A ANPA DO CEP de Riomaior apoia a folga de profesores, alumn@s, pais e nais convocada
para o xoves 24 de outubro porque
estamos en CONTRA
Ø dos recortes en educación
o que supón aumento das ratio nas aula, a non
substitución do profesorado na aula ata despois de 14 días ou aumento da carga
lectiva do profesorado entre outras
iniciativas. Accións que levan ó desmantelamento
da educación pública para beneficio da iniciativa privada (destinan grandes
partidas para subvencionar a educación primaria, secundaria e agora tamén o bacharelato
dos centros concertados e adican solo público para construción de centros
privados).
Ø
da
redución de axudas ao alumnado e ás familias.
Ø Da lei Wert
·
Porque non foi consensuada coas comunidades
educativas.
·
Porque supón unha contrarreforma, ó noso parecer,
ideolóxica,
-xa
que vai financiar a centros que discriminan en función do sexo (algo que estáa suceder en centros de ideoloxía
relixiosa ultraconservadora).
-
Vai aumentar a carga lectiva da materia de relixión e a súa importancia.
-Eliminan
na súa totalidade materias como
Educación para a Cidadanía ou Ciencias do mundo contemporáneo ou
parcialmente a música, tecnoloxía na ESO.
·
Resta
valor e funcións ó Consello Escolar.
·
Porque
infravalora o traballo do profesorado, sometendo ós alumn@s a probas externas que serán realizadas por empresas
privadas, sen ter en conta a avaliación
do alum@ por parte dos profesores que lle impartiron as materias ó longo do
curso.
POLO ARRIBA EXPOSTO, ANIMÁMOSVOS A QUE PARTICIPEDES
NESTA XORNADA REIVINDICATIVA E ASISTADES AS CONCENTRACIÓNS PREVISTAS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario