7 jun 2013

Sete Falares: Encontro Internacional de contadores de historias.

Xoves 6Domingo 9 de xuño

Ao longo de 4 xornadas, espazos coma o Pazo de Mugartegui, o Teatro Principal, as Ruínas de San Domingos, a Casa das Campás, ou o CITA, as rúas da cidade ou a ría serán o escenario onde contadores de todos os lugares contarán historias e contos a grandes e pequenos. As actividades planificadas ao aire libre trasladaranse ao Teatro Principal no caso de chuvia.

A excepción dos contos para bebés o sábado 8 ás 11:00 e ás 12:30 horas (1€) o paseo en barco o domingo 9 ás 13:30 (20€) e o acto de clausura o mesmo día ás 21:00 (3€) son espectáculos de entrada gratuíta ata completar aforo.

QUINTA FEIRA, 6 DE XUÑO

20:00h Inauguración: "Contos con albariño" de Quico Cadaval Música: "7Bis Clarinet Quartet" Pazo de Mugártegui (Entrada gratuíta até completar aforamento). Público adulto.

SEXTA FEIRA, 7 DE XUÑO
18:00h "Palabras na boca" de Raquel Queizás Pazo de Mugártegui (Entrada gratuíta até completar aforamento). Público infantil.

20:30h "De dous en dous" de Celso Fernández Sanmartín e Antonella Giraldi Teatro Principal (Entrada gratuíta até completar aforamento). Público adulto.

22:30h " De dous en dous" con Quico Cadaval e Luis Correia Carmelo Ruínas de San Domingos
(Entrada gratuíta até completar aforamento). Público adulto.


SÁBADO, 8 DE XUÑO
11:00 e 12.30h "Susurros de algodón". Contos para bebés de Beatriz Montero Casa das Campás (Billetes a1€, desempregados presentando tarxeta, gratuito) Billeteira aberta no Teatro Principal unha hora antes de cada función. Cada billete é válido para un bebé e un adulto. Máximo 30 bebés e 30 adultos.

17:30h "Estórias de água na boca" de Antonella Giraldi CITA (Centro de Interpretación das Torres Arcebispais) (Entrada gratuita até completar aforamento). Público adulto

19:30 "Contatinas" con Luis Correia Carmelo Música: Nuno Morão Ruínas de San Domingos (Entrada gratuita até completar aforamento). Público adulto

22:00h, 22:20h, 22:40h, 23:00h "Ruta de historias por Pontevedra".
Escoitaremos a Luis Correia Carmelo, Antonella Giraldi, Celso Fdez Sanmartín, Beatriz Montero En grupos de 40 persoas percorreremos a cidade visitando lugares emblemáticos mentres escoitamos historias. Haberá catro quendas con saídas ás horas sinaladas, dende a Casa das Campás. Entrada gratuíta. Público adulto.


DOMINGO 9 DE XUÑO
11:00h "Os contos da marquesa" con Pavís Pavós Pazo de Mugártegui
(Entrada gratuita até completar aforamento). Público infantil.


13:30h "Contos no meio do mar" con Celso Fernández Sanmartín Viaxe en barco pola ría, desde As Corbaceiras. (Billete 20€, desempregados 15€, Inclue xantar. Venda de entradas na billeteira do barco no peirao das Corbaceiras dende unha horas antes. Público adulto

19:00h " Amor cuanto te cuento"con Beatriz Montero Teatro Principal (Entrada gratuita até completar aforamento). Público adulto

21:00h Clausura: "Ronda de narradores" :Celso Fdez Sanmartín, Raquel Queizás, Beatriz Montero, Antonella Giraldi, Luis Correia Carmelo, Quico Cadaval, Pavís Pavós. Música: "7Bis Clarinet Quartet" Ruinas de San Domingos (Entrada gratuita até completar aforamento). Público adulto 

www.pazodacultura.org,
http://www.facebook.com/PazoDaCulturaDePontevedra  
http://twitter.com/PazodaCultura
 


No hay comentarios:

Publicar un comentario