Pola presente COMUNÍCASE a todas as nais/pais varias novas referentes ás actividades extraescolares:
1. PISCINA. O prazo de renovación de prazas para o 3º trimestre estará aberto ata o 11 de marzo.
2. INICIACIÓN Á MÚSICA. Dende o pasado mes esta actividade estase a desenvolver na Casa de Cultura, os xoves de 19 a 20 horas.
3. PATINAXE e ATLETISMO. Este próximo venres, día 2 de marzo, o monitor non poderá asistir a clase polo que se suspenden estas actividades.
CAMPAMENTOS DE VERÁN NA LANZADA da DIPUTACIÓN DE PONTEVEDRA.
O prazo para a solicitude de prazas para nenos e nenas nacidos entre 1999 e 2004 estará aberto entre o 1 e o 30 de marzo. Máis información no noso blog ou en www.depo.es
*** Recordámoslle a todos os pais e nais que nos poden contactar a través do noso correo electrónico anpariomaior@gmail.com, se aínda non lles chega a información a través do e-mail, pregamos nos envíen o seu enderezo electrónico para sumalo á nosa base de contactos. Tamén poden informarse de propostas culturais, deportivas, e outras novas de interese para as familias no blog http://anpariomaior.blogspot.com/
Riomaior, 29 de febreiro de 2012
Pola A.N.P.A.
FAMILIAS do C.E.P. de RIOMAIOR.
VILABOA
No hay comentarios:
Publicar un comentario