12 sept 2013

Oferta de actividades extraescolares de tarde para o curso 2013-2014



 Achegamos a oferta das actividades extraescolares de tarde para o curso 2013-2014,  que abranguerán de OUTUBRO a MAIO, incluídos. 
 Debedes devolver ao Colexio, ata o luns día 16, o impreso que podedes descargar aquí: formulario, sinalando a actividade ou actividades que consideredes adecuadas para os vosos fillos/fillas.

IMPORTANTE: 

  • KODU: Introdución sinxela á creación de programas de ordenador. Esta é unha actividade gratuíta e dirixida aos alumnos de 6º (os alumnos de 5º tamén a poden solicitar por se sobran prazas).
  • Temos outras propostas minoritarias como: Ximnasia Rítmica, Balonmán, Ballet e Cociña. Os interesados rodeen as propostas e de ter grupo falaremos coas persoas interesadas para axustalas ó horario que mellor lles conveña.
  • OBRADOIRO DE XARDINERÍA EN INGLÉS. Esta actvidade será impartida polo profesor axudante americano.
  • CINE. Introdución no campo da creación audiovisual (Elaboración guións, creación de storyboards,gravación, edición e montaxe de video e audio, fotografía, etc.) 
  • PATINAXE, ATLETISMO, BALONCESTO: O horario será dunha hora e as familias terán que responsabilizarse de achegar (excepto os nenos que asistan ó comedor) e recoller aos nenos/as no Pavillón
  •  BALONCESTO PODERÁ SER IMPARTIDO EN INGLÉS.DAMOS A OPCIÓN DE ESCOLLER Á LINGUA E SERÁ IMPARTIDA NA OPCIÓN MÁIS MAIORITARIA.
  •  PIANO: Desenvolverase en grupos de ata un máximo de 4 alumnos/as por hora. O profesor achega os instrumentos (órgano). 
  •   PISCINA: Desenvolverase na piscina Centro Fitness Supera (Lourizán). A actividade comezará ás 16:30 h. O importe da Piscina do 1º trimeste deberá pagarse antes do día 22 de setembro, xa que cobran o trimestre por adiantado.
  •  TEATRO: Desenvolverase na Casa de Cultura de Riomaior
  • BAILE MODERNO: Aprendizaxe de distintas técnicas de baile,  coreografías elaboradas con música de actualidade,  deseño e elaboración de vestiario, escenografía, accesorios, etc. Poderán consultar o programa no blog da ANPA.
  •  Seguro. Os alumnos que fagan actividades deportivas ou asistan ó comedor deberán subscribir un seguro que xestionará a anpa cun custe aproximado de 7€ por curso.
  •  O transporte funcionará  LUNS, MARTES e MÉRCORES,  chegando ao Colexio antes das 4 da tarde  e recollendo aos nenos/as ás 6. Os alumnos que rematen as actividades ás 5 poderán esperar no centro ata a saída do autobús ás 18 horas. 
  •  As actividades extraescolares da tarde deben ingresarse na conta da A.N.P.A na conta nº 2080-5081-95-3040003162, dende o día 1 ata o día 10 de cada mes, sempre por anticipado  e non a mes vencido, indicando o nome do neno/a e a actividade á que asiste.
  • As actividades comezarán o martes, día 1 de outubro. Durante esa semana os monitores adicaran os primeiros minutos a explicarlle aos pais e nais como desenvolveran as distintas actividades. 
  •  É moi importante que os/as nenos/as que se inscriban nunha actividade non se dean de baixa, agás por unha causa xustificada. Se é así, deberán COMUNICALO no Centro ou á ANPA. 
  •  A COTA DA ANPA SERÁ DE 15 € que deberá ser pagada no mes de octubre.
  •  O PREZO DO COMEDOR MANTERASE EN 3.50€ por día.

No hay comentarios:

Publicar un comentario