Estimadas familias:
Dende FANPA-PONTEVEDRA queremos axudarvos coas tramitacións das bolsas publicadas no BOE o 28/022011, na Orde EDU/404/2011, de 17 de febreiro, pola que se convocan axudas para cursos de lingua inglesa, durante o verán de 2011, destinadas a mozos/as de entre 16 e 30 anos.
De novo, o Ministerio de Educación español concede as BOLSAS MEC idiomas, axudas para a estadía e realización de cursos para perfeccionar o coñecemento de idiomas, a condición de que o estudante cumpra cunha serie de requisitos. O curso realizarase no estranxeiro e terá, polo menos, tres semanas de duración entre o 1 de xullo e o 30 de novembro de 2011. O curso deberá comprender como mínimo 15 horas semanais..
É un servizo de balde para todas as nosas familias, unha das empresas coas que traballamos ofrécese para tramitarvos a beca e todo o relacionado cos cursos, esta tramitación non tería custo ningún para vós e non vos compromete a nada.
Podedes facer todas as consultas que precisedes no seguinte enderezo de mail:
cursosmec2011@gmail.com
DESTINATARIOS DA BOLSA
Mozos/as de España de entre 16 e 30 anos que cumpran os seguintes REQUISITOS:
ñ Nacidos entre o 1 de xaneiro de 1981 e o 31 de decembro de 1993, bolseiros polo Ministerio de Educación (España) no curso 2009-2010 para estudantes de bacharelato e Formación Profesional.
ñ Nacidos entre o 1 de xaneiro e 31 de decembro de 1994, que obtivesen a condición de bolseiro para cursar estudos de Bacharelato ou de ensinos profesionais de música e danza, de Grao Medio de Formación Profesional, de Artes Plásticas e Deseño, de Ensinos Deportivos e de Idiomas no curso 2010/2011
ñ Ter un número de orde (renda per-cápita familiar que lle sitúe dentro do total de axudas a conceder).
DOTACIÓN
A dotación varía en función do Pais.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: O prazo de presentación de solicitudes será do 14 ao 21 de marzo, ambos incluídos, xa que o prazo remata o 30 de marzo. Os/as interesados/as deberán remitir un correo electrónico con Nome, Apelidos, DNI do alumno/a e un teléfono de contacto á dirección de correo electrónico cursosmec2011@gmail.com.Estaremos a disposición de todas aquelas persoas que desexen ampliar información ou resolver dúbidas o próximo 21 de marzo en horario de 10:00 a 13:30 na sede de FANPA-PONTEVEDRA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario