11 abr 2012

Invitación para o I Encontro Lectura e Familias en Sanxenxo

Lugar: Auditorio Emilia Pardo Bazán de Sanxenxo
Data:  12 e 13 abril de 2012, ás 20:00h.

Charla xoves 12 de abril: Alcol e adolescencia

Segundo o Plan Nacional sobre Drogas a idade media de inicio de consumo de alcol en
Galicia sitúase entre os 13 e os 14 anos. O alcol pode causar danos irreversibles no cerebro
dos adolescentes afectando ao desenvolvemento da aprendizaxe, a concentración e a
memoria, entre outros.
En Galicia, as intoxicacións etílicas atendidas polos servizos de emergencias aumentaron
un 70% desde o ano 2000. Máis dun 25% dos atendidos tiñan menos de 14 anos.

Data: xoves, 12 de abril ás 20:00
Lugar: Museo do Moble e da Madeira; Avda. Benito Vigo. Concello: A Estrada

CHARLA IMPARTIDA POR: 
MANUEL ISORNA FOLGAR
DOUTOR EN PSICOLOXÍA POLA USC
MASTER EN DROGODEPENDENCIAS.
PSICÓLOGO DA FUNDACIÓN GALLEGA CONTRA EL NARCOTRÁFICO.
PROFESOR DA UNIVERSIDADE DE VIGO
PSICÓLOGO DEPORTIVO

Charla integrada dentro do programa “Escola de Familia” do Departamento de Prevención de Drogodependencia do Concello da Estrada.

2 abr 2012

Contacontos solidario os venres de abril en Pontevedra

Os vindeiros 13, 20 e 27 de Abril haberá un Contacontos Solidario co fin de recadar fondos para os programas da Asociación Down Pontevedra XUNTOS. As contadas virán da man de Pavís Pavos, Andrea Bayer (Baobab teatro) e Golfiños.
A venda de entradas farase na billeteira do Café Moderno (Praza de San Xosé), o mesmo día das contadas, tendo un prezo de 8 euros cada día ou adquirindo un bono de 15 euros para os tres días. Ademais haberá fila cero no local da Asociación (R/ Rouco nº1 2º)