Utilizando materiais de reciclaxe -cartóns, envoltorios de cores, anacos de envases, retais de tela...-os asistentes “cociñarán” as súas propias receitas, inspirándose nas propostas imaxinativas do personaxe do libro: empanada de adiviñas con recheo de cursivas, sandwiches de maiúsculas da ría, croquetas de aturuxos... As ilustracións de “A cociña de Toto Murube” estarán expostas este mes en LIBROS PARA SOÑAR.
“SUPERCIDADES” NO NADAL
Por outra banda, Vigo vai recibir na semana do Nadal a uns arquitectos, urbanistas e obreiros moi especiais. Do 26 ao 29 de decembro, de 10:30 a 13:00 horas, Pablo Otero impartirá un obradoiro de creación plástica para nenos e nenas a partir de 6 anos. “Supercidades” consistirá no deseño e produción dunha cidade en miniatura, tal e como lles gustaría que fose o lugar no que viven. Os traballos que resulten desta actividade lúdica van quedar expostos na libraría.
Parques, granxas, edificios, coches, xardíns, rúas e estacións nas que non faltará un toque de
imaxinación, serán os elementos sobre os que se construirá a “Supercidade” de LIBROS PARA SOÑAR. Despois de familiarizarse co concepto de escala humana e cos planos, os participantes comezarán a modelar e pintar as instalacións que elaboren artesanalmente.
A proposta de Pablo Otero trata de desenvolver a imaxinación e a creatividade dos rapaces durante o tempo de lecer, polo que -do resultado do traballo do grupo- xurdirá unha cidade máis aló do real.
Ademais de desenvolver unha actividade manual e de destreza plástica, a participación nesta
proposta leva acompañada unha reflexión sobre o espazo vital no que reside a poboación infantil, para que poidan achegar a súa visión crítica como cidadáns e definir a relación emocional que teñen con respecto ás rúas, ós parques ou ós barrios aos que está asociada a súa vivencia cotiá.
Pablo Otero é un artista plástico Cunha ampla traxectoria multidisciplinar. Ilustrou libros infantís
como “Contos por teléfono” (Premio Isaac Díaz Pardo-AGE 2011), “A cociña de Toto Murube”, “O príncipe das sombras” ou “ABC diario”, da colección ‘Alfabetos’ de KALANDRAKA. Tamén imparte obradoiros de creación para escolares.
LIBROS PARA SOÑAR: Triunfo, 1. Vigo | 986 43 37 68 | lps@kalandraka.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario