6 mar 2012

CAMPAMENTOS DE VERÁN E CAMPOS DE TRABALLO 2012


ACCIÓN DE VERÁN
A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, convoca, unha vez máis, a Campaña de Verán 2012, para favorecer que a xuventude empregue parte do seu tempo vacacional en actividades de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo, que sirvan non só para divertirse senón tamén para o enriquecemento persoal e vital, ademais de ofrecer a posibilidade de coñecer outros territorios da xeografía nacional.
'Acción de Verán' é un programa de actividades que ten lugar durante os meses de xullo e agosto, tanto en Galicia como noutras comunidades autónomas. Está composto por diferentes áreas, que comprenden actividades de lecer para toda a xuventude e actividades de voluntariado en campos de traballo nacionais e estranxeiros.
As actividades da campaña de verán están dirixidas a todos aqueles mozos e mozas que desexen pasar un verán diferente, cooperando en iniciativas sociais ou compartindo experiencias con outros rapaces en campamentos de todo o estado. Son unha forma económica e divertida de axudar e gozar.



ÁREAS DE PARTICIPACIÓN:
CAMPAMENTOS
Son unha forma diferente e divertida de pasar as vacacións estivais.
Podes escoller o campamento que queiras en función das actividades que se leven a cabo nel: actividades do mar, iniciación ao teatro, rutas en bicicleta e cabalo pola natureza, actividades de multiaventura....
Só tes que animarte a participar!
Prazo de presentación de solicitudes do 6 ao 20 de marzo.
Consulta a información

CAMPOS DE TRABALLO
Son actividades encamiñadas a favorecer e fomentar a convivencia, a participación, a tolerancia e a solidariedade entre a mocidade e o seu contorno, a través da colaboración desinteresada e voluntaria en traballos diversos que se levan a cabo en todas as comunidades autónomas e en distintos países, baixo o patrocinio, control ou organización de entidades e organismos oficiais, asociacións xuvenís, culturais, humanitarias, etc. Entre a oferta deste ano podemos atopar campos de traballo:
  • Culturais e etnográficos (participación na organización de festas ou eventos culturais, recuperación de tradicións, utensilios antigos...).
  • Ambientais (recuperación de camiños, espazos naturais...).
  • De construción e restauración (recuperación de edificios ou lugares para uso público).
  • Sociais (traballo con nenos, anciáns ou persoas con discapacidade).
  • Arqueolóxicos (recuperación, estudo ou conservación de xacementos ou monumentos).
ACTIVIDADES DE 18 A 35 ANOS
Actividades e programas de lecer e tempo libre para mozos e mozas de 18 a 35 anos.
Descarga aquí a programación de actividades de 18 a 35 anos (programa completo e separado por actividades).

OFERTA CONCERTADA (Só para entidades ou grupos non asociados)
Prazo de presentación de solicitudes do 6 ao 20 de marzo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario