6 nov 2013

Teatro no Museo do Mar de Galicia: "As do peixe" de Cándido Pazó

O Museo do Mar de Galicia ten o pracer de convidalos/as á obra de teatro que terá lugar o VENRES 8 de NOVEMBRO ás 20:30 horas no noso museo.
A obra terá lugar no 2º edificio do Museo e a entrada será de balde. 
Obra de teatro que quere ser unha homenaxe á "memoria das traballadoras da conserva", escrita por Cándido Pazó, dirixida por Cristina Domínguez e que cuxo elenco de actrices o forma Casilda Alfaro, Mónica Camaño, Susana Dans e Orballo González. A escenografía corre a cargo de Carlos Alonso.
Premio do público na Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia ano 2013, esta obra fala de catro mulleres, ex-traballadoras dunha desaparecida fábrica de conservas, que acoden a un “taller da memoria” e, ao tempo que reconstrúen parte da súa experiencia na fábrica, rememoran pasaxes da súa vida persoal e familiar, comentan aspectos da actualidade e expresan as súas ilusións ou desconfianzas no futuro.

Se queredes estar ao día das nosas actividades podedes facervos amigos da nosa páxina en facebook: https://www.facebook.com/museodomardegalicia


Museo do Mar de Galicia
Avda. Atlántida, 160. 36208. Vigo
Tel. 986247750 / Fax. 986247748

No hay comentarios:

Publicar un comentario