTES EN ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E COMEDOR

Achegamos copia da póliza do seguro de accidentes durante as actividades extraescolares ou no tempo do comedor:

https://docs.google.com/open?id=0BwvMiLC69BE8d2t1RjJ1bkprVUE

8 nov 2012

Programacion 9-11 de novembro Pazo da Cultura de Pontevedra


Concerto fin de xira
"Atlántico" de Xoel López
Venres 9 de novembro ás 21:30 horas
Lugar: Pazo da Cultura
Prezo: 15 eur + gastos
Máis información en www.pazodacultura.org e Facebook 

Xoel chega a Pontevedra co seu novo traballo "Atlántico", duodécimo na súa carreira musical pero o primeiro editado baixo o seu nome. Producido con Juan de Dios Martín e gravado entre A Coruña e Bos Aires, e unha das estreas musicáis máis agardada da tempada, xa que e, segundo palabra do propio artista, é o seu traballo máis persoal, cargado de influencias de épocas pasadas.
Promove Esmerarte
 
Venda en billeteira dúas horas antes do inicio do espectáculo a un prezo de 18 euros.
 
Séguenos en facebook http://on.fb.me/J90GfZ  
Teatro
"Desfeitos" de Teatro Galileo
Sábado 10 de novembro ás 21:00 horas
Lugar: Pazo da Cultura
Prezo: 8 eur./5 eur. estudantes, parados e xubilados
Máis información en www.pazodacultura.org e Facebook

Teatro Galileo representa unha comedia urbana escrita pola autora arxentina Febe Chaves, dirixida por Pedro Rubín e protagonizada por Fernando Morán, Ana Santos e Xosé López Baño "Tanas". A acción sitúase nun baño público de homes, no que conflúen tres individuos, dous homes e unha muller.
Tres seres que establecen unha singular amizade nese singular espazo.Todos teñen unha historia oculta que vaise desvelando a través da obra. Utilizan este lugar nada convencional para atopar quen os escoite deixando caer as súas máscaras sociais pouco a pouco. Humor, suspense e moitas ganas de amor, nunha obra para reflexionar sobre os vínculos humanos nun espectáculo divertido e profundo.
 
Venda de entrada na billeteira do Pazo dúas ahoras antes do espectáculo.
 
Séguenos en facebook http://on.fb.me/J90GfZ


Espectáculo
Concertos en Familia: "O segredo de Val Axóxere"
Domingo 11 de novembro ás 18:30 horas.
Lugar: Teatro Principal
Prezo: 3 euros
Máis información en www.pazodacultura.org e Facebook 

Con música composta por Tony Cantal, a Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra conta a historia de Martiño e un Axouxariano que terán que desfacer un maleficio para devolverlle o Val de Axouxere a tranquilidade que un día tivo. Coa soprano Ana Franqueira, a mezzo soprano Lucía Vázquez, Quique Martínez como tenor e Mariña Sampedro como narradora.
 
Entradas á venda 1 hora antes do inicio do espectáculo na billeteira do Teatro Principal.
 
Síguenos en facebook http://on.fb.me/J90GfZ