11 abr 2012

Invitación para o I Encontro Lectura e Familias en Sanxenxo

Lugar: Auditorio Emilia Pardo Bazán de Sanxenxo
Data:  12 e 13 abril de 2012, ás 20:00h.

Charla xoves 12 de abril: Alcol e adolescencia

Segundo o Plan Nacional sobre Drogas a idade media de inicio de consumo de alcol en
Galicia sitúase entre os 13 e os 14 anos. O alcol pode causar danos irreversibles no cerebro
dos adolescentes afectando ao desenvolvemento da aprendizaxe, a concentración e a
memoria, entre outros.
En Galicia, as intoxicacións etílicas atendidas polos servizos de emergencias aumentaron
un 70% desde o ano 2000. Máis dun 25% dos atendidos tiñan menos de 14 anos.

Data: xoves, 12 de abril ás 20:00
Lugar: Museo do Moble e da Madeira; Avda. Benito Vigo. Concello: A Estrada

CHARLA IMPARTIDA POR: 
MANUEL ISORNA FOLGAR
DOUTOR EN PSICOLOXÍA POLA USC
MASTER EN DROGODEPENDENCIAS.
PSICÓLOGO DA FUNDACIÓN GALLEGA CONTRA EL NARCOTRÁFICO.
PROFESOR DA UNIVERSIDADE DE VIGO
PSICÓLOGO DEPORTIVO

Charla integrada dentro do programa “Escola de Familia” do Departamento de Prevención de Drogodependencia do Concello da Estrada.

2 abr 2012

Contacontos solidario os venres de abril en Pontevedra

Os vindeiros 13, 20 e 27 de Abril haberá un Contacontos Solidario co fin de recadar fondos para os programas da Asociación Down Pontevedra XUNTOS. As contadas virán da man de Pavís Pavos, Andrea Bayer (Baobab teatro) e Golfiños.
A venda de entradas farase na billeteira do Café Moderno (Praza de San Xosé), o mesmo día das contadas, tendo un prezo de 8 euros cada día ou adquirindo un bono de 15 euros para os tres días. Ademais haberá fila cero no local da Asociación (R/ Rouco nº1 2º)

28 mar 2012

ACTIVIDADES DO NÁUTICO COBRES EN SEMANA SANTA

A petición do Club Náutico Cobres, damos noticia das actividades que van levar a cabo durante as vacacións de Semana Santa e fins de semana do mes de abril:

20 mar 2012

Circular sobre o nº da conta bancaria e cambios na directiva.

Estimadas Familias:
            Estamos a detectar problemas nos ingresos das actividades extraescolares e do comedor. Por erro, estes ingresos fanse na conta do Colexio. Pregamos, que no futuro, amosen o nº da conta bancaria da A.N.P.A. 2080-5081-95-3040003162  no momento de efectuar os ingresos.  
         Informamos tamén que  a Consellería de Educación convocou axudas para alumnos que queiran realizar actividades de aprendizaxe de linguas estranxeiras no 2012. A convocatoria vai dirixida ao alumnado de 6º de Primaria e os catro cursos da ESO, que poderán gozar de estadías formativas en ‘vilas inglesas’ en Galicia e de actividades para a aprendizaxe do francés; e aos estudantes de bacharelato e Formación Profesional, que desenvolverán as actividades formativas en Canadá, Reino Unido, Francia e Alemaña. Prazo aberto ata o 7 de abril. Máis información en : https://www.edu.xunta.es/axudasle/
­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­          Dado que se produciron algúns cambios no organigrama da directiva da ANPA, aproveitamos tamén para informarvos dos mesmos. E recordarvos, que ante calquera alta ou baixa nas actividades extraescolares, debe ser comunicada ós delegados. 

DIRECTIVA:
  -Presidenta: Matilde Gómez Franco.
  -Vicepresidenta: Mª Luísa Poceiro Camiña.                             
  -Secretaria: Palmira Calvar Rosendo.
  -Tesoureiro: Miguel Ángel Ríos.
DELEGADOS:
  -Santradán: Ángeles Lago Fernández.
  -Curra / Ubeiras: Ramón Ogando Espantoso.
  -Pousada: Ana Portela Casal.
  -Nores: Mª Luisa Poceiro Camiña.
  -Pazos: Rafael González Fernández.
  -Cardiña: Palmira Calvar Rosendo.
  -Muíño / Magarella: Clara María Fernández Casal.
  -Barciela / Acuña: Matilde Gómez Franco.
  -Areeiros / Vilar: José Carlos Martínez López.
   …..………….......…………….......……………………………………

Nº da conta bancaria da A.N.P.A. 2080-5081-95-3040003162

14 mar 2012

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2012

  A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca 2.495 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2012.
Poderá solicitar estas axudas o alumnado de centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma Galega, a partir de 6º de primaria
Prazo aberto dende o 6 de marzo ata o 7 de abril (incluído)
 Toda a información en: https://www.edu.xunta.es/axudasle/
 

13 mar 2012

Teatro en Cangas: A Cincenta-A Gata Borrallenta

AXENDA CULTURAL
AUDITORIO MUNICIPAL DE CANGAS
Sábado, 17 de marzo ás 18:00horas.
EL PRODUCIÓNS ARTÍSTICAS
Presenta:CINCENTA- A GATA
 BORRALLENTA (público familiar)
Dirección e adaptación: Eisenhower Moreno
É unha adaptación libre do conto de fadas, que gaña nova vida, traendo 50 minutos de aposta en escena áxil, inspirado que usa e abusa do bo humor, da creatividade nas tiradas do texto, nos efectos sonoros e visuais , nas músicas, nas coreografías, nos 14 cambios de vestiario e na banda sonora. Os 4 actores que tamén facen a técnica se desdobran en 9 personaxes, 54 tracks de son, 150 cambios de luz, para contar esta historia que ten aínda tanta forza e de contemporaneidade.
VENDA DE LOCALIDADES
O mesmo día: Despacho de billetes do Auditorio: de
17
:00 a 18:00horas.
Prezo da entrada:
5
€.

Conferencia de Xosé Mª Álvarez Cáccamo sobre Celso Emilio Ferreiro na Casa dos Montes de Sta. Cristina de Cobres.