1 abr 2011

COUNTRYSIDE CAMP, un campamento de inmersión lingüística en inglés

Estimadas familias:
A Federación Provincial de ANPA de Centros Públicos de Pontevedra, quere presentarvos, por segundo ano consecutivo, o programa educativo FANPA  
para os/as alumnos/as da ESO e Bacharelato dos centros da Provincia de Pontevedra.
Este ano ademais de organizalo no Concello de Lalín -na primeira semana de xullo en Mouriscadeimos facer outra edición en Pontevedra -no CEIP Príncipe Felipe- na última semana do mesmo mes.
Ofertamos a posibilidade de vivir 24 horas en inglés, os sete días da semana. Pensamos que a través dos campamentos, as competencias lingüísticas que o alumnado adquiriu ao longo do curso poden ser postas en práctica mediante a contextualización dos contidos lingüísticos e non lingüísticos, proporcionando aos/ás rapaces/zas unha situación de inmersión na lingua inglesa.
As familias pagarán soamente parte do custo, a FANPA subvencionará unha parte aos alumnos que sexan socios de ANPA asociadas á FANPA.

PREZOS:
180.00 € neno/a socio/a ANPA federada.
240.00 € non socio/a e de ANPA non federadas.
300.00 € neno/a coles concertados e privados.

Para calquera información, non dubidedes en poñervos en contacto con nós.

Federación de ANPA de Pontevedra
Rúa Alfonso XIII, nº 7, 3 andar (antigo conservatorio)
36002 Pontevedra
Apdo.  511 36080 Pontevedra
Tel e fax: +34 986 84 34 12
info@nontedurmas.org
www.nontedurmas.org

17 mar 2011

AXUDA PARA TRAMITAR BOLSAS INGLÉS


Estimadas familias:
Dende FANPA-PONTEVEDRA queremos axudarvos coas tramitacións das bolsas publicadas no BOE  o 28/022011, na Orde EDU/404/2011, de 17 de febreiro, pola que se convocan axudas para cursos de lingua inglesa, durante o verán de 2011, destinadas a mozos/as de entre 16 e 30 anos.
De novo, o Ministerio de Educación español concede as BOLSAS MEC idiomas, axudas para a estadía e realización de cursos para perfeccionar o coñecemento de idiomas, a condición de que o estudante cumpra cunha serie de requisitos. O curso realizarase no estranxeiro e terá, polo menos, tres semanas de duración entre o 1 de xullo e o 30 de novembro de 2011. O curso deberá comprender como mínimo 15 horas semanais..
É un servizo de balde para todas as nosas familias, unha das empresas coas que traballamos ofrécese para tramitarvos a beca e todo o relacionado cos cursos, esta tramitación non tería custo ningún para vós e non vos compromete a nada.
Podedes facer todas as consultas que precisedes no seguinte enderezo de mail:
cursosmec2011@gmail.com
DESTINATARIOS DA BOLSA
Mozos/as de España de entre 16 e 30 anos que cumpran os seguintes REQUISITOS:
ñ  Nacidos entre o 1 de xaneiro de 1981 e o 31 de decembro de 1993, bolseiros polo Ministerio de Educación (España) no curso 2009-2010 para estudantes de bacharelato e Formación Profesional.
ñ  Nacidos entre o 1 de xaneiro e 31 de decembro de 1994, que obtivesen a condición de bolseiro para cursar estudos de Bacharelato ou de ensinos profesionais de música e danza, de Grao Medio de Formación Profesional, de Artes Plásticas e Deseño, de Ensinos Deportivos e de Idiomas no curso 2010/2011
ñ  Ter un número de orde (renda per-cápita familiar que lle sitúe dentro do total de axudas a conceder).
   DOTACIÓN
A dotación varía en función do Pais.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: O prazo de presentación de solicitudes será do 14 ao 21 de marzo, ambos incluídos, xa que o prazo remata o 30 de marzo. Os/as interesados/as deberán remitir un correo electrónico con Nome, Apelidos, DNI do alumno/a e un teléfono de contacto á dirección de correo electrónico cursosmec2011@gmail.com.Estaremos a disposición de todas aquelas persoas que desexen ampliar información ou resolver dúbidas o próximo 21 de marzo en horario de 10:00 a 13:30 na sede de FANPA-PONTEVEDRA.

16 mar 2011

AXUDAS ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2011

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2011
NOTA INFORMATIVA DO 11 DE MARZO
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convoca 3.730 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2011.
Poderá solicitar estas axudas o alumnado de centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma Galega dos cursos que aparecen na seguinte táboa.
 Prazo aberto dende o 12 de marzo ata o 12 de abril (non incluído)
 
CONSULTAS
Web da convocatoria: http://www.edu.xunta.es/axudasle
Enderezo electrónico: axudasle@edu.xunta.es
Atención telefónica: 981957296 - 981546544 – 881997497 - 981597538 – 981546503

CAMPAMENTOS VERÁN 2011

 

Campamentos verán 2011

SOLICITUDES

IDADES
Os participantes deben ter a idade requirida para o campamento que se solicita. En canto as idades mínima e máxima para poder participar na Campaña de Verán 2011, cómpre destacar:
  • Os nacidos no ano 1993 non poderán cumprir 18 anos antes da finalización do campamento.
  • Os nacidos no ano 2002 deberán ter cumpridos 9 anos ao inicio do campamento.
  • O incumprimento destas normas dará lugar a inadmisión da solicitude.
TIPOS DE SOLICITUDES
  • Individual
  • Múltiple (para o suposto de 2, 3 e ata 4 irmáns que pidan a mesma instalación e quenda e cumpran os requisitos de idade esixidos).
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
  • Vía escrita (utilizando o modelo oficial Anexo II A no caso de solicitude individual Anexo II B se a solicitude e múltiple). Poñer un enlace para poder despregar estes anexos.
  • Vía telemática. Os solicitantes deberán posuír un certificado dixital baixo a norma X.509.V3 expedido pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre, Real Casa da Moneda.
Poderá accederse a esta vía de presentación a través da aplicación informática establecida no enderezo da internet: http://www.xunta.es/servizos
Máis información

ESTADÍAS DE TEMPO LIBRE PARA MULLERES SOAS CON RESPONSABILIDADES FAMILIARES NON COMPARTIDAS

ESTADÍAS DE TEMPO LIBRE PARA MULLERES SOAS CON
RESPONSABILIDADES FAMILIARES NON COMPARTIDAS
(Resolución do 25 de febreiro. DOG 50 do 12 de marzo de 2011)

http://www.xunta.es/dog/Dog2011.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/e8aefb61
1a991b7dc1257850005e69c8/$FILE/05000D002P004.PDF

OBXECTO
Concesión de prazas en réxime de concorrencia competitiva, para a
participación no programa de estadías de tempo libre para mulleres soas con
responsabilidades familiares non compartidas.
A finalidade é facilitarlles ás mulleres que teñan fillos/as menores
exclusivamente ao seu cargo un espazo e un tempo desligado da súa situación
habitual e no cal poidan intercambiar experiencias a través da convivencia nun
espazo de lecer.
Convócanse ata un máximo de 95 prazas. As estadías teñen unha duración de
entre sete e dez días, en réxime de pensión completa, preferentemente entre
finais de xuño e principios de xullo. Os gastos de aloxamento, manutención,
monitoras e transporte serán gratuítos para as beneficiarias.

REQUISITOS
- Ter fillas/os exclusivamente ao seu cargo con idades comprendidas entre os
2 e os 12 anos.
- Estar domiciliadas en Galicia e, no caso de estranxeiras, ter permiso de
residencia ou tarxeta de réxime comunitario, segundo o caso.
- Dispoñer dunha renda que, tendo en conta todos os ingresos do conxunto
da unidade familiar, dividida polo número de membros que a compoñen,
non supere o SMI (641,40 €/mes).
-Non padecer nin ela nin as/os fillas/os unha enfermidade que requira
illamento e/ou que impida a normal convivencia.

DOCUMENTACIÓN
- Modelo normalizado (anexo I).
- Copia cotexada do libro de familia, informe social, sentenza xudicial de
custodia ou calquera outro documento acreditativo das fillas/os a cargo.
-No caso de estranxeiras, copia cotexada da tarxeta de residencia ou da de
réxime comunitario.
- No caso de discapacidade da solicitante ou dos/as fillos/as, copia cotexada
do certificado correspondente.
- Copia cotexada da declaración do imposto da renda, no caso de non a ter
realizado por non ter obriga de presentala así como no suposto de que as
circunstancias sexan distintas no momento da solicitude, declaración
responsable da situación económica xunto coa documentación que a
xustifique (anexo II).
- De ser o caso, informe do centro de acollemento que acredite que a
solicitante está a residir nel.
- A situación de violencia de xénero, de ser o caso, acreditarase.
- Para xustificar a situación de desemprego, copia cotexada da tarxeta de
demandante de emprego.
- Declaración responsable do aproveitamento do programa (anexo III).
- Informe médico orixinal do SERGAS en que conste que non se padece
enfermidade que requira illamento e/ou impida a normal convivencia.

LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
As solicitudes presentaranse no rexistro da Secretaría Xeral da Igualdade, de
presentalas noutro rexistro da Xunta de Galicia deberá enviarse unha copia da
solicitude por fax ao número 981 54 19 19 antes da data de remate do prazo de
presentación de solicitudes.
O prazo rematará o 13 de abril de 2011.

1 mar 2011

Exposición “VIGO S. XIX. O NACEMENTO DUNHA CIDADE”

Queremos convidarvos a participar na exposición "VIGO, SÉCULO XIX. O NACEMENTO DUNHA CIDADE", aberta ao público dende o venres 25 de febreiro no primeiro andar do Pazo de Castrelos.

Esta mostra, que achega por vez primeira á cidadanía o século no que se puxeron as bases do desenvolvemento da actual cidade de Vigo, conta cun programa didáctico de historia local, dirixido tanto a público en xeral coma a escolares.

Unha explicación máis ampla do programa, e os seus horarios, figuran no arquivo adxunto.

Pode obter máis información contactando co SAVES do Museo da Cidade no correo electrónico saves.museocastrelos@vigo.org
; ou no seu teléfono 986 295070 / 986 205075 de martes a venres entre 11 e 14 horas.

17 feb 2011

Aberto o prazo para inscribirse nos campamentos de verán da Deputación de Pontevedra na Lanzada.


  
Convoca: Deputación de Pontevedra
Contido: Aberto  o prazo para inscribirse nos campamentos de verán da Deputación de Pontevedra na Lanzada.
Está destinado a nenos/as que teñan o seu domicilio habitual  no Concello da provincia de Pontevedra onde  solicita a praza e nacidos entre os anos 1998 e 2003 (ambos incluídos).
As datas de realización van ser entre os meses de xuño e agosto.( diversas quendas dunha semana)
O prezo é de 68 euros por praza.
A finalización do prazo de solicitude  é o 6 de marzo de 2011.
Os /as solicitantes residentes no Concello de Pontevedra:  recollida e entrega de solicitudes efectuarase na Oficina de Información ao Cidadá da Deputación Provincial na r/ Montero Rios s/n en horario de 8,30 a 14,30 h.


Os/as residentes noutros concellos da provincia pregunten no seu concello correpondente.

Máis Información: 986 804 100/ 986 804 135

17 ene 2011

Curso: "As redes sociais e a seguranza persoal"

As redes sociais e a seguranza persoal

Curso de formación para pais e nais e directivas das ANPA da Federación
Introdución
Unha xeración enteira está crecendo en compañía de webs de redes sociais como Facebook, Twiter, Twenti e MySpace, onde colocan información sobre a súa vida para que a vexan os seus amigos, e todo o mundo. Poucos usuarios se decatan de que a información que revelan, cando se combina con novas tecnoloxías de compilación de datos, pode crear unha especie de rastro dixital do seu comportamento. Esa información xera oportunidades non só para os negocios lexítimos, senón tamén para ladróns de identidade e outros depredadores.
Destinatarios
Persoas usuarias, ou que desexan selo, das redes sociais, pais e educadores, formadores sociais. En xeral toda persoa interesada na seguranza persoal na Internet.
Teñen preferencia á hora de inscribirse as persoas que formen parte dalgunha Xunta Directiva das nosas asociacións e os/as socios/as das ANPA federadas.
Será un curso de grupo reducido, como máximo 12 persoas.
Coñecementos previos
Informática básica de usuario domestico.
Duración, horario e lugar

16 horas presenciais + 4 horas de tarefas para facer na casa
DATA
HORARIO
LUGAR
05/02/2011
10:00/14:00 hrs
Caixanova
12/02/2011
10:00/14:00 hrs
Caixanova
19/02/2011
10:00/14:00 hrs
Caixanova
26/02/2011
10:00/14:00 hrs
Caixanova
Temario a tratar
  • Os riscos da Internet (en xeral), intimidade (privacidade),
  • Normas básicas de protección
  • As imaxes ─ fotografías, Acoso sexual ─ Sexting ─ Ciberbullying ─ Ciber-grooming
  • Os permisos predeterminados (por defecto).
  • Os contrasinais (Xeración, garda e mantemento) Os OpenID
  • Redes sociais para compartir fotografías (Flickr, Picasa)
  • Microblogueo ─ mensaxes curtas (Twitter)
  • Redes sociais “completas” (Facebook)
  • Creación e eliminación dunha conta. Creación e eliminación dunha conta de correo asociada,
  • Política de protección da intimidade. Configuración da intimidade, Uso xeral
  • Ferramentas de control paterno
  • Ferramentas de «monitorización», «OpenDNS» como filtro de contidos web, «ProCon Latte»
  • Linux ─ «Nanny» e «WebContentControl»
  • Windows Vista e Windows7 ─ Configurar o «Control paterno» integrado, «LogProtect» e «Parental Control Bar
 As clases serán impartidas por persoal especializado e con experiencia nestes temas.

Inscrición

Por mail en info@nontedurmas.org ou no teléfono da FANPA 986 843 412 en horario de 9:30 a 13:30 hrs.
Sexamos responsables, se nos anotamos adquirimos un compromiso, se por calquera razón non puideran asisitir deben comunicalo inmediatamente para dispoñer desa praza.
A data límite para a inscrición será o 28/01/2011.

TODOS OS/AS PARTICIPANTES RECIBIRÁN UN DIPLOMA DE PARTICIPACIÓN E UN LIBRO DE "REDES SOCIALES Y ADOLESCENCIA".