Estimadas Familias:
Estamos a detectar problemas nos ingresos das actividades extraescolares e do comedor. Por erro, estes ingresos fanse na conta do Colexio. Pregamos, que no futuro, amosen o nº da conta bancaria da A.N.P.A. 2080-5081-95-3040003162 no momento de efectuar os ingresos.
Informamos tamén que a Consellería de Educación convocou axudas para alumnos que queiran realizar actividades de aprendizaxe de linguas estranxeiras no 2012. A convocatoria vai dirixida ao alumnado de 6º de Primaria e os catro cursos da ESO, que poderán gozar de estadías formativas en ‘vilas inglesas’ en Galicia e de actividades para a aprendizaxe do francés; e aos estudantes de bacharelato e Formación Profesional, que desenvolverán as actividades formativas en Canadá, Reino Unido, Francia e Alemaña. Prazo aberto ata o 7 de abril. Máis información en : https://www.edu.xunta.es/axudasle/
Dado que se produciron algúns cambios no organigrama da directiva da ANPA, aproveitamos tamén para informarvos dos mesmos. E recordarvos, que ante calquera alta ou baixa nas actividades extraescolares, debe ser comunicada ós delegados.
-Presidenta: Matilde Gómez Franco.
-Vicepresidenta: Mª Luísa Poceiro Camiña.
-Secretaria: Palmira Calvar Rosendo.
-Tesoureiro: Miguel Ángel Ríos.
DELEGADOS:
-Santradán: Ángeles Lago Fernández.-Curra / Ubeiras: Ramón Ogando Espantoso.
-Pousada: Ana Portela Casal.
-Nores: Mª Luisa Poceiro Camiña.
-Pazos: Rafael González Fernández.
-Cardiña: Palmira Calvar Rosendo.
-Muíño / Magarella: Clara María Fernández Casal.
-Barciela / Acuña: Matilde Gómez Franco.
-Areeiros / Vilar: José Carlos Martínez López.
…..………….......…………….......……………………………………
Nº da conta bancaria da A.N.P.A. 2080-5081-95-3040003162 |
No hay comentarios:
Publicar un comentario