6 nov 2013

Conferencia de Domingo Villar no Museo de Pontevedra


Teatro no Museo do Mar de Galicia: "As do peixe" de Cándido Pazó

O Museo do Mar de Galicia ten o pracer de convidalos/as á obra de teatro que terá lugar o VENRES 8 de NOVEMBRO ás 20:30 horas no noso museo.
A obra terá lugar no 2º edificio do Museo e a entrada será de balde. 
Obra de teatro que quere ser unha homenaxe á "memoria das traballadoras da conserva", escrita por Cándido Pazó, dirixida por Cristina Domínguez e que cuxo elenco de actrices o forma Casilda Alfaro, Mónica Camaño, Susana Dans e Orballo González. A escenografía corre a cargo de Carlos Alonso.
Premio do público na Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia ano 2013, esta obra fala de catro mulleres, ex-traballadoras dunha desaparecida fábrica de conservas, que acoden a un “taller da memoria” e, ao tempo que reconstrúen parte da súa experiencia na fábrica, rememoran pasaxes da súa vida persoal e familiar, comentan aspectos da actualidade e expresan as súas ilusións ou desconfianzas no futuro.

Se queredes estar ao día das nosas actividades podedes facervos amigos da nosa páxina en facebook: https://www.facebook.com/museodomardegalicia


Museo do Mar de Galicia
Avda. Atlántida, 160. 36208. Vigo
Tel. 986247750 / Fax. 986247748

4 nov 2013

Nominación ao Premio do Público Culturgal

A Feira das Industrias Culturais, Culturgal, propuxo o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra como candidato para o Premio do Público Culturgal 2013. Como ben sabedes, este é un proxecto desenvolto pola Concellaría de Cultura e o Pazo da Cultura dende hai xa 15 anos. Un proxecto consolidado onde está depositado o traballo e a ilusión de moita xente e que, ano tras ano, achega aos nenos/as aos libros a través de numerosas actividades que fomentan valores e espertan aptitudes.
 Vota no seguinte enlace por calquera dos nominados, entre os que se atopan tamén proxectos tan destacados coma o Festival de Cans e a Asociación PuntoGal: http://culturgal.com/premios-do-publico-culturgal-2013/
Sen rexistros nin largos procesos. Só acceder á páxina e votar a través do ordenador de sobremesa, smartphone, tablet, portátil, etc.

Menú comedor novembro



DÍA
1º PRATO
2º PRATO
SOBREMESA
SUXESTIÓNS CEA
4
Sopa de pasta     
Polo asado con patacas
Iogur
Pisto de verduras/ sándwich de xamón e queixo/ froita
5
Minestra de verduras
Churrasco con patacas
Froita
Puré de cenorias/ pavo asado/iogur
6
Empanada
Maruca ao forno
Flan
Berenxena prancha/peixe ao forno c/ patacas / froita
7
Lentellas
Filete de porco con patacas
Froita
Ensalada de tomate e queixo / Tortilla de espárragos/ iogur
8
Crema de cenorias
Arroz á mariñeira
Iogur
Crema de cabaza/ carne ao caldeiro/ froita
11
Puré de verduras
Fideuá
Natiñas
Berenxena ao forno/ pasta mariñeira/ iogur
12
Puré de apio e tomate
Macarróns con carne
Froita
Ensalada mixta/ peixe romana c/ patacas / froita
13
Chícharos con xamón
Lasaña
Actimel
Puré de porros/carne guisada c/ pasta / iogur
14
Pizza
Filete de pescada á romana c/ ensalada
Froita
Champiñóns ao allo/ filete c/ patacas/ froita
15
Minestra de verduras
Albóndegas con arroz
Iogur
Ensalada mixta/ pasta guisada c/ xamón/ iogur
18
Sopa de pasta
Lombo asado con puré
Flan
Verduras salteadas c/ xamón/tenreira asada / froita
19
Coliflor gratinada con bechamel
Nuggets de polo con patacas
Froita
Tomate recheo/ variñas de peixe / iogur
20
Macarróns con tomate
Salmón a prancha con ensalada
Iogur
Verduras á prancha/ revolto de allos ternos/ froita
21
Sopa de pasta
San xacobo con patacas
Froita
Ensalada mixta/ tortilla de patacas/ iogur
22
Puré de cabazo
Luras guisadas con arroz
Iogur
Coliflor rebozada/ pescado ao forno c/ patacas/ froita
25
Sopa minestrone
Churrasco con ensalada
Iogur
Ensalada mixta/ revolto de champiñóns/ froita
26
Arroz tres delicias
Filete de pescada con guarnición
Froita
Coliflor rebozada/ xamón asado c/ patacas/ froita
27
Fabada
Tortilla con tomate
Iogur
Xudías c/ xamón/ peixe ao forno c/ patacas/ iogur
28
Pizza
Fideuá
Froita
Berenxena grella/polo asado c/ patacas / froita
29
Xudías con chourizo
Polo con arroz
Iogur
Ensalada de tomate e atún / Tortilla de champiñóns/ iogur

23 oct 2013

COMUNICADO DA ANPA DE RIOMAIOR APOIANDO A XORNADA DE FOLGA DO DÍA 24

 A ANPA DO CEP de Riomaior apoia a folga de profesores, alumn@s, pais e nais convocada para o xoves 24 de outubro  porque estamos en CONTRA
      Ø  dos recortes en educación
o que supón aumento das ratio nas aula,  a non substitución do profesorado na aula ata despois de 14 días ou aumento da carga lectiva do profesorado entre outras iniciativas. Accións que levan ó desmantelamento da educación pública para beneficio da iniciativa privada (destinan grandes partidas para subvencionar a educación primaria, secundaria e agora tamén o bacharelato dos centros concertados e adican solo público para construción de centros privados). 
Ø  da redución de axudas ao alumnado e ás familias.  
Ø  Da lei Wert
·         Porque non foi consensuada coas comunidades educativas.
·         Porque supón unha contrarreforma, ó noso parecer, ideolóxica,
            -xa que  vai financiar a centros  que discriminan en función do sexo (algo que estáa suceder en centros de ideoloxía relixiosa ultraconservadora).
            - Vai aumentar a carga lectiva da materia de relixión e a súa importancia.
            -Eliminan na súa totalidade materias como  Educación para a  Cidadanía ou    Ciencias do mundo contemporáneo ou parcialmente a música, tecnoloxía na ESO.
·         Resta valor e funcións ó Consello Escolar.
·         Porque infravalora o traballo do profesorado, sometendo ós alumn@s a  probas externas  que serán realizadas por empresas privadas,  sen ter en conta a avaliación do alum@ por parte dos profesores que lle impartiron as materias ó longo do curso.
POLO ARRIBA EXPOSTO, ANIMÁMOSVOS A QUE PARTICIPEDES NESTA XORNADA REIVINDICATIVA E ASISTADES AS CONCENTRACIÓNS PREVISTAS.

 

21 oct 2013

Audicións de música clásica comentada no Museo de Pontevedra

 Ver programa completo:
http://www1.museo.depo.es/imagenesarticulos/diptico_gal1.pdf

I Concurso de relatos breves "Cooperación en 100 palabras"

Medicus Mundi CV Castellón lanza o I Concurso de Relatos Breves "Cooperación en 100 palabras", aberto a toda a sociedade co fin de que as persoas participantes mostren os seus dotes creativos á vez que acheguen o mundo da cooperación a outras persoas da nosa contorna.
Poderán participar tódalas persoas con afinidade cara á temática da cooperación internacional.
 Os relatos deben ser inéditos e non superar as 100 palabras.
• Categorías:
– Infantil: ata os 16 anos inclusive.
– Xeral: A partir dos 16 anos.
• Prazo de presentación: antes do 1 de novembro de 2013.

9 oct 2013

Exposición en Pontevedra: "Neolítico. De nómadas a sedentarios"


 


Pontevedra retrocede 13.000 anos para coñecer como o home pasou a ser urbanita

Dende o martes pasado os visitantes que se acheguen ata a carpa situada na Praza de España poden internarse no período neolítico a través dunha exposición que reproduce a evolución do home dende que era nómade (hai 13.000 anos) ata a época na que se converteu en sedentario (hai 5.000).

Desta forma, a exposición que promove a Obra Social 'la Caixa' en colaboración co Concello de Pontevedra, comisariada por Lluís Batista, a través de paneis e pezas recrean as distintas épocas que recollen a desaparición dos últimos cazadores, as primeiras prácticas agrícolas, a domesticación animal para a gandaría, o uso da cerámica e o desenvolvemento da escritura.

A exposición pode visitarse na carpa situada na Praza de España en horario de 12:30 a 14 h. e de 17 a 21 h. de luns a venres e de 11 a 14 h. e de 17 a 21 h. as fins de semana e festivos. Esta mostra permanecerá aberta ata o 1 de novembro e a entrada é gratuíta.

Máis información, folletos e audioguía: 

http://obrasocial.lacaixa.es/ambitos/exposiciones/neolitico2_es.html