Esta fin de semana celébrase no Pazo da Cultura a cuarta edición
de Culturgal, a Feira das Industrias Culturais. Do venres ao domingo,
en horario de 11h a 14h30 e de 16h30 a 21h30, poderedes escoller
entre máis de 24 actuacións musicais en directo, máis de 20 obras de
teatro, máis de 30 actividades relacionadas co mundo do libro, múltiples
presentacións de proxectos tecnolóxicos e as primeiras imaxes das
propostas audiovisuais que pronto chegarán aos cines galegos.
Serán tres días intensos,cheos de propostas para todos os gustos,
sen un momento libre para o aburrimento... especialmente,
para os máis pequenos da casa. Contacontos,
representacións teatrais, lecturas dramatizadas, monicreques, música,
un rol en vivo, obradoiros e unha actuación de Mamá Cabra o domingo
pola mañá no Auditorio do Pazo convertirán Culturgal na cita anual
favorita de todos nenose nenas da cidade. Non volo podedes perder.
Consultade o programa (en pdf ou na web)