6 mar 2012

Invitación II Xornadas de Orientación Académica e Profesional

Estimados membros da ANPA:
Os días 7, 8 e 9 de Marzo celebraranse as "II Xornadas de Orientación Académica e Profesional " dos Concellos de Cangas, Moaña, Bueu e Vilaboa, no Auditorio Municipal de Cangas, sendo a presentación o día 6 de Marzo ás 19.00 no Salón de Plenos do Concello de Cangas.
Estas Xornadas están dirixidas ao alumnado de 4o da ESO, 1º e 2o de Bacharelato e alumnado interesado dos Ciclos Superiores de Formación Profesional.
É a nosa intención achegarlles ao alumnado unha ampla información sobre a proba da selectividade (PAU), os estudos universitarios de grao nas cinco ramas de coñecemento (Ciencias, Ciencias da Saúde, Arquitectura e Enxeñería, Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas), a organización actual da FP e dos Ciclos Formativos e a orientación laboral, que lles facilite unha toma de decisión axeitada sobre o seu futuro académico e profesional.
As sesións desenvolveranse ao longo de tres mañás, na que 8 institutos públicos da comarca ( IES de Rodeira, Mª Soliño, Monte Carrasco, A Paralaia, As Barxas, Xoan Carballeira, Illa de Ons e o centro público integrado do Toural, de Vilaboa) e un volume de 300 alumnos e alumnas de 4º de ESO e 640 de bacharelato, poderán informarse, formular cuestións aos poñentes e recoller distinta documentación.
Coidamos que é fundamental que esta información que se lles poda achegar ao alumnado tamén chegue a súa familia, é polo que :

INVITÁMOSLLES A PARTICIPAR NESTAS XORNADAS.

PROGRAMA

AUDITORIO MUNICIPAL DE CANGAS
7, 8 E 9 DE MARZO DE 2012


MÉRCORES  7 DE MARZO
                               
Mesas Redondas simultáneas

9.30 a 11.00 h e   de 11.30 -13.15.   Descanso de 11.00 a 11.30

  • Presentación das 3 universidades galegas: servizos estudiantís, becas, titulacións,...

-Universidade de Vigo
-Universidade da Coruña
-Universidade de Santiago de Compostela

  • A  Formación Profesional

Sistema de acceso
Estructura da formación profesional
Oferta de ciclos formativos
Saídas académicas e profesionais

No hay comentarios:

Publicar un comentario