A Dirección Xeral de Xuventud e Voluntariado publicou a oferta de Cursos de Idiomas no Estranxeiro 2012.
Toda a información está publicada na páxina web www.xuventude.net. no seguinte enlace:
http://xuventude.xunta.es/cursos-de-idiomas-no-estranxeiro.html
Tamén podedes descargar directamente a Guía.
13 mar 2012
6 mar 2012
Invitación II Xornadas de Orientación Académica e Profesional
Estimados membros da ANPA:
Os días 7, 8 e 9 de Marzo celebraranse as "II Xornadas de Orientación Académica e Profesional " dos Concellos de Cangas, Moaña, Bueu e Vilaboa, no Auditorio Municipal de Cangas, sendo a presentación o día 6 de Marzo ás 19.00 no Salón de Plenos do Concello de Cangas.
Estas Xornadas están dirixidas ao alumnado de 4o da ESO, 1º e 2o de Bacharelato e alumnado interesado dos Ciclos Superiores de Formación Profesional.
É a nosa intención achegarlles ao alumnado unha ampla información sobre a proba da selectividade (PAU), os estudos universitarios de grao nas cinco ramas de coñecemento (Ciencias, Ciencias da Saúde, Arquitectura e Enxeñería, Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas), a organización actual da FP e dos Ciclos Formativos e a orientación laboral, que lles facilite unha toma de decisión axeitada sobre o seu futuro académico e profesional.
As sesións desenvolveranse ao longo de tres mañás, na que 8 institutos públicos da comarca ( IES de Rodeira, Mª Soliño, Monte Carrasco, A Paralaia, As Barxas, Xoan Carballeira, Illa de Ons e o centro público integrado do Toural, de Vilaboa) e un volume de 300 alumnos e alumnas de 4º de ESO e 640 de bacharelato, poderán informarse, formular cuestións aos poñentes e recoller distinta documentación.
Coidamos que é fundamental que esta información que se lles poda achegar ao alumnado tamén chegue a súa familia, é polo que :
INVITÁMOSLLES A PARTICIPAR NESTAS XORNADAS.
PROGRAMA
AUDITORIO MUNICIPAL DE CANGAS
7, 8 E 9 DE MARZO DE 2012
MÉRCORES 7 DE MARZO
Mesas Redondas simultáneas
9.30 a 11.00 h e de 11.30 -13.15. Descanso de 11.00 a 11.30
- Presentación das 3 universidades galegas: servizos estudiantís, becas, titulacións,...
-Universidade de Vigo
-Universidade da Coruña
-Universidade de Santiago de Compostela
- A Formación Profesional
Sistema de acceso
Estructura da formación profesional
Oferta de ciclos formativos
Saídas académicas e profesionais
CAMPAMENTOS DE VERÁN E CAMPOS DE TRABALLO 2012
ACCIÓN DE VERÁN
A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, convoca, unha vez máis, a Campaña de Verán 2012, para favorecer que a xuventude empregue parte do seu tempo vacacional en actividades de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo, que sirvan non só para divertirse senón tamén para o enriquecemento persoal e vital, ademais de ofrecer a posibilidade de coñecer outros territorios da xeografía nacional.'Acción de Verán' é un programa de actividades que ten lugar durante os meses de xullo e agosto, tanto en Galicia como noutras comunidades autónomas. Está composto por diferentes áreas, que comprenden actividades de lecer para toda a xuventude e actividades de voluntariado en campos de traballo nacionais e estranxeiros.
As actividades da campaña de verán están dirixidas a todos aqueles mozos e mozas que desexen pasar un verán diferente, cooperando en iniciativas sociais ou compartindo experiencias con outros rapaces en campamentos de todo o estado. Son unha forma económica e divertida de axudar e gozar.
ÁREAS DE PARTICIPACIÓN:
CAMPAMENTOS
Son unha forma diferente e divertida de pasar as vacacións estivais.
Podes escoller o campamento que queiras en función das actividades que se leven a cabo nel: actividades do mar, iniciación ao teatro, rutas en bicicleta e cabalo pola natureza, actividades de multiaventura....
Só tes que animarte a participar!
Prazo de presentación de solicitudes do 6 ao 20 de marzo.Consulta a información
- Condicións xerais (idades, prazo de presentación, adxudicacións, documentación a presentar polos participantes, descontos nos prezos, devolución de cotas, incorporacións aos campamentos e albergues e obrigas dos beneficiarios)
- Solicitudes:
- Solicitude individual (Anexo IIA)(tras cumprimentar o anexo, poderá imprimilo a través de Arquivo->Imprimir->Páxinas: 1)
- Solicitude múltiple (Anexo IIB)(tras cumprimentar o anexo, poderá imprimilo a través de Arquivo->Imprimir->Páxinas: 2)
- Solicitude telemática ou aquí
- Anexo I (para consultar datos de anos de nacemento e códigos dos campamentos) ou descarga o pdf
- Descarga aquí a programación de campamentos de verán 2012 ( programa completo, e tamén por campamentos)
- Descarga aquí a Orde de publicación no DOG
- Teléfonos de información
- Campamentos en Galicia
- Campamentos fóra de Galicia
Son actividades encamiñadas a favorecer e fomentar a convivencia, a participación, a tolerancia e a solidariedade entre a mocidade e o seu contorno, a través da colaboración desinteresada e voluntaria en traballos diversos que se levan a cabo en todas as comunidades autónomas e en distintos países, baixo o patrocinio, control ou organización de entidades e organismos oficiais, asociacións xuvenís, culturais, humanitarias, etc. Entre a oferta deste ano podemos atopar campos de traballo:
- Culturais e etnográficos (participación na organización de festas ou eventos culturais, recuperación de tradicións, utensilios antigos...).
- Ambientais (recuperación de camiños, espazos naturais...).
- De construción e restauración (recuperación de edificios ou lugares para uso público).
- Sociais (traballo con nenos, anciáns ou persoas con discapacidade).
- Arqueolóxicos (recuperación, estudo ou conservación de xacementos ou monumentos).
Actividades e programas de lecer e tempo libre para mozos e mozas de 18 a 35 anos.
Descarga aquí a programación de actividades de 18 a 35 anos (programa completo e separado por actividades).
OFERTA CONCERTADA (Só para entidades ou grupos non asociados)
Prazo de presentación de solicitudes do 6 ao 20 de marzo.
- Información xeral (obxecto, servizos ofertados, destinatarios, prazo de presentación de solicitudes, criterios de adxudicación, intrucióne resolución, reserva de prazas e pagamento, obrigas dos beneficiarios e prezos)
- Para ver instalacións ofertadas, datas e número de prazas, consulta o anexo I, ou descarga a versión en pdf
- Para consultar os impresos de solicitude, descarga aquí o Anexo II
- Para consultar tarifas e prezos, descarga aquí a Orde de prezos
- Para consultar a normativa vixente en materia de xuventude, descarga aquí o Decreto 50/2000, do 20 de xaneiro, DOG nº 49, do 10 de marzo de 2000 e o Decreto 58/2012, do 12 de xaneiro, DOG Nº 25, do 6 de febreiro de 2012.
- Descarga aquí a Orde de publicación no DOG
2 mar 2012
CANTAMOS CONTIGO (espectáculo familiar) no AUDITORIO MUNICIPAL DE CANGAS
Domingo, 4 de marzo ás 18:00horas (6 da tarde).
WIWI MUSIC
Presenta:
CANTAMOS CONTIGO (público familiar)
É un espectáculo dirixido a nenas e nenos ata 10 anos de idade, a intención, ademais de entreter e divertir, é achegar valores fundamentais como son :
1.- RESPECTO E AGARIMO AOS PROFESORES (Dialogo de presentación da canción 16 PALABRAS EN INGLÉS)
2.- ESFORZO , MERITO ,CONSTANCIA : "Canta, ri, xoga, acaba a tarefa, cada día hai que estudar " (Canción CANTAMOS CONTIGO)
3.- ESTUDO E APRENDIZAXE DO INGLÉS :"Con esta canción vas aprender 16 palabras en inglés?" (Canción 16 PALABRAS EN INGLÉS)
4.- AFECCIÓN Á LECTURA E AMOR AOS LIBROS : "cos libros vivirás mil aventuras"(Canción OS TEUS AMIGOS OS LIBROS)
ILUSIÓN POLA INVESTIGACIÓN E A CIENCIA : Canción I D I
5.- ALIMENTACIÓN SA :Canción VERDURA E FROITA MADURA
6.- INTRODUCIÓN Á MUSICA CLASICA : Cancións TIPLE CONTRALTO BAIXO TENOR,OS INSTRUMENTOS
1.- RESPECTO E AGARIMO AOS PROFESORES (Dialogo de presentación da canción 16 PALABRAS EN INGLÉS)
2.- ESFORZO , MERITO ,CONSTANCIA : "Canta, ri, xoga, acaba a tarefa, cada día hai que estudar " (Canción CANTAMOS CONTIGO)
3.- ESTUDO E APRENDIZAXE DO INGLÉS :"Con esta canción vas aprender 16 palabras en inglés?" (Canción 16 PALABRAS EN INGLÉS)
4.- AFECCIÓN Á LECTURA E AMOR AOS LIBROS : "cos libros vivirás mil aventuras"(Canción OS TEUS AMIGOS OS LIBROS)
ILUSIÓN POLA INVESTIGACIÓN E A CIENCIA : Canción I D I
5.- ALIMENTACIÓN SA :Canción VERDURA E FROITA MADURA
6.- INTRODUCIÓN Á MUSICA CLASICA : Cancións TIPLE CONTRALTO BAIXO TENOR,OS INSTRUMENTOS
Ademais os nosos personaxes chámanse Yellow, Blue, Green, Rede e Pink. O espectáculo é tan dinámico e tan participativo que consegue que os nenos xoguen cos seus pais e todos divírtanse moitísimo. As cancións son orixinais, compostas por Manuel Pacho especialmente para este musical .
O espectáculo, está baseado nunha escenografía orixinal na que os 5 compoñentes do grupo, cada un identificado cunha cor, desenvolven unhas coidadas coreografías adaptadas ás cancións, nas que, ademais, interveñen outros elementos como libros, xoguetes, e personaxes como a Gatita Rita, Paco o saltamontes, Cri cri o grilo, Luís o cigarrón e a formiga Asunción que interactúan cos nenos, facendo que cada espectáculo sexa diferente ao anterior e creando en moitos momentos un ambiente escénico propio dun musical.
Toda a música foi gravada en Wiwi Music, un estudo de produción e gravación musical cunha gran traxectoria e prestixio.
Manuel Pacho ten unha gran experiencia no mundo infantil. Desde a serie de debuxos animados “OS TROTAMUSICOS” ata este proxecto, compuxo mais de 60 cancións para CORTYLANDIA, a música da mascota de EXPO ZARAGOZA 2008 “FLUVI” anuncios para produtos infantís talles como PULEVA´.- VAILLE, VAILLE, VAILLE ou “VACACIÓNS SANTILLANA”.Temas como a música para a Presidencia Española da Unión Europea estreada o 1 de Xaneiro do 2010, o Himno do PP ,O Desafío Español da Copa America , Kiss FM ,etc. dan idea da versatilidade deste compositor.
O DÍA DA ACTUACIÓN:
Despacho de billetes do Auditorio de 16:00 a 18:00horas
Despacho de billetes do Auditorio de 16:00 a 18:00horas
AUDITORIO MUNICIPAL DE CANGAS
Avda. de Lugo, 27 - 36940 Cangas
Teléfono: 986 304 108
e-mail: auditorio@cangas.org
Invitación á Inauguración do 12+1 Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra
Domingo 4 de Marzo ás 11:00 horas
Lugar: Pazo da Cultura de Pontevedra
Prezo: entrada de balde.
na web www.salondolibro.org e facebook e twitter
O Concello de Pontevedra ten o pracer de convidar a vostede ao acto de inauguración do 12+1 Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra
que se celebrará o próximo domingo 4 de marzo de 2012 ás 11.00 horas, no Auditorio do Pazo da Cultura e no que intervirá a Aula Folque Infantil de Pontevedra co espectáculo Meigas Fora
29 feb 2012
CIRCULAR FEBREIRO: NOVAS EN ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
Pola presente COMUNÍCASE a todas as nais/pais varias novas referentes ás actividades extraescolares:
1. PISCINA. O prazo de renovación de prazas para o 3º trimestre estará aberto ata o 11 de marzo.
2. INICIACIÓN Á MÚSICA. Dende o pasado mes esta actividade estase a desenvolver na Casa de Cultura, os xoves de 19 a 20 horas.
3. PATINAXE e ATLETISMO. Este próximo venres, día 2 de marzo, o monitor non poderá asistir a clase polo que se suspenden estas actividades.
CAMPAMENTOS DE VERÁN NA LANZADA da DIPUTACIÓN DE PONTEVEDRA.
O prazo para a solicitude de prazas para nenos e nenas nacidos entre 1999 e 2004 estará aberto entre o 1 e o 30 de marzo. Máis información no noso blog ou en www.depo.es
*** Recordámoslle a todos os pais e nais que nos poden contactar a través do noso correo electrónico anpariomaior@gmail.com, se aínda non lles chega a información a través do e-mail, pregamos nos envíen o seu enderezo electrónico para sumalo á nosa base de contactos. Tamén poden informarse de propostas culturais, deportivas, e outras novas de interese para as familias no blog http://anpariomaior.blogspot.com/
Riomaior, 29 de febreiro de 2012
Pola A.N.P.A.
FAMILIAS do C.E.P. de RIOMAIOR.
VILABOA
Suscribirse a:
Entradas (Atom)