8 nov 2012

Programacion 9-11 de novembro Pazo da Cultura de Pontevedra


Concerto fin de xira
"Atlántico" de Xoel López
Venres 9 de novembro ás 21:30 horas
Lugar: Pazo da Cultura
Prezo: 15 eur + gastos
Máis información en www.pazodacultura.org e Facebook 

Xoel chega a Pontevedra co seu novo traballo "Atlántico", duodécimo na súa carreira musical pero o primeiro editado baixo o seu nome. Producido con Juan de Dios Martín e gravado entre A Coruña e Bos Aires, e unha das estreas musicáis máis agardada da tempada, xa que e, segundo palabra do propio artista, é o seu traballo máis persoal, cargado de influencias de épocas pasadas.
Promove Esmerarte
 
Venda en billeteira dúas horas antes do inicio do espectáculo a un prezo de 18 euros.
 
Séguenos en facebook http://on.fb.me/J90GfZ  
Teatro
"Desfeitos" de Teatro Galileo
Sábado 10 de novembro ás 21:00 horas
Lugar: Pazo da Cultura
Prezo: 8 eur./5 eur. estudantes, parados e xubilados
Máis información en www.pazodacultura.org e Facebook

Teatro Galileo representa unha comedia urbana escrita pola autora arxentina Febe Chaves, dirixida por Pedro Rubín e protagonizada por Fernando Morán, Ana Santos e Xosé López Baño "Tanas". A acción sitúase nun baño público de homes, no que conflúen tres individuos, dous homes e unha muller.
Tres seres que establecen unha singular amizade nese singular espazo.Todos teñen unha historia oculta que vaise desvelando a través da obra. Utilizan este lugar nada convencional para atopar quen os escoite deixando caer as súas máscaras sociais pouco a pouco. Humor, suspense e moitas ganas de amor, nunha obra para reflexionar sobre os vínculos humanos nun espectáculo divertido e profundo.
 
Venda de entrada na billeteira do Pazo dúas ahoras antes do espectáculo.
 
Séguenos en facebook http://on.fb.me/J90GfZ


Espectáculo
Concertos en Familia: "O segredo de Val Axóxere"
Domingo 11 de novembro ás 18:30 horas.
Lugar: Teatro Principal
Prezo: 3 euros
Máis información en www.pazodacultura.org e Facebook 

Con música composta por Tony Cantal, a Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra conta a historia de Martiño e un Axouxariano que terán que desfacer un maleficio para devolverlle o Val de Axouxere a tranquilidade que un día tivo. Coa soprano Ana Franqueira, a mezzo soprano Lucía Vázquez, Quique Martínez como tenor e Mariña Sampedro como narradora.
 
Entradas á venda 1 hora antes do inicio do espectáculo na billeteira do Teatro Principal.
 
Síguenos en facebook http://on.fb.me/J90GfZ

7 nov 2012

TITIRICIRCUS NA CASA DE CULTURA DE RIOMAIOR

A Concellaría de Cultura e Mocidade de Vilaboa informa: Este xoves Vilaboa Comunicación organiza un novo acto que contará coa presenza dos de  Titiriteiros de Tanxarina e cunha contacontos  de Kalandraka.

23 oct 2012

Obradoiro Pintura e fotografía: "Na beira do río. Diálogos na pintura".



Sábado 3 e sábado 10 de novembro de 11:30 a 13:00 horas
Lugar: Sala de Exposicións do Pazo da Cultura
Prezo: Gratuíto
Máis información en www.pazodacultura.org e Facebook

Con motivo da exposición que o Pazo da Cultura acollerá ata o 11 de novembro "Na beira do río. Diálogos na pintura", Ana Seoane (artista da mesma xunto a Teresa Brutcher) impartirá dous obradoiros de pintura e fotografía. Constuindo unha cámara fotográfica a partir dunha caixa de zapatos, os nenos/as tomarán e revelarán as súas propias fotografías, sobre as que posteriormente aplicarán técnicas de pintura. O obxectivo da mesma é aillar obxectos e persoas, tal e como o fai a propia artista na súa obra.


 
Grupo 1: Sábado 3 de novembro, de 11:30 a 13:30 horas.
Grupo 2: Sábado 10 de novembro de 11:30 a 13:30 horas.
Idade: Nenos e nenas de 9 a 12 anos. 
Prazas: 30 (15 o día 3, e outras 15 o día 10)
Inscricións: A partir do luns 22 de outubro de 09:00 a 14:00 horas no Pazo da Cultura.

 
Séguenos en facebook
http://on.fb.me/J90GfZ

17 oct 2012

CONFAPA-GALICIA SECUNDA A INICIATIVA DE CEAPA DE SUMARSE Á FOLGA CONVOCADA POLO SINDICATO DE ESTUDANTES PARA CONVERTILA NUNHA ACTUACIÓN CONXUNTA DO ALUMNADO E AS FAMILIAS


Entre outras cousas, CONFAPA-GALICIA convoca á folga para as nais e os pais para o xoves día 18 de outubro.
CONFAPA-GALICIA considera que a gravísima situación actual demanda unha resposta contundente do alumnado e as súas familias. Estamos ante un ataque sen precedentes aos dereitos do alumnado e das familias, con salvaxes recortes na educación pública que, no contexto actual, vense agravados pola coincidencia con outras medidas igualmente inaceptables.
Iniciamos un curso escolar que supera con creces os peores prognósticos; pensamos que chegou o momento de que o alumnado e as familias, ademais de seguir a realizar mobilizacións conxuntas co resto da Comunidade Educativa, eleven a súa voz para dicirlle ao Goberno Central e ao goberno de Feijoo que está a seguir o seu camiño, que temos chegado a un punto de non retorno, que non estamos dispostos a tolerar nin unha soa medida máis.
Alumnos e pais estamos soportando recortes en todas as partidas, que non fan outra cousa que castigar as xa maltreitas economías familiares, abocando ao abandono educativo a moitos rapaces e rapazas por cuestións económicas. É intolerable e debemos cambiar radicalmente as medidas que se están a tomar.
Sobran os motivos, mais queremos subliñar especialmente que o alumnado e as familias mobilizarémonos conxuntamente porque:
--Non aceptamos un novo cambio de Lei educativa. A sociedade está xa cansa de que cada novo Goberno teime en modificar a lexislación educativa, máxime se, como está a ocorrer agora, faise sen contar cos diferentes sectores buscando cambiar o actual modelo social e satisfacer consignas ideolóxicas.
--Non aceptamos mentiras para xustificar unha reforma do sistema educativo, terxiversando datos e facendo xuízos de valor que non están baseados en datos contrastados.
--Non aceptamos o desmantelamento da educación pública para beneficio exclusivo da iniciativa privada, desviando os fondos públicos para financiar empresas privadas da educación, moitas de dubidosa legalidade que, incluso, atrévense a vulnerar a Constitución coa conivencia de quen deberían cumprir e facer cumprir o marco legal vixente.
--Non aceptamos que se eliminen todo tipo de axudas ao alumnado e ás familias, se incrementen as cotas e as taxas -aínda máis, creándoas onde non existían- , incumprindo o mandato constitucional da gratuidade do ensino e o dereito de acceso en igualdade de condicións.
2
--Non aceptamos que os irresponsables políticos que nos gobernan sigan a insultar ao profesorado que ensina aos nosos fillos e fillas, profesorado que goza do respaldo das familias e do alumnado co que conviven a cotío, nun ataque sen precedentes contra a figura do funcionario público e dos interinos, aos que se trata en ámbolos dous casos como se fosen bonecos de feira, co único obxectivo de poñer a educación en mans da empresa privada e, con iso, de precarizar a profesión docente.
En definitiva, alumnos e familias dicimos: ATA AQUÍ CHEGAMOS e esiximos,
• O cese fulminante do Ministro Wert e de todo o seu equipo
• A retirada inmediata do inaceptable anteproxecto de reforma da LOE
• A paralización inmediata de todas as medidas de recorte e desmantelamento do ensino público
• A apertura, cun novo equipo ministerial, dun proceso real de diálogo cos diferentes sectores da Comunidade Educativa para buscar entre todos o consenso preciso para mellorar, de verdade, o ensino público.

FACEMOS UN CHAMAMENTO ÁS FAMILIAS para que realicen o día 18 de outubro unha folga de nais e pais, consistente en deixar baleiros todos os centros educativos para defender os dereitos dos nosos nenos e as nosas nenas.
Asemade, pedímosvos que facilitedes a posibilidade de que, sos ou coa vosa compaña segundo as idades e maduración dos vosos fillos, poidan estes participar nas manifestacións de estudantes a celebrar na mañá do día 17 e, todos xuntos, facelo tamén nas que se levarán a cabo na tarde do día 18 nas distintas vilas e cidades de Galiza. Do mesmo xeito, pedimos que formedes parte das Asembleas que se convoquen e dos piquetes informativos que se realicen.
Chegou o momento de dar unha mensaxe clara sobre que as cousas teñen chegado a un punto onde nunca tiveron que facelo. Non estamos dispostos a que sigan por ese camiño.
CONFAPA-GALICIA

11 oct 2012

LIBROS PARA SOÑAR ACOLLERÁ EN NOVEMBRO UN CURSO DE CONTACONTOS IMPARTIDO POR BEATRIZ CAMPOS


A actriz Beatriz Campos vai impartir un curso de contacontos para adultos na libraría infantil Libros para Soñar, que se celebrará do 5 ao 9 de novembro en horario de 17:00 a 20:00 horas. Está dirixido a profesorado, profesionais das bibliotecas, xestores culturais e público en xeral. O prazo de inscrición para este curso de contacontos xa está aberto na libraría Libros para Soñar, e o prezo das xornadas formativas é de 35 euros (30 euros para estudantes e parados).

LIBROS PARA SOÑAR: Triunfo, 1. Vigo | Tlf. 986 43 37 68 | lps@kalandraka.com | Libros para Soñar en Facebook

18 sept 2012

Convite Inauguracion Exposicion "Outro lado. Outra vida"

O Alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e a concelleira de Cultura, Anxos Riveiro Portela, comprácense en convidar a vostede á inauguración da exposición.
Outro lado. Outra vida
coa fotografía de Miguel Vidal, na que se amosa o coñecemento de diferentes persoas que soen atoparse ao outro lado das redes sociais. Terá lugar o vindeiro xoves, día 20 de setembro de 2012, ás 20 horas, na sala de exposicións do Pazo da Cultura.

21 jun 2012

FESTA NA PISCINA O MÉRCORES 27


O C.D. Rías do Sur, organiza un año máis a festa de hinchables acuáticos  o día 27 de xuño a partir das 16:00 horas. Para poder acudir será imprescindible inscribirse na recepción do centro.
Os
cursos de natación quedarán clausurados coa celebración da citada festa, polo que, o  día 27 será o último día de curso para todos os alumnos.

Cambio 2º prato no comedor venres 22

MOCHI informa que:
o segundo prato do día 22 que constaba como  lasaña, será sustituido por milanesa de polo con patatas.