A Feira das Industrias
Culturais, Culturgal, propuxo o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de
Pontevedra como candidato para o Premio do Público Culturgal
2013. Como ben sabedes, este é un proxecto desenvolto pola Concellaría
de Cultura e o Pazo da Cultura dende hai xa 15 anos. Un proxecto
consolidado onde está depositado o traballo e a ilusión de moita xente
e que, ano tras ano, achega aos nenos/as aos libros a través de
numerosas actividades que fomentan valores e espertan
aptitudes.
Vota no seguinte enlace por calquera
dos nominados, entre os que se atopan tamén proxectos tan destacados coma
o Festival de Cans e a Asociación PuntoGal: http://culturgal.com/premios-do-publico-culturgal-2013/
Sen
rexistros nin largos procesos. Só acceder á páxina e votar a través do
ordenador de sobremesa, smartphone, tablet, portátil, etc.
No hay comentarios:
Publicar un comentario