A PALABRA CANTADA, POR UXÍA
(Charla ilustrada
con música 'ao vivo')
Aproximación
moi persoal á historia da música galega partindo da miña propia experiencia
musical en conexión permanente
con outras culturas. Todo ilustrado
e aderezado con
música cantada en directo, gravacións en
audio ou vídeo con momentos importantes na miña traxectoria.
Acompáñame,
como nos meus concertos,
o brasileiro Sérgio Tannus, multi-instrumentista
virtuoso, compositor e produtor que
tamén nos contará a súa experiencia como músico
e arranxista. Esta charla
é un percorrido pola miña biografía explicando
como comecei e
ligando cada episodio vivido
coa historia recente da música popular galega.
De Voces Ceibes á
actualidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario