DÍA
|
1º PRATO
|
2º PRATO
|
SOBREM.
|
SUXESTIÓNS CEA
|
8
|
Crema de Xudías
|
Tortilla con tomate frito
|
Froita
|
Pisto de verduras/ Sándwich de xamón e queixo/ Froita
|
9
|
Fabada
|
pescada á romana
|
Iogur
|
Coliflor rebozada/ Pescado ó forno c/ patacas/ Froita
|
10
|
Crema de cenorias
|
Polo guisado con arroz
|
Froita
|
Berenxena ó forno/ Pasta mariñeira/ Iogur
|
11
|
Crema de verduras
|
Lasaña
|
iogur
|
Ensalada mixta/ Peixe romana c/ patacas / Iogur
|
14
|
Crema de calabacín
|
Arroz con polbo
|
Natillas
|
Pisto de verduras/ Sándwich de xamón e queixo/ Froita
|
15
|
Sopa de pasta
|
Albóndegas con patacas
|
Froita
|
Puré de cenorias/ Polo á grella c/ patacas/ Iogur
|
16
|
Arroz tres delicias
|
Polo guisado con fideos
|
iogur
|
Berenxena á grella /Peixe ó forno c/ patacas / Froita
|
17
|
Fabada
|
Salmón á grella con patacas
|
Froita
|
Ensalada de tomate e atún
Tortilla de espárragos/ Iogur
|
18
|
Empanada
|
Lombo asado con arroz
|
Iogur
|
Crema de cabaza/ Carne ó caldeiro/ Froita
|
21
|
Crema de brócoli
|
San Xacobos con patacas
|
Froita
|
Puré de cenorias/Lombo prancha c/ tomate / Iogur
|
22
|
Empanadillas
|
pescada á romana
|
Iogur
|
Champiñóns ó allo/ Rapantes c/ ensalada/ Froita
|
23
|
Puré de chícharos
|
Polo asado con patacas
|
Froita
|
Ensalada mixta/ Pasta guisada c/ xamón/ Iogur
|
24
|
Lentellas
|
polbo guisado con fideos
|
Iogur
|
Berenxena rechea de carne e verduras/ Froita
|
25
|
Crema de cenorias
|
Tortilla con tomate frito
|
Froita
|
Verduras á prancha/ Tortilla paisana/ Iogur
|
28
|
Sopa
|
Albóndegas con puré
|
Iogur
|
Ensalada de tomate/ Coello ao forno c/ patacas / Froita
|
29
|
Macarróns con tomate
|
Salmón á grella con patacas
|
Froita
|
Ensalada mixta/ Pasta guisada c/ atún / Iogur
|
30
|
Fabada
|
Lombo á grella con arroz
|
Flan
|
Verduras salteadas c/ xamón/Tenreira asada / Froita
|
31
|
Empanadillas
|
Lasaña
|
Froita
|
Xudías c/ tomate/ Revolto de allos tenros / Iogur
|
7 ene 2013
MENÚ COMEDOR XANEIRO
14 dic 2012
O ILUSTRADOR PABLO OTERO IMPARTIRÁ HOXE, 14 DE DECEMBRO, UN OBRADOIRO INFANTIL BASEADO NO LIBRO “A COCIÑA DE TOTO MURUBE”
Utilizando materiais de reciclaxe -cartóns, envoltorios de cores, anacos de envases, retais de tela...-os asistentes “cociñarán” as súas propias receitas, inspirándose nas propostas imaxinativas do personaxe do libro: empanada de adiviñas con recheo de cursivas, sandwiches de maiúsculas da ría, croquetas de aturuxos... As ilustracións de “A cociña de Toto Murube” estarán expostas este mes en LIBROS PARA SOÑAR.
“SUPERCIDADES” NO NADAL
Por outra banda, Vigo vai recibir na semana do Nadal a uns arquitectos, urbanistas e obreiros moi especiais. Do 26 ao 29 de decembro, de 10:30 a 13:00 horas, Pablo Otero impartirá un obradoiro de creación plástica para nenos e nenas a partir de 6 anos. “Supercidades” consistirá no deseño e produción dunha cidade en miniatura, tal e como lles gustaría que fose o lugar no que viven. Os traballos que resulten desta actividade lúdica van quedar expostos na libraría.
Parques, granxas, edificios, coches, xardíns, rúas e estacións nas que non faltará un toque de
imaxinación, serán os elementos sobre os que se construirá a “Supercidade” de LIBROS PARA SOÑAR. Despois de familiarizarse co concepto de escala humana e cos planos, os participantes comezarán a modelar e pintar as instalacións que elaboren artesanalmente.
A proposta de Pablo Otero trata de desenvolver a imaxinación e a creatividade dos rapaces durante o tempo de lecer, polo que -do resultado do traballo do grupo- xurdirá unha cidade máis aló do real.
Ademais de desenvolver unha actividade manual e de destreza plástica, a participación nesta
proposta leva acompañada unha reflexión sobre o espazo vital no que reside a poboación infantil, para que poidan achegar a súa visión crítica como cidadáns e definir a relación emocional que teñen con respecto ás rúas, ós parques ou ós barrios aos que está asociada a súa vivencia cotiá.
Pablo Otero é un artista plástico Cunha ampla traxectoria multidisciplinar. Ilustrou libros infantís
como “Contos por teléfono” (Premio Isaac Díaz Pardo-AGE 2011), “A cociña de Toto Murube”, “O príncipe das sombras” ou “ABC diario”, da colección ‘Alfabetos’ de KALANDRAKA. Tamén imparte obradoiros de creación para escolares.
LIBROS PARA SOÑAR: Triunfo, 1. Vigo | 986 43 37 68 | lps@kalandraka.com
10 dic 2012
6 dic 2012
A PALABRA CANTADA: UXÍA SENLLE NA CASA DOS MONTES. VENRES 7 DE DECEMBRO ÁS 20:30
A PALABRA CANTADA, POR UXÍA
(Charla ilustrada
con música 'ao vivo')
Aproximación
moi persoal á historia da música galega partindo da miña propia experiencia
musical en conexión permanente
con outras culturas. Todo ilustrado
e aderezado con
música cantada en directo, gravacións en
audio ou vídeo con momentos importantes na miña traxectoria.
Acompáñame,
como nos meus concertos,
o brasileiro Sérgio Tannus, multi-instrumentista
virtuoso, compositor e produtor que
tamén nos contará a súa experiencia como músico
e arranxista. Esta charla
é un percorrido pola miña biografía explicando
como comecei e
ligando cada episodio vivido
coa historia recente da música popular galega.
De Voces Ceibes á
actualidade.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)