18 ene 2012

O NARRADOR CAMERUNÉS BONI OFOGO IMPARTIRÁ UNHA CHARLA SOBRE ORALIDADE, EN LIBROS PARA SOÑAR

O narrador Boniface Ofogo (Camerún, 1966) vai impartir unha charla titulada “A importancia da oralidade” o vindeiro mércores 1 de febreiro, a partir das 17:30 horas, na libraría infantil e xuvenil LIBROS PARA SOÑAR. Nesta sesión, que está dirixida a público adulto, especialmente docentes, pais e nais, Boni Ofogo vaise basear na súa experiencia persoal para xustificar a necesidade de achegar os nenos e nenas, dende idade temperá, á tradición oral, como piar da súa formación humana e cultural.

OUTRAS ACTIVIDADES
Trala paréntese navideña, mañá mércores, 18 de xaneiro, a partir das 17:30 horas, LIBROS PARA SOÑAR retomará as sesións de contos para bebés de cero a tres anos. 


Participará a adaptadora de contos e narradora Olalla González, autora de “Garavanciño” e “Chibos chibóns”, editados por KALANDRAKA. Nesta primeira actividade do ano, a sesión introducirá relatos breves que xiran en torno ás rutinas diarias dos bebés.
 

Tamén se recuperan esta semana as sesións de contacontos habituais dos venres, para público infantil a partir de catro anos. A profesora e narradora Iria Mantilla será unha das protagonistas da sesión do día 20 de xaneiro, a partir das 18:30 horas, cunha representación especial do libro “A que sabe a lúa?”, de Michael Grejniec, editado por KALANDRAKA. 
Tanto esta semana como a vindeira, o repertorio vai incluir relatos sobre a amizade, a tolerancia e a convivencia, como antesala do Día Escolar pola Paz, que se celebra o 30 de xaneiro. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario