11 abr 2012

Charla xoves 12 de abril: Alcol e adolescencia

Segundo o Plan Nacional sobre Drogas a idade media de inicio de consumo de alcol en
Galicia sitúase entre os 13 e os 14 anos. O alcol pode causar danos irreversibles no cerebro
dos adolescentes afectando ao desenvolvemento da aprendizaxe, a concentración e a
memoria, entre outros.
En Galicia, as intoxicacións etílicas atendidas polos servizos de emergencias aumentaron
un 70% desde o ano 2000. Máis dun 25% dos atendidos tiñan menos de 14 anos.

Data: xoves, 12 de abril ás 20:00
Lugar: Museo do Moble e da Madeira; Avda. Benito Vigo. Concello: A Estrada

CHARLA IMPARTIDA POR: 
MANUEL ISORNA FOLGAR
DOUTOR EN PSICOLOXÍA POLA USC
MASTER EN DROGODEPENDENCIAS.
PSICÓLOGO DA FUNDACIÓN GALLEGA CONTRA EL NARCOTRÁFICO.
PROFESOR DA UNIVERSIDADE DE VIGO
PSICÓLOGO DEPORTIVO

Charla integrada dentro do programa “Escola de Familia” do Departamento de Prevención de Drogodependencia do Concello da Estrada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario