O Festival Internacional de Títeres de Redondela presenta a súa XV edición enchendo as rúas da vila de títeres, músicos e artistas de todo o mundo. O evento, organizado pola Asociación Xente Titiriteira coa participación da Concellería de Cultura do Concello de Redondela, mantén a vocación internacional do festival presentando nesta ocasión traballos e espectáculos de compañías profesionais de Rusia, Portugal, Ecuador, Francia, Chile, Italia, Cataluña, Madrid e Galicia, entre outros lugares. Ademáis, nesta ocasión rendirán homenaxe a Juanjo Amoedo, promotor orixinal do festival e falecido fai uns anos.
Mais información en http://www.festivaltiteresredondela.com/
No hay comentarios:
Publicar un comentario