6 nov 2013
Teatro no Museo do Mar de Galicia: "As do peixe" de Cándido Pazó
O Museo do Mar de Galicia ten o pracer de convidalos/as á obra de teatro que
terá lugar o VENRES 8 de NOVEMBRO ás 20:30 horas no noso museo.
A obra terá lugar no 2º edificio do Museo e a entrada será de balde.
Obra
de teatro que quere ser unha homenaxe á "memoria das traballadoras da conserva",
escrita por Cándido Pazó, dirixida por Cristina Domínguez e que cuxo elenco de
actrices o forma Casilda Alfaro, Mónica Camaño, Susana Dans e Orballo González.
A escenografía corre a cargo de Carlos Alonso.
Premio do público na Mostra Internacional de Teatro de
Ribadavia ano 2013, esta obra fala de catro mulleres, ex-traballadoras dunha
desaparecida fábrica de conservas, que
acoden a un “taller da memoria” e, ao tempo que reconstrúen parte da
súa experiencia
na fábrica, rememoran pasaxes da súa vida persoal e familiar, comentan
aspectos da actualidade e expresan as súas ilusións ou
desconfianzas no
futuro.
Se queredes estar ao día das nosas actividades podedes facervos amigos da
nosa páxina en facebook: https://www.facebook.com/museodomardegalicia
Museo do Mar de Galicia
Avda. Atlántida, 160. 36208. Vigo
Tel. 986247750 / Fax. 986247748
Mail. info.museodomar@xunta.es
Web. www.museodomar.com
4 nov 2013
Nominación ao Premio do Público Culturgal
A Feira das Industrias
Culturais, Culturgal, propuxo o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de
Pontevedra como candidato para o Premio do Público Culturgal
2013. Como ben sabedes, este é un proxecto desenvolto pola Concellaría
de Cultura e o Pazo da Cultura dende hai xa 15 anos. Un proxecto
consolidado onde está depositado o traballo e a ilusión de moita xente
e que, ano tras ano, achega aos nenos/as aos libros a través de
numerosas actividades que fomentan valores e espertan
aptitudes.
Vota no seguinte enlace por calquera dos nominados, entre os que se atopan tamén proxectos tan destacados coma o Festival de Cans e a Asociación PuntoGal: http://culturgal.com/premios-do-publico-culturgal-2013/
Sen rexistros nin largos procesos. Só acceder á páxina e votar a través do ordenador de sobremesa, smartphone, tablet, portátil, etc.
Vota no seguinte enlace por calquera dos nominados, entre os que se atopan tamén proxectos tan destacados coma o Festival de Cans e a Asociación PuntoGal: http://culturgal.com/premios-do-publico-culturgal-2013/
Sen rexistros nin largos procesos. Só acceder á páxina e votar a través do ordenador de sobremesa, smartphone, tablet, portátil, etc.
Menú comedor novembro
DÍA
|
1º PRATO
|
2º PRATO
|
SOBREMESA
|
SUXESTIÓNS CEA
|
4
|
Sopa de pasta
|
Polo asado con patacas
|
Iogur
|
Pisto de verduras/ sándwich de xamón e queixo/ froita
|
5
|
Minestra de verduras
|
Churrasco con patacas
|
Froita
|
Puré de cenorias/ pavo asado/iogur
|
6
|
Empanada
|
Maruca ao forno
|
Flan
|
Berenxena prancha/peixe ao forno c/ patacas / froita
|
7
|
Lentellas
|
Filete de porco con patacas
|
Froita
|
Ensalada de tomate e queixo / Tortilla de espárragos/
iogur
|
8
|
Crema de cenorias
|
Arroz á mariñeira
|
Iogur
|
Crema de cabaza/ carne ao caldeiro/ froita
|
11
|
Puré de verduras
|
Fideuá
|
Natiñas
|
Berenxena ao forno/ pasta mariñeira/ iogur
|
12
|
Puré de apio e tomate
|
Macarróns con carne
|
Froita
|
Ensalada mixta/ peixe romana c/ patacas / froita
|
13
|
Chícharos con xamón
|
Lasaña
|
Actimel
|
Puré de porros/carne guisada c/ pasta / iogur
|
14
|
Pizza
|
Filete de pescada á romana c/ ensalada
|
Froita
|
Champiñóns ao allo/ filete c/ patacas/ froita
|
15
|
Minestra de verduras
|
Albóndegas con arroz
|
Iogur
|
Ensalada mixta/ pasta guisada c/ xamón/ iogur
|
18
|
Sopa de pasta
|
Lombo asado con puré
|
Flan
|
Verduras salteadas c/ xamón/tenreira asada / froita
|
19
|
Coliflor gratinada con bechamel
|
Nuggets de polo con patacas
|
Froita
|
Tomate recheo/ variñas de peixe / iogur
|
20
|
Macarróns con tomate
|
Salmón a prancha con ensalada
|
Iogur
|
Verduras á prancha/ revolto de allos ternos/ froita
|
21
|
Sopa de pasta
|
San xacobo con patacas
|
Froita
|
Ensalada mixta/ tortilla de patacas/ iogur
|
22
|
Puré de cabazo
|
Luras guisadas con arroz
|
Iogur
|
Coliflor rebozada/ pescado ao forno c/ patacas/ froita
|
25
|
Sopa minestrone
|
Churrasco con ensalada
|
Iogur
|
Ensalada mixta/ revolto de champiñóns/ froita
|
26
|
Arroz tres delicias
|
Filete de pescada con guarnición
|
Froita
|
Coliflor rebozada/ xamón asado c/ patacas/ froita
|
27
|
Fabada
|
Tortilla con tomate
|
Iogur
|
Xudías c/ xamón/ peixe ao forno c/ patacas/ iogur
|
28
|
Pizza
|
Fideuá
|
Froita
|
Berenxena grella/polo asado c/ patacas / froita
|
29
|
Xudías con chourizo
|
Polo con arroz
|
Iogur
|
Ensalada de tomate e atún / Tortilla de champiñóns/
iogur
|
Suscribirse a:
Entradas (Atom)